navegar a carón dunha balea
sentirse á vez feble e tranquilo
alongar a man como querendo percorrer a pel lisa e fría
imaxinar que apalpas as costras callosa que medran no seu lombo
e que semellan conservar memoria de todas as singraduras
pero en realidade esquecen cada corrente
porque a memoria é náufraga
e doe
os nenos achéganse
cos pés na area
e observan con distancia
a balea non pode moverse pero aterra

(ir á versión actual)