ir ao contido →

as liñas do frío

este verán de 2021 trouxo unha publicación case inesperada. estaba eu co foco posto na próxima edición de venecia abandonada (que sairá por fin en setembro da man de edicións positivas) cando me chegou o convite de david e estevo creus para facer unha “edición en fachada” para nonou edicións, un proxecto que xa andou un algo na fachada do desaparecido local de catrineta e que agora renace na ruela de xerusalén coa colaboración da libraría novaniké.

cumpría, pois, poñer un libro nunha fachada. e a solución foi facer algo novo.

sobre todo porque me apetecía escribir poesía, que levaba un tempo sen facelo.

e fíxeno como había anos: sentei a escribir sen ter moi claro cal había ser o camiño. só tiña unhas ideas vagas un título que finalmente mudou apenas pero quedou case igual.

despois veu o proceso de idear a edicións. conversamos (os creus e mais eu) bastante e fixemos varias probas até que finalmente demos co resultado que se presentou hai uns días.

e até alí ía ser a vida deste libro: un proxecto efémero do que só fixemos uns cantos exemplares para ese día.

agora xurdiu a posibilidade de facer un novo recital, desta volta acompañando a estevo na presentación d’a cidade oculta, unha nova versión do seu mitiquísimo poemas da cidade oculta que publicara aló polos 90. a cita será en lalín, no casino, o venres 23 de xullo ás 20h.

haberá algúns exemplares extra d’as liñas do frío a vender. e seguramente alí remate a andaina deste proxecto bonito que tanto, tantísimo ten que agradecerlles a estevo e a david, desa xente que teño arredor que me fan mellor persoa.

publicado en actualidade presentacións recitais

comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará