o sábado pasado convidáronme a participar na I feira da poesía da coruña. déixovos aquí unha foto do meu posto
e mais unha ligazón á web da aelg onde se pode ver algo do que fixemos.
foi unha experiencia moi divertida. non todos os días ten un oportunidade de compartir un tempo cos lectores e conversar sen as distancias que marca un recital.
foi un éxito de convocatoria. a xente achegábase ás mesas ao principio con algo de medo pero logo establecíase un diálogo distendido. sobre todo cos nenos e as nenas.
para a próxima prometo ter preparados uns poemas especiais para os máis pequenos e non esquecer as maderiñas de facer construcións.
Ola Eduardo:
Supoño que non te decatarás de quen son, pero participei na Feira da Poesía coma ilustradora… Teño un dos teus poemas debuxado e non sei como facercho chegar, polo que se estas interesado, envíame cando podas ó teu enderezo ó meu e-mail.
Un saúdo.
E chego aquí tanto despois e miro as fotos da feira e oio a música da feira e énchenseme os ollos dun brillo que semella envexa, que eu creo claramente que é envexa, mesturada coa alegría de que iniciativas coma esta sigan medrando no noso país de poesía.
Un bico un ano despois de ver como construías soños 😉