{"id":68,"date":"2017-02-20T10:11:47","date_gmt":"2017-02-20T10:11:47","guid":{"rendered":"http:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=68"},"modified":"2017-02-22T17:22:49","modified_gmt":"2017-02-22T17:22:49","slug":"leon-iii-san-isidoro","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=68&lang=gl","title":{"rendered":"Le\u00f3n (III) &#8211; San Isidoro"},"content":{"rendered":"<p>Despois da imperd\u00edbel Catedral g\u00f3tica, outro dos motivos que merece unha viaxe at\u00e9 Le\u00f3n \u00e9 a Real Colexiata de San Isidoro.<\/p>\n<p>Como <a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=45\">xa contei<\/a>, estivemos en Le\u00f3n hai algo m\u00e1is dunha semana. Pero non foi at\u00e9 onte que consegu\u00edn po\u00f1erme con esta entrada. E, cando o fixen, ti\u00f1a a estra\u00f1a sensaci\u00f3n de que non sab\u00eda nada deste edificio. Unha consulta co insomnio permitiume aclarar o problema: non se trata de non ter informaci\u00f3n sen\u00f3n de non ter unha visi\u00f3n de conxunto que me permitise ordenala.<\/p>\n<p>A colexiata de San Isidoro est\u00e1 dividida hoxe en d\u00eda en tres partes: por unha banda, a igrexa, doutra, o Museo e, por \u00faltimo, o hotel.<\/p>\n<p>E a visita faise por anacos. A igrexa v\u00edmola, sen moitas explicaci\u00f3ns, o s\u00e1bado pola ma\u00f1\u00e1, como parte da visita guiada \u00e1 Catedral e casco hist\u00f3rico que comentei <a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=52\">na entrada anterior<\/a>. Pola tarde, fixemos a visita ao Museo, situado nunha torre no estremo esquerdo (vista a colexiata desde a fachada da Plaza de San Isidoro). Contabamos con que, desa, nos explicasen un pouco m\u00e1is a igrexa. Pero non foi as\u00ed: a visita ao museo restr\u00ednxese a certas dependencias concretas da propia torre e o Pante\u00f3n Real, pero non est\u00e1 inclu\u00edda a igrexa. Por \u00faltimo, o hotel, situado no antigo claustro e nas dependencias mon\u00e1sticas. \u00c9&#8230; un hotel, que non se visita de xeito organizado. Sen estar aloxado al\u00ed p\u00f3deselle botarlle un ollo discreto se vas ao restaurante e pouco m\u00e1is (n\u00f3s s\u00f3 chegamos \u00e1 porta do restaurante porque foi un dos que, como xa contei, nos dixeron que non ti\u00f1an mesa se non ti\u00f1amos reserva). Pero, para chegar at\u00e9 al\u00ed, puidemos andar por alg\u00fans impo\u00f1entes corredores e botar un ollo ao claustro.<\/p>\n<p>En fin, ao que vou: en ningunha das visitas que fixemos se nos deu unha explicaci\u00f3n moi profunda do conxunto. Ademais, as d\u00faas veces que chegamos at\u00e9 San Isidoro chov\u00eda, polo que apenas te\u00f1o algunha fotograf\u00eda do exterior. Si te\u00f1o algunha m\u00e1is do interior da igrexa e no Museo non se poden quitar fotos. Pero, para quen estea interesado, hai unha profusa explicaci\u00f3n da historia do edificio na Wikipedia e bastantes fotograf\u00edas na rede do Pante\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>A igrexa<\/strong><\/p>\n<p>A igrexa \u00e9 de estrutura rom\u00e1nica, con planta de cruz latina. Ten tres naves no brazo principal con b\u00f3veda de can\u00f3n e arcos de medio punto sobre pilastras con capiteis decorados. A mesma estrutura rep\u00edtese nas tres naves. Na cabeceira dispo\u00f1\u00edanse tres \u00e1bsidas semicirculares.<\/p>\n<figure id=\"attachment_71\" aria-describedby=\"caption-attachment-71\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/nave_esquerda.