hoxe é día de volver lembrar a única anécdota que teño con lois pereiro:
agardaba un día o tren na estación da coruña e lía poesía última de amor e enfermidade.
un empregado da limpeza pasou facendo o seu traballo por diante miña, detívose un intre, o xusto para dicir “ese si que era un poeta” e seguíu adiante.