{"id":52,"date":"2017-02-13T14:10:13","date_gmt":"2017-02-13T14:10:13","guid":{"rendered":"http:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=52"},"modified":"2017-02-22T15:43:26","modified_gmt":"2017-02-22T15:43:26","slug":"leon-ii-a-catedral","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=52&lang=gl","title":{"rendered":"Le\u00f3n (II) &#8211; A Catedral"},"content":{"rendered":"<p>Pasemos agora \u00e1 parte das visitas culturais. A cidade de Le\u00f3n ten varias cousas que se poden visitar pero eu destacar\u00eda sobre o resto d\u00faas: a Catedral e o mosteiro de San Isidoro. Se lles pux\u00e9semos estrelas Michel\u00edn, ter\u00edan tres cada un, que quere dicir que paga a pena viaxar a Le\u00f3n a\u00ednda que s\u00f3 sexa para ver calquera destas d\u00faas xoias.<\/p>\n<p>Empecemos pola Catedral: \u00e9 un edificio do g\u00f3tico primitivo. A s\u00faa construci\u00f3n foi iniciativa do rei Ordo\u00f1o II, quen cedeu os terreos que ocupaba o seu palacio e que anteriormente foran termas romanas, para que se constru\u00edse al\u00ed unha catedral como agradecemento a Deus pola vitoria na batalla de Gormaz. Aquela primitiva catedral foi parcialmente destru\u00edda por Almanzor no s\u00e9culo X e rapidamente reconstru\u00edda. Pero no s\u00e9culo XI, durante o reinado de Fernando I de Le\u00f3n, inici\u00e1ronse no lugar as obras de construci\u00f3n dunha nova, en estilo rom\u00e1nico, que foi consagrada a finais do s\u00e9culo sendo rei Alfonso VI.<\/p>\n<p>A Catedral actual \u00e9, pois, a terceira que tivo a cidade de Le\u00f3n. Comezouse a constru\u00edr no s\u00e9culo XIII por iniciativa do rei Fernando III, chamado &#8220;o Santo&#8221; a\u00ednda que non est\u00e1 canonizado. O inicio das obras data de 1205 pero, por problemas nas cimentaci\u00f3ns, non foi at\u00e9 1255 que, co apoio do rei Alfonso X o Sabio, a f\u00e1brica obtivo o seu impulso definitivo.<\/p>\n<p>Os autores do proxecto non se co\u00f1ecen con certeza. O que resulta evidente \u00e9 que o dese\u00f1o bebe en grande medida do da veci\u00f1a catedral de Burgos polo que \u00e9 prob\u00e1bel que os artistas que dese\u00f1aron a de Le\u00f3n e traballaron nela colaborasen previamente na edificaci\u00f3n da de Burgos.<\/p>\n<p>At\u00e9 a inauguraci\u00f3n do templo e a finalizaci\u00f3n das obras principais pasan poucos anos, arredor de cincuenta, o que fai que a estrutura principal do edificio pos\u00faa un estilo bastante uniforme. Os aportes posteriores m\u00e1is relevantes son o claustro e as torres. O primeiro rematar\u00edase no s\u00e9culo XIV e as torres, unha no XIV e outra no XV.<\/p>\n<figure id=\"attachment_46\" aria-describedby=\"caption-attachment-46\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/catedral.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/catedral-300x287.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"287\" class=\"size-medium wp-image-46\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-46\" class=\"wp-caption-text\">Catedral de Le\u00f3n &#8211; fachada<\/figcaption><\/figure>\n<p>O templo est\u00e1 adicado \u00e1 Virxe. No centro da fachada principal at\u00f3pase unha imaxe co\u00f1ecida como a Virxe Branca. Tr\u00e1tase dunha copia. A orixinal est\u00e1 na capela central do transepto. A\u00ednda que actualmente non quedan restos, trat\u00e1base dunha escultura policromada e o rostro e as mans da Virxe eran extremadamente brancas, como o rostro e as mans das mulleres da nobreza da \u00e9poca, que non v\u00edan a luz do sol polo que a s\u00faa brancura de pel diferenci\u00e1baas claramente do pobo chan, habituado aos traballos da terra e aos efectos na pel do aire libre.<\/p>\n<p><figure id=\"attachment_48\" aria-describedby=\"caption-attachment-48\" style=\"width: 200px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/virxe-branca-copia.