entrar na casa
(en colaboración con ignacion castro “nachok”)
compostela (galiza), estaleiro edicións, 2015
isbn: 978-84-606-7517-4
(dous poemas)
os marcos están situados
pero a cartografía non procura ordenar
só
describir
a historia foise facendo
cos outros e a súa
mudez
cos que marchan
ou son expulsados
e teiman na memoria dos muros
no mapa aparece un apeadoiro
unha bifurcación
unha senda que se esfiaña
desde quen fala hai un argumento principal
ou acaso
até quen fala hai
etcétera
até aquí
a declaración de intencións
a beleza está
no detalle
as maceiras
deseñan fíos nidios entre as nubes
igual que a claudia dun poema
inconcluso
unha mazá permaneceu solitaria na póla máis alta
sen caer sen que a picasen os paxaros
enganchada á orixe
consumírase en si mesma coa chegada do frío
volvín coas mans
vermellas azuis duras
de turrar da vida
as chaves están postas
cando alguén decida facelas xirar
é posíbel que xa non se movan