teño desde hai uns días esta pequena imaxe:
as grandes estacións de ferrocarril
son como baleas ancoradas
no punto de partida da viaxe
ocorréuseme hoxe que igual esta imaxe ábrelle a entrada neste libro a un poema que escribira para outro proxecto que quedou -cando menos polo de agora- inconcluso.
pero non o relín aínda.
xa que logo, déixovos por hoxe a imaxe, que é moi bonita e suxestiva. a que si?