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/virxe-branca-copia.jpg\" alt=\"\" width=\"200\" height=\"190\" class=\"size-full wp-image-48\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-48\" class=\"wp-caption-text\">Catedral de Le\u00f3n &#8211; A Virxe Branca na fachada<\/figcaption><\/figure> <figure id=\"attachment_49\" aria-describedby=\"caption-attachment-49\" style=\"width: 253px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/virxe-branca-orixinal.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/virxe-branca-orixinal.jpg\" alt=\"\" width=\"253\" height=\"190\" class=\"size-full wp-image-49\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-49\" class=\"wp-caption-text\">Catedral de Le\u00f3n &#8211; A Virxe Branca no transepto<\/figcaption><\/figure><\/p>\n<p>A reproduci\u00f3n da Virxe da fachada estaba acompa\u00f1ada dunha serie de esculturas que foron recentemente retiradas para estudar (e tentar deter e, acaso, reparar) os efectos da erosi\u00f3n na pedra. Algunhas destas figuras, as\u00ed como unha explicaci\u00f3n dos procesos de estudo que nelas se levan a cabo, poden verse na primeira capela lateral da esquerda, nada m\u00e1is entrar na Catedral.<\/p>\n<p>Tal como xa dixemos, tr\u00e1tase dunha catedral de estilo g\u00f3tico. En concreto, do co\u00f1ecido como g\u00f3tico inicial ou primitivo: un edificio de li\u00f1as longas, naves alt\u00edsimas sostidas por pilastras estreitas que soportan arcos oxivais, b\u00f3vedas de crucer\u00eda limpas, muros relativamente delgados e arcobotantes exteriores que mante\u00f1en en pe a estrutura. Pero a caracter\u00edstica sobranceira deste edificio son as s\u00faas vidreiras. O prop\u00f3sito did\u00e1ctico que o rom\u00e1nico adoitaba dar \u00e1 escultura, nesta catedral est\u00e1 nos cristais, unha verdadeira festa de cor e imaxes alucinantes.<\/p>\n<figure id=\"attachment_47\" aria-describedby=\"caption-attachment-47\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/vidreiras.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/vidreiras-300x225.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"225\" class=\"size-medium wp-image-47\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-47\" class=\"wp-caption-text\">Catedral de Le\u00f3n &#8211; vidreiras da cabeceira<\/figcaption><\/figure>\n<p>O programa iconogr\u00e1fico ocupa diferentes niveis: na altura do chan, uns pequenos arcos cegos simbolizan o mundo mineral. A continuaci\u00f3n, temos unha serie de vidreiras que constan de lancetas decoradas con motivos vexetais e, na parte superior, rosetas con figuras humanas en actividades mundanas: os traballos, as virtudes, os pecados. Na altura do triforio, as vidreiras est\u00e1n decoradas con escudos: a clase nobre, situada por riba o pobo chan. E, na parte superior, as magn\u00edficas vidreiras de motivos relixiosos, con escenas da Biblia e dos Santos. En li\u00f1as xerais, as vidreiras superiores do lado esquerdo, representan escenas e personaxes do Antigo Testamento con predominancia de cores fr\u00edas. Tr\u00e1tase do lado norte do templo, que nunca recibe a luz do sol polo que est\u00e1 decorada, simbolicamente, cos personaxes que non gozaron da luz de Cristo. Contrariamente, no lado sur, as imaxes da parte alta son as do novo testamento, a Virxe e os santos, iluminados pola salvaci\u00f3n, con cores c\u00e1lidas.<\/p>\n<p>Tocounos unha fin de semana chuviosa polo que o ceo gris repart\u00eda ben a luz tanto polas vidreiras do lado sur como polas do norte. Unha situaci\u00f3n pouco frecuente no clima leon\u00e9s. Pero o domingo pola ma\u00f1\u00e1 (ademais dunha nevarada respect\u00e1bel) sa\u00edu o sol e puidemos ver como iluminaba as vidreiras do lado dereito d\u00e1ndolle ao edificio un aspecto brillante inesquec\u00edbel.<\/p>\n<p>No centro do templo est\u00e1 situado o coro que anteriormente estaba na cabeceira. Est\u00e1 pechado \u00e1 parte occidental do edificio por un transcoro barroco (s\u00e9culo XVI). Ten catro baixorrelevos realizados en alabastro por Esteban Jord\u00e1n con escenas da Anunciaci\u00f3n, o nacemento de Cristo e a Epifan\u00eda. O coro e o transcoro constit\u00faen unha obra de grande factura pero realmente d\u00e1 m\u00e1goa que estea situado al\u00ed porque produce un corte indesex\u00e1bel na imaxe grandiosa daquela nave g\u00f3tica limp\u00edsima.