ir ao contido →

subprime lending

no blog de jonathan dunne, tradutor de manuel rivas, aparece publicada unha tradución feita por steve porter dun dos poemas da serie “esca e pedra”.
coñecín a steve hai uns meses, cando contactou comigo porque estaba interesado en traducir algúns destes textos. é un tipo encantador co que xa intercambiamos algunhas cervexas literarias conversando sobre os textos e as traducións.
leva pasado moito traballo steve, non só porque foi descubrindo aos poucos que a aparente sinxeleza dos textos agochaba non poucas trampas, senón porque, ademais de traducir, está empeñado en publicar as traducións.
este é o primeiro éxito que acada cos meus poemas. pero os dous agardamos que haxa máis.
o meu agradecemento para steve e o desexo compartido de que os textos atopen lectores interesados.

publicado en esca e pedra traducións

3 comentarios

  1. 🙂 parabéns!

  2. edu edu

    hehehe… como teño poucos comments neste blog novo, ti déixasme dous… que sería de min sen os amigos…

os comentarios están pechados