ir ao contido →

o romántico mirón

hai dous días chegoume ao correo información dun concerto que tivo lugar a finais de febreiro organizado pola xente da lonxa literaria de moaña, onde estiven hai algúns meses.

trátase dunha actuación de “xardín desordenado”, un proxecto de experimentados músicos, que fían textos da poesía galega actual coas cores do blues, o jazz, o bolero…

e tiveron a xenerosidade de incluír no traballo un tema feito a partir dun dos poemas do meu construcións ao que titularon así, “o romántico mirón”.

este é un vídeo con fragmentos da actuación.

hoxe chegoume o vídeo completo do tema e quedei máis encantado que estaba.

velaquí vai:

o texto do poema está aquí (é o segundo, o que empeza “ao entrar no bar atopou libre / …”)

engádovos tamén un pdf coa información do proxecto (desculpade a calidade pero está feito a golpe de escáner), agardando con impaciencia que acaden logo o disco que proxectan e mais poder encontrarme con eles, coñecelos e ver o espectáculo completo en directo.

mentres tanto, o meu agradecemento emocionado.

publicado en construcións