<\/p>\n<p>Outras pezas escult\u00f3ricas do templo que merecen ser sinaladas son:<\/p>\n<p>os baixorrelevos pol\u00edcromos do sepulcro do rei Ordo\u00f1o II,<\/p>\n<figure id=\"attachment_47\" aria-describedby=\"caption-attachment-47\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/upload.wikimedia.org\/wikipedia\/commons\/thumb\/e\/ed\/Sepulcro_del_rey_Ordo%C3%B1o_II%2C_catedral_de_Le%C3%B3n.jpg\/206px-Sepulcro_del_rey_Ordo%C3%B1o_II%2C_catedral_de_Le%C3%B3n.jpg\" alt=\"Sepulcro de Ordo\u00f1o II (fonte: wikisource)\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-47\" class=\"wp-caption-text\">Sepulcro de Ordo\u00f1o II (fonte: wikisource)<\/figcaption><\/figure>\n<p>unha imaxe en pedra policromada da Virxe embarazada, escultura g\u00f3tica de autor an\u00f3nimo do s\u00e9culo XV,<\/p>\n<figure id=\"attachment_53\" aria-describedby=\"caption-attachment-53\" style=\"width: 235px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/virxe-encinta.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/virxe-encinta-235x300.jpg\" alt=\"\" width=\"235\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-53\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-53\" class=\"wp-caption-text\">Catedral de Le\u00f3n &#8211; Virxe encinta<\/figcaption><\/figure>\n<p>o retablo do altar maior, obra neog\u00f3tica montada coas cinco t\u00e1boas que sobreviviron do retablo g\u00f3tico de Nicol\u00e1s Franc\u00e9s do s\u00e9culo XV ao que se lle engadiron outras t\u00e1boas de diversa procedencia. O retablo do s\u00e9culo XV fora substitu\u00eddo por un retablo barroco que se retirou ao realizarse a grande restauraci\u00f3n do s\u00e9culo XIX da que falarei m\u00e1is adiante. A imaxe da Virxe que actualmente preside o retablo \u00e9 a \u00fanica peza que se mantivo do mencionado retablo barroco.<\/p>\n<figure id=\"attachment_54\" aria-describedby=\"caption-attachment-54\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/retablo-maior.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/retablo-maior-300x276.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"276\" class=\"size-medium wp-image-54\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-54\" class=\"wp-caption-text\">Catedral de Le\u00f3n &#8211; retablo maior<\/figcaption><\/figure>\n<p>No altar maior, unha arca cont\u00e9n os restos do bispo San Froil\u00e1n. \u00c9 obra do s\u00e9culo XVI do prateiro Enrique de Arfe.<\/p>\n<p>Na xirola p\u00f3dense observar alg\u00fans vitrais de preciosa factura:<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-55\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/vidreiras-xirola_4-234x300.jpg\" alt=\"\" width=\"234\" height=\"300\" \/> <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-56\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/vidreiras-xirola_3-258x300.jpg\" alt=\"\" width=\"258\" height=\"300\" \/><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-57\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/vidreiras-xirola_2-241x300.jpg\" alt=\"\" width=\"241\" height=\"300\" \/> <img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"alignnone size-medium wp-image-58\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/vidreiras-xirola_1-235x300.jpg\" alt=\"\" width=\"235\" height=\"300\" \/><\/p>\n<p>O museo da Catedral merece a pena, por unha banda, pola interesante colecci\u00f3n de arte sacro e, por outra, porque permite visitar o claustro: unha impo\u00f1ente obra g\u00f3tica, tan diferente dos claustros rom\u00e1nicos aos que estamos m\u00e1is afeitos en Galiza. Neste claustro est\u00e1n agora mesmo expostas as demais figuras que foron recentemente retiradas da fachada.<\/p>\n<p>A visita \u00e1 Catedral custa 6 \u20ac e incl\u00fae unha audiogu\u00eda. A entrada do museo \u00e9 de 5 \u20ac pero presentando a entrada \u00e1 Catedral acc\u00e9dese ao museo pagando unicamente un suplemento de 2 \u20ac.