recibo a nova de que o xurado do premio illas sisargas de poesía erótica deste ano (integrado por antón noceda, técnico de cultura de malpica, emma pedreira e paco souto, gañadora e finalista do ano pasado) decidiu outorgar o premio deste ano a rúa da cancela, un libro que escribín a catro mans con eli ríos.
e xa podedes imaxinar como andamos de encantados.
a entrega do premio é nunha cea que terá lugar hoxe ás 22:30 en casa arpón, unha casa rural situada no termo municipal de malpica. alí tamén se presentarán os libros de emma (Xoguetes póstumos) e de paco (Alentar na túa Rosa).
prometo fotos para o domingo!
(esta, coas sisargas ao fondo dende a praia de seiruga fíxoa eli cando estivemos por aló este verán.)