hoxe inauguro este escaparate.
aquí darei novas do que ando a facer, compartirei comentarios sobre cuestións diversas relacionadas co meu propio traballo e agardarei comentarios de quen queira facelos.
durante unha tempada estíveno facendo no meu blog “en construción“.
agora, deixo ese espazo para dedicalo especificamente a proxectos de escrita na rede cando decida enfrontalos novamente.
e manteño outros dous: “mirar para este lado“, que é un blog de reflexión literaria en xeral. non quere ser un blog para asuntos inmediatos (probabelmente este novo si poida selo, se cadra) senón un espazo para meditacións máis pousadas e, polo mesmo, máis esporádicas. e os “jaikus” da lúa gris, onde escribo de vez en cando.
aquí nos vemos.
Hei! Parabéns enormes. Tes un chiringuito ben chulo, abofé!
Beixos grandes.
…calquera sitio onde caian as túas letras é bo…
neno!, non paras…
co duro que é xestionar unha soa páxina…parabéns pola enerxía, edu
podias anunciar aqui eses marabillosos obradoiros que damos a pachas…non cres?. moitos bicos e noraboa por este novo mostrador onde pedir viño do bo
Que ben Edu!!!! apuntado queda este chiringuito para a “promenade” de cada semana. Apertas!
Parabens!
Ficas ligado
i (gor)
PD/ A ver se este bichinho do blogaliza me respeita a identidade. Onte, aparecia noutro blogue com umha que nom era minha. Mistérios da informática.
Pois nom, nom me respeita. Raio de bicho!
Benvido, aínda que é difícil xa que te sintamos máis perto.