<\/p>\n<p>Para visitar a Catedral tam\u00e9n \u00e9 pos\u00edbel contratar os servizos de gu\u00edas tur\u00edsticos que forman grupos nos soportais fronte \u00e1 igrexa. Adoita haber nas columnas unhas follas plastificadas coa informaci\u00f3n destas visitas guiadas que custan entre 10 e 15 \u20ac, incl\u00faen a entrada (sen audiogu\u00eda) \u00e1 Catedral e, ademais, unha visita a alg\u00fans edificios emblem\u00e1ticos da zona hist\u00f3rica da cidade. Estas visitas duran aproximadamente d\u00faas horas. N\u00f3s contratamos unha delas o s\u00e1bado e o domingo pola ma\u00f1\u00e1 volvemos visitar a Catedral, desta volta coa audiogu\u00eda. Hai que reco\u00f1ecer que a audiogu\u00eda non d\u00e1 moita m\u00e1is informaci\u00f3n que o gu\u00eda pero si que se pode realizar a visita con outra calma.<\/p>\n<p>Moito m\u00e1is c\u00e1 historia do topo, da que falan todas as gu\u00edas e que podedes ler en calquera lado (po\u00f1ede en Google &#8220;topo catedral&#8221;, sen as comillas, e xa sae), a historia que paga a pena co\u00f1ecer desta catedral \u00e9 a da s\u00faa agon\u00eda e resurrecci\u00f3n. A fraxilidade da estrutura g\u00f3tica (extremadamente alta e sostida en columnas estreitas e muros delgados con profusi\u00f3n de aberturas) logo comezou a dar problemas. Pero a causa non estaba no dese\u00f1o orixinal sen\u00f3n nas modificaci\u00f3ns posteriores. No s\u00e9culo XV, engad\u00edronse unhas pequenas torres nos lados sur e norte para axudar a conter a presi\u00f3n pero non foi suficiente. No s\u00e9culo XVI incorpor\u00e1ronse na fachada occidental uns remates en estilo plateresco excesivamente pesados. No XVII ru\u00edu parte da b\u00f3veda central do cruceiro e a desopilante soluci\u00f3n do arquitecto real (Juan de Naveda, sendo rei Felipe IV) foi cubrir o cruceiro cunha grande c\u00fapula. O peso desta c\u00fapula sobre a estrutura g\u00f3tica logo ameazou dar co edificio enteiro no chan. A principios do XVIII Juan de Churriguera tentou resolver o problema levantando catro grandes pin\u00e1culos arredor da c\u00fapula o que agravou a\u00ednda m\u00e1is os problemas de estrutura. O terremoto de Lisboa de 1755 produciu no edificio danos relevantes. Diversos arquitectos de renome desfilaron pola cidade tentando resolver o problema pero os desprendementos eran continuos e non parec\u00eda haber resposta. No XIX decl\u00e1rase a Catedral Monumento Hist\u00f3rico Nacional. Foi o primeiro edificio en recibir tal declaraci\u00f3n, que ti\u00f1a como obxectivo que o Estado adicase \u00e1 s\u00faa salvaci\u00f3n a maior cantidade de recursos que fose pos\u00edbel. Pero continuaron as intervenci\u00f3ns desastrosas. A \u00faltima delas, do arquitecto Mat\u00edas Lavi\u00f1a, en 1859. O traballo de Lavi\u00f1a e do seu sucesor Hern\u00e1ndez Callejo centr\u00e1base en ir desmontando o edificio para procurar -sen \u00e9xito- estabilizalo. A salvaci\u00f3n chegou da man do arquitecto Juan de Madrazo, co\u00f1ecedor da arquitectura g\u00f3tica, quen, para conter o problema e, ao tempo, proceder \u00e1 s\u00faa reconstruci\u00f3n, montou dentro do templo un complexo sistema de andamios e suxeici\u00f3ns, feitas en madeira, desde o chan at\u00e9 o alto das b\u00f3vedas. Esta estrutura permitiulle soster todos os sistemas de carga do templo mentres se reconstru\u00eda o cruceiro desmontado e a fachada sur, necesarias ambas para restaurar o equilibrio dos arcos da estrutura central. Madrazo modificou as b\u00f3vedas do cruceiro sur, imitando as do cruceiro norte: a idea, en resumo, foi restitu\u00edr a estrutura orixinal g\u00f3tica co seu fino xogo de contrapesos, eliminando todos os elementos posteriores. A c\u00fapula, xa desmontada, foi substitu\u00edda por unha b\u00f3veda de crucer\u00eda ao modo da orixinal. A estrutura de madeira do interior do templo retirouse en 1878 e o edificio volveu descansar nas s\u00faas din\u00e1micas orixinais tal e como podemos velo na actualidade.