{"id":45,"date":"2017-02-09T19:25:59","date_gmt":"2017-02-09T19:25:59","guid":{"rendered":"http:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=45"},"modified":"2017-02-22T16:56:18","modified_gmt":"2017-02-22T16:56:18","slug":"leon-i-de-tapas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=45&lang=gl","title":{"rendered":"Le\u00f3n (I) &#8211; De tapas"},"content":{"rendered":"<p>A fin de semana pasada estivemos en Le\u00f3n e gustounos moito. Fomos facer turismo urbano o que, traducido a Le\u00f3n quere dicir: visitas culturais e tapeo.<\/p>\n<p>A cidade de Le\u00f3n foi, en inicio, un campamento romano e, posteriormente, sufriu un despoboamento que aparentemente non foi completo e houbo diversas tentativas de repoboala e reconstru\u00edla. En todo caso, non foi at\u00e9 o s\u00e9culo IX que esta empresa se realizou con \u00e9xito, durante o reinado de Ordo\u00f1o I, que a incorpora ao reino de Asturias.<\/p>\n<p>Para inaugurar o cap\u00edtulo gastron\u00f3mico c\u00f3mpre dicir que no casco hist\u00f3rico de Le\u00f3n hai d\u00faas zonas ou barrios adicados ao tapeo: o m\u00e1is famoso, o Barrio H\u00famedo (o nome seica prov\u00e9n das bebidas que por el corren) e o Rom\u00e1ntico. Ambos est\u00e1n separados s\u00f3 por unha r\u00faa, a Calle Ancha, que \u00e9 o eixo desta zona da cidade.<\/p>\n<p>A trazo groso dir\u00eda que o H\u00famedo \u00e9 barrio m\u00e1is de tabernas e o Rom\u00e1ntico un pel\u00edn m\u00e1is posto. Pero seguro que calquera que co\u00f1eza a cidade mellor ca min pode desmentilo.<br \/>\nO sistema en Le\u00f3n, como xa viramos noutras cidades, \u00e9 que ti pides unha bebida e danche a escoller entre un grupo maior ou menor de tapas gratis (entre unha e cinco ou seis). As tapas, m\u00e1is ou menos elaboradas, incl\u00faen sopas de allo, embutidos, morcilla e patacas fritidas que en le\u00f3n fanse en l\u00e1minas como para tortilla. Pero tam\u00e9n hai cousas m\u00e1is curiosas. <\/p>\n<p>A primeira noite estivemos no h\u00famedo, arredor da praza de San Mart\u00edn. Primeiro entramos en La F\u00e1bula: hab\u00eda pouca xente e pod\u00edas tomar a tapa sentado, todo un luxo, e os camareiros estaban de ch\u00e1chara cuns colegas que estaban na barra e, en conxunto, daban a sensaci\u00f3n de frikis dos videoxogos ou dos c\u00f3mics. Despois fomos a un cl\u00e1sico, La Bicha: un local moi pequeni\u00f1o cun dono que ten fama de can mordedor; ped\u00edn un Rioja pero al\u00ed s\u00f3 te\u00f1en vi\u00f1os castel\u00e1ns as\u00ed que me decantei por un menc\u00eda do Bierzo que resultou imbeb\u00edbel; o local \u00e9 c\u00e9lebre -ademais de polo dono- pola s\u00faa morcilla pero puxo unha rebanda de pan cun anaqui\u00f1o de chourizo \u00e1 sidra e non era cuesti\u00f3n de discutir. Pechamos esa noite nun local que non merece figurar en ningunha rese\u00f1a. <\/p>\n<p>O segundo d\u00eda, ao mediod\u00eda paramos nun local do Rom\u00e1ntico que escollemos s\u00f3 porque, despois de percorrer unha chea de sitios, foi o \u00fanico no que nos deixaron entrar. Moral para quen visite Le\u00f3n se queres escoller o sitio onde comer, planifica e reserva. O local ch\u00e1mase El Patio e sentamos na parte de diante (no restaurante non hab\u00eda mesa) e comemos de raci\u00f3n. Iamos pedir unha cazola de chourizo e unha raci\u00f3n de morcilla pero a camareira (atent\u00edsima) aconsellounos pedir media e media. E sobrou. Un desprop\u00f3sito de colesterol riqu\u00edsimo. <\/p>\n<p>Esa noite (a\u00ednda dixerindo o do mediod\u00eda) estivemos no Zuloaga, tam\u00e9n no Rom\u00e1ntico, a 20 metros da Catedral. Entramos porque na porta anunciaban unha tapa con pinta m\u00e1is elaborada que obtivera un premio no \u00faltimo concurso local de tapas. E realmente estivo \u00e1 altura: zamburi\u00f1a \u00e1 plancha en crema de porro con estaladizo de cecina. Moi ben. A seguir, cambiamos ao H\u00famedo e quixemos tentar as famosas patacas fritidas de El Flechazo pero estaba ateigado. Ese e os demais. Xa que logo, entramos nun local da Praza de San Mart\u00edn, o mes\u00f3n Jabugo con intenci\u00f3n de buscar unha mesa e cear unha raci\u00f3n de embutido. Fixemos as\u00ed. Coa bebida troux\u00e9ronnos a tapa correspondente (detalle que non sempre ocorre) que foi unha sopa de allos potente e picante e os embutidos estaban razo\u00e1beis. <\/p>\n<p>O \u00faltimo d\u00eda ergu\u00e9monos xa tan fartos de graxas e colesterois que collemos estrada de regreso sen xantar. Pero, fieis \u00e1s nosas tradici\u00f3ns familiares, non podiamos marchar sen facer acopio de provisi\u00f3ns: nun pequeno local da Calle Ancha compramos unhas bandexas de cecinas diversas (de touro, de cabra, de cabalo, de burro, de cervo, &#8230;) e chourizos (un de cerdo picant\u00edsimo e un de cervo).<\/p>\n<p>Nas entradas seguintes ocupareime da Catedral, do Mosteiro de San Isidoro e dalgunhas outras cousi\u00f1as que vimos nesta viaxe.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A fin de semana pasada estivemos en Le\u00f3n e gustounos moito. Fomos facer turismo urbano o que, traducido a Le\u00f3n quere dicir: visitas culturais e tapeo. A cidade de Le\u00f3n foi, en inicio, un campamento [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[81,147],"tags":[],"class_list":["post-45","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-castela-gl","category-gastronomia-gl"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8v7Zj-J","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/45","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=45"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/45\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":51,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/45\/revisions\/51"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=45"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=45"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=45"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}