ir ao contido →

(hiper)activo

estou nunha tempada moi activa. cóntovos algunhas cousas:

onte entregueille ao meu amigo caxigueiro o poema que me encargara para o seu espazo caritel. cando o coloque no sitio, publicareino aquí no blog.
o proxecto “de baleas” está iniciando unha nova etapa na que comezarán a implicarse outras persoas. espero poder contar novidades ao respecto nas próximas semanas.
estou preparando un proxecto novo que axiña zarpará: é un proxecto de longo alento que se chama “nomes de lugar”. podedes ir botándolle un ollo ás páxinas explicativas aquí.
o próximo 1 de maio participarei en “mondoñedo é poesía”: unha xornada de actividades poéticas da que podedes consultar información aquí.
en brevísimo espero poder dar novas concretas da saída, por fin, do entrar na casa, o meu novo libro, un obxecto ben lindo construído en colaboración co fotógrafo mariñán ignacio castro “nachok” editado por estaleiro.
e, aproveitando que montaba o novo blog, estou empezando a facer unha mudanza de servidores da que irei dando conta nos próximos días. todo grazas á xenerosidade, bo facer e total disposición doutro amigo grande: amador loureiro (dorfun).

seguiremos informando…

publicado en actualidade de baleas eventos nomes de lugar