<\/p>\n<p>A\u00ednda ti\u00f1a Madrazo traballos por realizar pero discrepancias pol\u00edticas e ideol\u00f3xicas co Cabido, o bispo e a sociedade conservadora leonesa fixeron que fose destitu\u00eddo, morrendo poucos meses despois. As obras, con todo, continuaron na mesma li\u00f1a. Desmont\u00e1ronse os engadidos platerescos do s\u00e9culo XVI e acabaron de reconstru\u00edrse as b\u00f3vedas do cruceiro e da nave central. Por \u00faltimo, en 1895 comezaron a recompo\u00f1erse as vidreiras que levaban moitos anos desmontadas e almacenadas, sufrindo grave deterioro. Instaurouse para isto un obradoiro de vidrer\u00eda de estilo medieval para traballar na reconstruci\u00f3n das vidreiras sobrevivintes e na creaci\u00f3n doutras novas.<\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos estase levando a cabo, novamente, un intenso traballo de limpeza e restauraci\u00f3n das vidreiras. Ret\u00edranse, l\u00edmpanse con t\u00e9cnicas modernas para evitar o deterioro non tanto do cristal canto da grisalla que lles d\u00e1 o seu aspecto caracter\u00edstico, e rest\u00e1uranse. No sitio do que se retiran as vidreiras, col\u00f3case uns cristais transl\u00facidas que serven de peche do templo, illamento e protecci\u00f3n das vidreiras e os paneis orixinais que, unha vez restaurados, col\u00f3canse no interior do templo, nunhas estruturas met\u00e1licas pr\u00f3ximas \u00e1s vent\u00e1s, de xeito que te\u00f1an o mesmo efecto que colocadas no seu sitio orixinal e, ao tempo, se mante\u00f1an protexidas dos axentes externos, tanto do clima como da contaminaci\u00f3n. A pequena separaci\u00f3n entre as vidreiras e os cristais exteriores permite a circulaci\u00f3n do aire e que as vidreiras queden protexidas dos cambios de temperatura t\u00edpicos do clima da cidade.<\/p>\n<p>Segundo nos contaron, os andamios que se colocan para o traballo de desmontar e montar as vidreiras, ocuparan os \u00faltimos anos o centro da nave. O traballo contin\u00faa e a n\u00f3s tocounos ver eses andamios unicamente na parte do coro alto polo que apenas interfer\u00edan na visi\u00f3n xeral do templo.<\/p>\n<p>A \u00faltima cousa que quero contar desta catedral \u00e9 que en 2013 estreou un novo \u00f3rgano. O instrumento \u00e9, segundo os entendidos, unha xoia da organeir\u00eda contempor\u00e1nea. As s\u00faas caracter\u00edsticas t\u00e9cnicas poden verse <a href=\"http:\/\/www.catedraldeleon.org\/index.php\/nuevo-organo-de-la-catedral\">nesta p\u00e1xina<\/a> e pode escoitarse nos frecuentes ciclos de concertos para este instrumento que se organizan cada ano.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Pasemos agora \u00e1 parte das visitas culturais. A cidade de Le\u00f3n ten varias cousas que se poden visitar pero eu destacar\u00eda sobre o resto d\u00faas: a Catedral e o mosteiro de San Isidoro. Se lles [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[111,81,83],"tags":[127,129,131,133,135,137,139,141,143,145],"class_list":["post-52","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-arquitectura-gl","category-castela-gl","category-gotico-gl","tag-alfonso-x-o-sabio-gl","tag-catedral-de-leon-gl","tag-fernando-iii-o-santo-gl","tag-juan-de-madrazo-gl","tag-juan-de-naveda-gl","tag-matias-lavina-gl","tag-nicolas-frances-gl","tag-ordono-ii-gl","tag-vidreiras-gl","tag-virxe-branca-gl"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8v7Zj-Q","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/52","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=52"}],"version-history":[{"count":9,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/52\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":150,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/52\/revisions\/150"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=52"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=52"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=52"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}