ir ao contido →

dignidade

ía titular este post “vergoña” que é o que me produce a nova de que o goberno do meu país (nótese que non utilizo a expresión “o meu goberno”) outorgue míseros € 83,53 a unha agrupación como a lonxa literaria de moaña que xa ten demostrado todo o que facía falta demostrar sobre o seu compromiso serio coa promoción do libro e a lectura.

pero preferín titular así, porque aplaudo a decisión dos membros da lonxa de rexeitar a inxuria (ía chamalo “subvención”) co argumento seguinte: “A cantidade concedida (83,53 euros) parécenos absolutamente insignificante, tanto que renunciamos a xustificar a nosa actividade para poder cobrala”.

os meus parabéns para os amigos da lonxa literaria. xa contaban co meu aprezo e respecto. agora contan tamén coa miña admiración.

publicado en actualidade

un comentario

  1. si, parabén a tan sabia decisión, dacordísimo, eduardo, un bico dende a galaxia exterior, Ana.

os comentarios están pechados