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/nave_esquerda-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" class=\"size-medium wp-image-71\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/nave_esquerda-300x225.jpg 300w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/nave_esquerda.jpg 350w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-71\" class=\"wp-caption-text\">San Isidoro &#8211; Le\u00f3n &#8211; nave esquerda<\/figcaption><\/figure>\n<p>Ten d\u00faas intervenci\u00f3ns relevantes de estilo g\u00f3tico: a nova cabeceira e o coro. Na seguinte fotograf\u00eda pode verse a cabeceira, o final da b\u00f3veda de can\u00f3n do brazo principal (obs\u00e9rvese que a igrexa non ten cruceiro na intersecci\u00f3n de ambos os brazos) e outra das curiosidades do templo: os arcos lobulados que separan os brazos laterais.<\/p>\n<figure id=\"attachment_73\" aria-describedby=\"caption-attachment-73\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabeceira.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabeceira-300x236.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"236\" class=\"size-medium wp-image-73\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabeceira-300x236.jpg 300w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/cabeceira.jpg 350w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-73\" class=\"wp-caption-text\">San Isidoro &#8211; Le\u00f3n &#8211; cabeceira<\/figcaption><\/figure>\n<p>E unha imaxe na que se pode ver parcialmente o coro g\u00f3tico.<\/p>\n<figure id=\"attachment_74\" aria-describedby=\"caption-attachment-74\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/coro.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/coro-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" class=\"size-medium wp-image-74\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/coro-300x225.jpg 300w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/coro.jpg 350w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-74\" class=\"wp-caption-text\">San Isidoro &#8211; Le\u00f3n &#8211; Coro<\/figcaption><\/figure>\n<p>O retablo maior \u00e9 unha composici\u00f3n de 24 t\u00e1boas policromadas do s\u00e9culo XV. Este retablo non foi concibido para estar aqu\u00ed sen\u00f3n para a igrexa de Pozuelo de la Orden, en Valladolid. O obispado de Le\u00f3n trasl\u00e1dao a San Isidoro no s\u00e9culo XX.<\/p>\n<figure id=\"attachment_75\" aria-describedby=\"caption-attachment-75\" style=\"width: 245px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/retablo_maior.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/retablo_maior-245x300.jpg\" alt=\"\" width=\"245\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-75\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/retablo_maior-245x300.jpg 245w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/retablo_maior.jpg 350w\" sizes=\"auto, (max-width: 245px) 85vw, 245px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-75\" class=\"wp-caption-text\">San Isidoro &#8211; Le\u00f3n &#8211; Retablo maior<\/figcaption><\/figure>\n<p>No centro, ao p\u00e9 do retablo, unha urna de prata de estilo neocl\u00e1sico labrada polo prateiro leon\u00e9s Antonio Rebollo en 1874 garda os restos de San Isidoro.<\/p>\n<p><strong>O museo<\/strong><\/p>\n<p>A visita ao Museo \u00e9 obrigada. Incl\u00fae catro elementos, todos interesantes: a biblioteca, o tesouro, o c\u00e1liz de Dona Urraca e o imperd\u00edbel Pante\u00f3n Real.<\/p>\n<p>A biblioteca est\u00e1 situada nunha sala interesante en si mesma. \u00c9 de estilo renacentista, obra de 1534 de Juan de Badajoz el Mozo. Cont\u00e9n unha colecci\u00f3n de 155 c\u00f3dices catalogados, alg\u00fans deles iluminados, froito do importante scriptorium co que contou este mosteiro. A biblioteca ten, ademais, centos de documentos, case 300 incun\u00e1beis e m\u00e1is de mil volumes de libros antigos ou raros dos s\u00e9culos XVI, XVII e XVIII. Por suposto, nunha visita tur\u00edstica, todo este material s\u00f3 se pode ver desde lonxe.