Arquivos da etiqueta: sementeira

baleas deseñadas. navegamos!

por fin! onte enviei á imprenta os interiores do libro. vaise imprimir en noia, en sementeira, onde, desde hai anos xa, sempre se imprimen os libros de caldeirón.

o deseño que vai na portada, como comentei o outro día, será de tokio. finalmente escollemos unha versión que leva algo de cor:

pero non é o único que aporta tokio a esta edición: fixo algo moito máis grande! un comic que inclúe unha adaptación feita por min de dous poemas do libro.

tokio é un grande da banda deseñada galega. pero, ademais, cando pensei nun libro de baleas el sempre estivo presente. non foi unha escolla, era case unha obriga que fose tokio quen deseñase estas páxinas. unha obriga que acepto encantado!

o comic irá nun pequeno caderniño aparte. velaquí unha das páxinas:

por último, como ocorre sempre nos libros de caldeirón, o poemario leva algunhas ilustracións interiores. para iso, escollín algúns dos borradores que fixo tokio para estes poemas e mais para algún outro que finalmente non acabou de callar.

algo como isto (aínda que esta versión desta imaxe, en concreto, tampouco non está no libro).

e todo isto nos días nos que navegar lévanos (aínda máis) a xohana torres. ela vai connosco nesta viaxe.