ir ao contido →

o parallé para maría rosendo

o venres pasado asistín á reunión do xurado do premio nacional de poesía xosemaría pérez parallé deste ano. este ano integrárono pedro casteleiro (gratísimo reencontro), antía otero (sempre compañeira) e ramón neto (o gañador do ano pasado, un tipo estupendo).
conformar o xurado dun premio non é doado. dá moita rompedura de cabeza. e é unha responsabilidade. teño moita sorte co xurado do pérez parallé. cada reunión é unha aula de literatura. traballan a conciencia, len con profundidade e saben un cacho do que falan.
este ano a obra gañadora chámase Nómade. tivera ocasión de lle botar un ollo antes de repartir os libros aos membros do xurado. dixeron del que, ademais de solvencia no uso dos recursos, amosaba unha voz persoal e con proxección, pronunciaron varias veces a palabra “faíscas”. é un xurado que non se conforma cun libro correcto. buscan vida debaixo dos poemas.
a gañadora, maría rosendo, unha moza viguesa que vive en compostela e traballa en produción teatral coa compañía berrobambán.
o premio entrégase o próximo 20 de novembro na sede do círculo mercantil e industrial-unidade de fene.
para ver o libro publicado en espiral maior hai que agardar a maio.
noraboa para maría!

publicado en Sen clasificar

un comentario

  1. Pedro Pedro

    Sábese dos outros libros do premio? se gustaron?
    Cántos se presentaron desta vez!
    Grazas!

os comentarios están pechados