<\/p>\n<p>O c\u00e1liz de Dona Urraca \u00e9 unha especie de copa composta por d\u00faas pezas de \u00e1gata de \u00e9poca romana. Son d\u00faas cuncas que, no s\u00e9culo XI foron unificadas por unha estrutura de ouro e pedras preciosas d\u00e1ndolle a forma de c\u00e1liz que ten actualmente. M\u00e1is al\u00e1 do seu valor art\u00edstico, o seu interese acrec\u00e9ntase tras un estudo publicado en 2014 no que se realiza unha traza completa das cuncas de \u00e1gata desde o s\u00e9culo IV e que alimentan a lenda de que poida tratarse do Santo Grial, a copa que Cristo utilizou na \u00faltima cea. Existen no mundo moitos &#8220;santos griais&#8221;. Este \u00e9 un deles.<\/p>\n<p>O tesouro non puidemos visitalo porque estaba pechado para reformas da exposici\u00f3n. Pero si puidemos ver o Pante\u00f3n Real. Merece a pena unha viaxe a Le\u00f3n para ver esta xoia da pintura mural rom\u00e1nica.<\/p>\n<p>O pante\u00f3n \u00e9 unha sala situada debaixo dos p\u00e9s da igrexa. Foi constru\u00edda como Pante\u00f3n Real e alberga os restos de varios reis de Le\u00f3n e de Navarra, ra\u00ed\u00f1as e infantes. Entre moitos outros, cons\u00e9rvanse aqu\u00ed os restos do rei Garc\u00eda de Galicia.<\/p>\n<p>A sala cont\u00e9n varias sepulturas pero, durante as guerras da independencia, no s\u00e9culo XIX, o Pante\u00f3n foi utilizado como cuadras. As tumbas foron abertas e os restos amore\u00e1ronse nun recanto da sala (as tumbas foron usadas como p\u00edas para dar de beber aos animais).<\/p>\n<p>Na restauraci\u00f3n, repart\u00edronse os restos de forma m\u00e1is ou menos aleatoria polas sepulturas, cubr\u00edndoas con tapas de pedra. A maior\u00eda das laudas orixinais perd\u00e9ronse.<\/p>\n<p>En archive.org pode consultarse <a href=\"http:\/\/web.archive.org\/web\/20040730201604\/es.geocities.com\/mundo_medieval\/San_Isidoro.pdf\">un documento<\/a> que detalla o estudo antropol\u00f3xico realizado sobre as tumbas e os restos deste pante\u00f3n.<\/p>\n<p>Pero o maior interese desta sala non est\u00e1 nas sepulturas sen\u00f3n na decoraci\u00f3n dos muros e as b\u00f3vedas: un programa iconogr\u00e1fico con imaxes do nacemento de Cristo, a s\u00faa morte e resurrecci\u00f3n. Como era habitual, o programa segue unha orde pedag\u00f3xica: a Anunciaci\u00f3n, a Visitaci\u00f3n, a Epifan\u00eda, a Natividade, o anuncio aos pastores, a fuxida a Exipto, a circuncisi\u00f3n e a matanza dos inocentes; a \u00faltima cea, a paix\u00f3n e a crucifixi\u00f3n e, por \u00faltimo, a resurrecci\u00f3n e a entronizaci\u00f3n.<br \/>\nCompletan a decoraci\u00f3n un zod\u00edaco e un precioso calendario agr\u00edcola.<\/p>\n<p>As pinturas restaur\u00e1ronse sen repintar e conservan as s\u00faas cores orixinais. \u00c9 unha oportunidade extraordinaria de apreciar pintura mural rom\u00e1nica en excelente estado de conservaci\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Despois da imperd\u00edbel Catedral g\u00f3tica, outro dos motivos que merece unha viaxe at\u00e9 Le\u00f3n \u00e9 a Real Colexiata de San Isidoro. Como xa contei, estivemos en Le\u00f3n hai algo m\u00e1is dunha semana. Pero non foi [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[111,81,83,85],"tags":[113,115,117,119,121,123,125],"class_list":["post-68","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-arquitectura-gl","category-castela-gl","category-gotico-gl","category-romanico-gl","tag-antonio-rebollo-gl","tag-caliz-de-dona-urraca-gl","tag-garcia-de-galicia-gl","tag-leon-gl","tag-panteon-real-gl","tag-san-isidoro-gl","tag-santo-grial-gl"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8v7Zj-16","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/68","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=68"}],"version-history":[{"count":7,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/68\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":153,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/68\/revisions\/153"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=68"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=68"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=68"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}