armando requeixo publica en criticalia a súa lectura de rúa da cancela.
“unha viaxe iniciática de (auto)rrecoñecemento a través do Eros, nun diálogo a dúas bandas onde os textos de prosa poética alternan con poemas de verso curto e abrupto”
(…)
“Rúa da cancela (…) explora a densidade da pel, o fascinio das pulsións entre os rochedos marítimos e o amor que, superada a barreira do galanteo tabernario, remata derramándose en fluídos nas persianas do mencer”
(…)
“poemas fotograma, telegrafía sensual e sexual, escrita arpada con arestas que seccionan os períodos con katanas rítmicas inapelables”