Eduardo Estévez

Chámome Eduardo Estévez, son escritor. Comecei a dirixir obradoiros literarios hai moitos anos e, de todas as cousas que fago, é unha das que me fan sentir máis a gusto.
Gústame pensar que axudei a algunhas persoas a descubrir a poesía, a abrir o camiño dun relato, a darlle forma a un libro.
Formei parte activa do consello editorial de Letras de Cal, unha editorial que publicaba xente nova nos 90 do século pasado. E desde 2005 coordino o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé.
Estou, xa que logo, moi vencellado ao traballo das novas voces da literatura galega, nomeadamente ás da poesía.

Se queres saber máis sobre a miña biografía literaria, podes mirar o meu blog.
Se queres coñecer algunhas historias sobre o meu traballo nos obradoiros literarios, mira aquí.

Se queres que traballemos xuntos cos teus proxectos literarios, escríbeme a correo [arroba] luagris [punto] net e conversamos.