no novo deseño da páxina, faltaba atender a un problema que no deseño anterior nunca dera resolto acabadamente: o tratamento dos espazos entre estrofas.
é un tema que comecei a traballar doutro xeito cando publiquei “hai festa”, un dos xermolos deste proxecto.
o ritmo destes textos máis extensos e polifónicos requiría un traballo máis demorado nas pausas entre cada imaxe. aclaran a lectura e, ademais, fan os textos moito máis orais.
xa recitei en varias ocasións estes textos nos últimos meses e funcionan ben: pero para a lectura en alto, o traballo dos espazos entre estrofas é fundamental.
Grazas por compartir o proceso creativo. Virei aprender.
pois o meu obxectivo non era enseñar senón só amosar e, en todo caso, escoitar ideas e conversar… levo un tempo xa con este proxecto e os poemas están case na versión final pero sigo escoitando. benvida!
Primeiro mapa da nova cartografía do blogomillo: http://contradiscurso.blogaliza.org/2016/01/12/primeiro-mapa-da-nova-cartografia-do-blogomillo/