As Pontes (2005-2008)
Entre 2005 e 2008 tivo lugar na Biblioteca Municipal das Pontes de García Rodríguez o primeiro dos obradoiros que alí dirixín. Foi un obradoiro para persoas adultas que naceu da man do Premio Uxío Novoneyra que daquela convocaba o Concello e do grupo poético Alalá que segue a súa constante actividade literaria na vila. Nunca foi un obradoiro moi numeroso pero si foi un obradoiro moi activo. Algúns libros viron luz a partir do traballo que alí realizamos durante eses anos:
Ofelia escribiu os primeiros poemas deste libro no obradoiro e, despois, seguiu traballando. A xente do grupo Alalá -ao que pertence- colaborou na estrutura do libro e Galebook publicouno.
Santi del Moral tamén escribiu boa parte dos textos deste libro no obradoiro. Finalmente foi Biblos quen llo publicou.
O único libro de relatos deste obradoiro escribiuno todiño Anabel ao longo dos anos que durou o obradoiro. Publicouno Morgante e, despois, Pulp Books deu ao prelo a edición en castelán.