de baleas é un libro en construción.
ten dous poemas publicados (que viron luz aquí e aquí) e un feixe de proxectos de poemas en diversos estadios.
ten un índice no que tal vez entren novos textos e seguramente algúns saian. a orde dos textos no índice é provisional.
tamén o é o título do libro.
e leva unha adicatoria.
cada texto ten unha páxina de seu coa versión actualizada e mais as ligazóns ás versións anteriores.
as novas versións aparecerán no blog da páxina de inicio.
cando remate o libro, haberá unha versión electrónica (epub, mobi, pdf) para descarga libre e igual xorde -a maiores- algunha outra idea.
todos os textos deste proxecto publícanse baixo licencia creative commons na modalidade by-nc-sa, que en lingua aborixe significa que podes compartir esta obra e mesmo facer obras derivadas dela sempre que fagas referencia á fonte e que as obras que se deriven desta non teñan finalidade de lucro e sexan compartidas coa mesma modalidade de licencia.
queres escribirme?: debaleas [arroba] luagris [punto] net
Pingback: navegamos | de baleas