Arquivos mensuais: Xaneiro 2016

os soños de tuñón

cando o libro xa semellaba achegarse á súa forma final definitiva (aínda que tal vez nada sexa definitivo nas edicións dixitais) (o ritmo desta frase é intencionadamente paralelo ao de dúas estrofas de ulises), aparece este novo poema, “os soños de tuñón“.
engado a versión inicial e mais, cando vou preparar a páxina principal póñoo xa en verso e métolle as primeiras modificacións.
o poema é unha escusa para reflexionar sobre os espazos de indeterminación (as referencias imprecisas dos textos que deixan ocos para os engadidos do momento da lectura), ademais de para evocar algúns espazos (algúns tempos) deses que aínda que nunca fosen propios si que o son porque o son da memoria colectiva.

nota: esta é a versión do poema publicada o 18/01/2016

espazos

no novo deseño da páxina, faltaba atender a un problema que no deseño anterior nunca dera resolto acabadamente: o tratamento dos espazos entre estrofas.
é un tema que comecei a traballar doutro xeito cando publiquei “hai festa”, un dos xermolos deste proxecto.
o ritmo destes textos máis extensos e polifónicos requiría un traballo máis demorado nas pausas entre cada imaxe. aclaran a lectura e, ademais, fan os textos moito máis orais.
xa recitei en varias ocasións estes textos nos últimos meses e funcionan ben: pero para a lectura en alto, o traballo dos espazos entre estrofas é fundamental.