ir ao contido →

de actualidade

na nova de vieiros que daba conta da substitución de xurxo souto en “aberto por reformas” por xusto lópez carril aparecían moitos comentarios dos lectores laiándose polo asunto. algún preguntábase “quen votou a estes tipos?”. pregúntome eu: a culpa será dos que votaron o pp? ou dos que non foron votar porque “son todos iguais”?

noutra nova sobre a enquisa do galego no ensino aparece algún propoñendo boicoteo á enquisa fraudulenta consistente en non contestala (falta o link, non o atopo agora). canto tempo máis imos seguir cometendo o mesmo erro? por favor, contestade a enquisa! poñede galego a todo! engadide os comentarios que queirades pero contestade!

e fagamos toda a forza posíbel dende o noso sitio para frear esta campaña do pp contra da nosa lingua.

rosa aneiros gaña dous premios dunha tacada na cea de xerais. noraboa grande para rosa. dá ledicia que triunfe unha persoa que se toma en serio o seu traballo como o fai rosa. e, como reseña jaure, xa empezan os ruxe-ruxes, bótase a andar a andar a máquina de fume. pasan as xeracións e neste país empeñámonos en seguir movendo o marco un metro máis aló. se fose para termos máis leira, aínda bueno. pero é que o facemos só para que o veciño teña menos. hai que fastidiarse!

publicado en actualidade

un comentario

  1. O problema deste país e que moitas veces os ‘imbeciles e escuros’ non é que non nos entendan, é que somos nós mesmos.

os comentarios están pechados