magalhães escoita o canto da balea

con este comezo, o poema aspira a ser o que peche o libro.
velaquí unha primeira versión en verso. fáltalle aínda, pero avanza.

 

e o poema sobre magalhães
que no empeño por arrodear
o mundo
e acadar as illas das especias
arribou sen sabelo
á terra das baleas

ou debería dicir
ao seu mar

 

sería inverno árido
ou acaso non é posíbel
imaxinar doutro clima
a terra dos araucanos

 

imaxina que cres
que o mundo é máis extenso
do que dictan os mapas

que colles un barco
un que pode destruírte
pero que é pequeno se o comparas
co horizonte

cal é
a dimensión da túa certeza?

cal o límite da ousadía
e da ventura?

 

imaxina os ollos
daquel home pequeno
ao chegar a araucania

toda aquela vastedade erma

 

imaxínao diante
daqueles animais fantásticos
que divisou a deambular maxestosos
naquela enseada inhóspita
e súa
e preciosa

pavor ou calma
acompañaría o alborecer
arrodeado de vento e mar profundo
e os seus cantos?

 

pero o destino de magalhães
estaba aínda moi lonxe

(non tanto como desexaba
pero el non o sabía)

e decidiu non deixarse levar
por aquela harmonía insólita

e continuar viaxe incerta

 

ou acaso atopara
ante aqueles seres inconmensurábeis o límite do seu valor

 

e partiu un día
das paisaxes ermas

puxo proa máis ao sul
na teima do paso procurado
e atopouno
e herdoulle o seu nome
e nomeou o océano pacífico

 

imaxina que as túas forzas están
no límite
despois de atravesar
todo o mar coñecido

e que ao contornar as marxes
atopas outro horizonte
máis agotador aínda

 

aquel novo mar enfrontou
magalhães

venceuno tamén
pero morreu sen sabelo
cando xa acadara outra vez
o mundo coñecido

 

e no estrondo da batalla
na lanza que o atravesa
volveu escoitar o canto das baleas

morreu triste
porque non dera atopado a calma porque non tiña certeza de que aquel fose
o seu horizonte