de baleas é un libro en construción.

ten dous poemas publicados (que viron luz aquí e aquí) e un feixe de proxectos de poemas en diversos estadios.

ten un índice no que tal vez entren novos textos e seguramente algúns saian. a orde dos textos no índice é provisional.

tamén o é o título do libro.

e leva unha adicatoria.

cada texto ten unha páxina de seu coa versión actualizada e mais as ligazóns ás versións anteriores.

as novas versións aparecerán no blog da páxina de inicio.

cando remate o libro, haberá unha versión electrónica (epub, mobi, pdf) para descarga libre e igual xorde -a maiores- algunha outra idea.

todos os textos deste proxecto publícanse baixo licencia creative commons na modalidade by-nc-sa, que en lingua aborixe significa que podes compartir esta obra e mesmo facer obras derivadas dela sempre que fagas referencia á fonte e que as obras que se deriven desta non teñan finalidade de lucro e sexan compartidas coa mesma modalidade de licencia.

Licencia de Creative Commons

queres escribirme?: debaleas [arroba] luagris [punto] net

Unha reflexión sobre “

  1. Pingback: navegamos | de baleas

Os comentarios están pechados.