ir ao contido →


lúa gris
vigo (galiza), edicións xerais, 1999
finalista do premio tivoli europa de poesía, 1999
isbn: ISBN 978-84-8302-387-7
EPUB MOBI (kindle)
lúa gris

(selección de textos)

o noso patio tiña fentos
pardais
tamén canarios

tiña moitas portas
que escondían dentro o meu
medo de neno

as do fondo
se cadra nunca cheguei a velas

alí onde as paredes
caían xa de tanto balor tanto verde

o noso patio tiña unha escaleira
para ir á terraza con gatos

tiña tamén un can
e unha avoa
ata que os anos fórona gastando
e ela mudouse á cociña
máis tarde ás habitacións

un día perdinlle os pasos

seguramente foi a algún sitio
lonxe de máis para os meus pés

pero aínda moitas portas
quedaban sen abrir

tantas celosías

pechos con ferruxe

null

mira

dicíalle eu
na miña lingua políglota
de ano e medio

mira a lúa

e pasaba un tren

null

o bater
minucioso do río no farallón
é un reloxo da cidade gris perla

na mesma imaxe
hai un pescador quieto
ritual

null

o teu corpo
hábito sagrado

null

se tiveses na man
margaridas e non papeis
e palabras e cansazos

se da túa lingua
esquecida medrasen
nogueiras con noces cheas de mel

se nacesen no ferro
da cociña outonos
rousinois no beirado

se acubillasemos
entre nós entre os nosos
corpos azuis
non dous
senón seis ou trece gatos

null

o meu corpo
é pequeno títere sen dono

durmido baixo
a chuvia lila do xacarandá

ben visto
nin con bendicións
nin con cariño ou maledicencias
resucitará a miña alma

fáltame un ollo
de vidro e varios fíos
se é que non os levou a maré
esmorecen cubertos de lique

null

camiño de noite
bordeando o xardín botánico
e conto gatos

un que a nai era persa
pero o pai non

un gato negro que dá mala sorte
pero non se decata

un do antigo reino
de siam ou de calquer outro

un gato tipo gato
con raias de tigre pero gato

e un gris que me mira
gris
como esta lúa

null

empresa difícil
dar coas indias

atopar a túa boca
no mar océano

un comentario

  1. […] a miña amiga sara agasalloume este deseño do meu poema dos gatos (o penúltimo nesta páxina): […]

os comentarios están pechados