navegamos

comeza a súa andadura pública este libro en construción que hai un tempo empezou a medrar por entre os meus papeis ou, para ser exacto, nas pantallas dos meus trebellos.
podedes atopar unha explicación do proxecto aquí e un índice dos textos (con cadansúa ligazón á versión inicial) aquí.
confío en que me acompañedes na singradura cos vosos comentarios, suxestións, ideas, opinións ou, simplemente, coa vosa lectura, que xa será premio abondo para min.