Chámome Eduardo Estévez. Nacín en Buenos Aires en 1969 e vivo en Galiza desde 1995.
Son escritor, teño un bo feixe de libros publicados e gañei diversos premios. Colaboro en diferentes proxectos de edición.
Durante case dezaoito anos, traballei no sector TIC, primeiro como programador e despois como analista. En 2016 empecei a estudar para convertirme en guía turístico.
E viaxei moito, sempre. E sigo viaxando. Dentro e fóra de Galiza.
Este blog pretende ser unha sorte de repositorio público de información turística. A información de lugares que visito e sobre os que, por unha razón ou outra, me tocou aprofundar, irán tendo aquí o seu espazo onde quedar, para todas as persoas ás que poida virlles ben.
Se queres saber máis sobre min, podes mirar aquí.
Se queres saber sobre os meus libros, mira aquí.