o autor

 
estevez
eduardo estévez (buenos aires, 1969)
resido en galiza desde 1995. son analista tic e escritor. publiquei o meu primeiro libro de poemas en castelán en arxentina (1990) e o segundo en venezuela (1991). desde 1995 asumín a lingua do meu país de acollida en todo o resto da miña obra literaria. levo publicados xa unha ducia de títulos entre libros en papel, libros dixitais e proxectos web de produción literaria. déronme varios premios por estes traballos. tamén fun editor e tradutor, dirixín obradoiros literarios e coordino o premio de poesía pérez parallé. aquí pódese atopar información máis detallada.

colaboradores

 
camilo2
camilo pardo lópez (neira de xusá, 1963)
tras o seu paso pola universidade de santiago de compostela, reside na coruña desde hai máis de vinte anos. licenciado en historia, profesor de galego en ensino medio, liberado sindical na cig e personaxe secundario pero principal dun dos máis celebrados relatos de quico cadaval. blogueiro retirado, ten unha páxina web que recolle información diversa sobre a súa tera, recibiu algúns accesits en premios e ten catro cousas soltas publicadas por aí (e agúns inéditos pendentes desde hai décadas)… tamén atende por @caravelete. pedinlle que colaborase con notas filolóxicas sobre os topónimos que vou ir utilizando nos poemas. sabe moito de temas insólitos e o das palabras é un dos seus ámbitos de curiosidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *