ir ao contido →

eMULTIpoetry

convidáronme a participar neste proxecto que me parece atractivo.

de partida, interésame o intercambio que se pode facer alí con poetas noutras linguas europeas.

polo que sei, a xente que leva a sección en español están especialmente interesados na participación de escritores en galego, catalán e euskera.

estaba pensando en propoñer unha sección especial para poesía en galego pero tal vez o interesante deste proxecto sexa precisamente que nos obrigue a interactuar con outras literaturas en vez de permitirnos crear outro gueto de noso.

prometo fedellar e xa vos contarei como vai a cousa.

publicado en Sen clasificar