e o poema sobre magallanes / que no seu empeño por chegar / ás indias arrodeando o mundo / arribou á terra das baleas / ou debería dicir / ao seu mar / e divisou algúns daqueles / animais fantásticos / nunha enseada árida é preciosa
pero o seu destino estaba aínda / moi lonxe / (moi preto pero el non o sabía) / e decidiu non deterse / e continuar viaxe incerta /
e morreu sen chegar / ás indias / sen escoitar o canto das baleas / sen atopar a calma / sen coñecer o seu / verdadeiro / horizonte