{"id":27,"date":"2017-02-02T12:13:47","date_gmt":"2017-02-02T12:13:47","guid":{"rendered":"http:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=27"},"modified":"2018-05-25T12:34:07","modified_gmt":"2018-05-25T12:34:07","slug":"a-igrexa-de-san-martino-pinario-en-compostela","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/?p=27&lang=gl","title":{"rendered":"A igrexa de San Marti\u00f1o Pinario, en Compostela"},"content":{"rendered":"<p>(Actualizado 15\/03\/2018)<\/p>\n<p>Fun de visita por primeira vez \u00e1 igrexa de San Marti\u00f1o Pinario hai algo m\u00e1is dun ano. Ti\u00f1a que redactar un pequeno traballo a aproveitei. A mi\u00f1a intenci\u00f3n, nes primeira ocasi\u00f3n, fora facer a visita guiada pero, daquela, s\u00f3 se fac\u00edan cando se xuntaba un grupo, e para a seguinte dix\u00e9ronme que ti\u00f1a que agardar unha semana ou d\u00faas, m\u00e1is ou menos: pero eu non dispo\u00f1\u00eda dese tempo.<\/p>\n<p>Xa que logo, lin unhas notas nun libro (<em>Gu\u00eda de arte de Galicia<\/em>, de Basilio Cegarra, editado por Galaxia) para non chegar de baleiro e fun por libre. A entrada d\u00e1 acceso \u00e1 igrexa e a algunhas dependencias contiguas que funcionan como museo. O mosteiro non se pode visitar.<\/p>\n<p>Ti\u00f1a tempo e percorr\u00edn a igrexa con calma. E, con calma, fascinoume.<\/p>\n<figure id=\"attachment_15\" aria-describedby=\"caption-attachment-15\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-fachada.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-fachada-300x238.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"238\" class=\"size-medium wp-image-15\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-fachada-300x238.jpg 300w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-fachada-768x609.jpg 768w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-fachada.jpg 1000w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-15\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; fachada<\/figcaption><\/figure>\n<p>Como notas iniciais, c\u00f3mpre dicir que a igrexa fai parte do mosteiro de San Marti\u00f1o Pinario que, en conxunto, \u00e9 o maior de Galicia e o segundo do Estado Espa\u00f1ol (despois do Escorial). Non est\u00e1n moi claras as s\u00faas orixes. Seguramente a primeira comunidade que o fundou era a que ti\u00f1a como igrexa a pequena capela da Corticela (hoxe integrada dentro da Catedral). Pero o grande desenvolvemento edilicio da comunidade chegou no s\u00e9culo XV, cando pasou a ser mosteiro bieito dependente do de Valladolid. <\/p>\n<p>As ordes relixiosas comezaron a adquirir grande poder\u00edo nesta \u00e9poca e fac\u00edan ostentaci\u00f3n dese poder nos seus edificios. Compostela era xa un centro relixioso de m\u00e1xima relevancia e todas as ordes quer\u00edan ter aqu\u00ed o seu escaparate. A de San Benito non \u00eda ser menos e por iso foi que levaron a cabo esta obra. Hab\u00edan ocupar o mosteiro at\u00e9 a desamortizaci\u00f3n de 1835. A partir dese ano o mosteiro tivo diversas funci\u00f3ns e, en 1868 foi adicado a Seminario Maior. Actualmente conserva ese uso e \u00e9, ademais, escola de Teolox\u00eda e Traballos Sociais da Universidade de Santiago de Compostela e mais hospedar\u00eda.<\/p>\n<p>Falemos, pois, da igrexa. Constru\u00eduse entre 1590 e 1642, a\u00ednda que a maior parte da obra xa estaba rematada nos primeiros anos do s\u00e9culo XVII. Os planos iniciais, moi detallados, son do arquitecto portugu\u00e9s Mateus Lopes (en toda a documentaci\u00f3n \u00e1 que puiden acceder o nome e o apelido aparecen castelanizados).<\/p>\n<p>Empecemos polo interior, que foi como o fixen: nada m\u00e1is entrar, queda bastante clara unha planta de cruz latina cunha nave en cada brazo con b\u00f3veda de can\u00f3n ornada con falsos caset\u00f3ns. O tramo da b\u00f3veda que queda na capela maior est\u00e1 decorado con pinturas de factura posterior.<\/p>\n<p>O brazo principal, entre a entrada e o cruceiro, ten tres capelas de cada lado. Na planta inicial hab\u00eda catro pero as primeiras, as que quedan debaixo do coro, ceg\u00e1ronse coa intenci\u00f3n de que funcionasen como base das torres da fachada principal. A comunicaci\u00f3n entre a nave central e as capelas \u00e9 a trav\u00e9s de arcos de medio punto e muros moi grosos. Unha vez atravesados eses arcos, hai unha especie de corredor que comunica as diferentes capelas. En realidade, o libro de Cegarra di que o brazo principal ten tres naves porque considera naves estes corredores. \u00c9 outra forma de velo.<\/p>\n<p>A c\u00fapula situada no cruceiro \u00e9 obra dun dos arquitectos que maior traza deixou na obra, ademais de Lopes: Bartolom\u00e9 Fern\u00e1ndez Lechuga. A\u00ednda que o profesor Vigo Trasancos afirma que a c\u00fapula xa estaba no proxecto inicial de Lopes e que Fern\u00e1ndez Lechuga s\u00f3 introduciu na factura algunhas modificaci\u00f3ns estil\u00edsticas. O que si \u00e9 obra \u00edntegra de Fern\u00e1ndez Lechuga \u00e9 o claustro procesional do mosteiro, que est\u00e1 na parte do edificio que s\u00f3 se pode visitar con gu\u00eda.<\/p>\n<p>Dete\u00f1\u00e1monos, pois, nas capelas do brazo maior. En orde, comezando pola esquerda e pola entrada, est\u00e1n adicadas a San Bernaldo, Santa Xertrude e o Cristo da Paciencia. Pola dereita, a Santa Catarina, Nosa Se\u00f1ora do Socorro e Santa Escol\u00e1stica.<\/p>\n<p>Para ilustrar a visita, cada unha das capelas, as\u00ed como cada recanto da igrexa e o museo, ten un cartel con informaci\u00f3n boa, suficientemente detallada para algu\u00e9n coma min, que te\u00f1o algunha idea destas cousas pero non son especialista en arte. A informaci\u00f3n est\u00e1 en galego, castel\u00e1n e ingl\u00e9s (nesa orde).<\/p>\n<p>A capela de San Bernaldo \u00e9 obra de Frei Pl\u00e1cido Cami\u00f1a. As de Santa Xertrude, o Cristo da Paciencia e Santa Escol\u00e1stica tam\u00e9n, a\u00ednda que realizadas coa colaboraci\u00f3n de Xos\u00e9 Ferreiro. A Frei Pl\u00e1cido Cami\u00f1a referireime m\u00e1is adiante. Xos\u00e9 Ferreiro \u00e9 un dos maiores escultores galegos do barroco, autor, entre outras obras, do frontispicio do Pazo de Raxoi, na veci\u00f1a Praza do Obradoiro. Nesta igrexa de San Marti\u00f1o at\u00f3panse d\u00faas das s\u00faas obras sobranceiras: a imaxe do Cristo da Paciencia e, sobre todo, a de Santa Escol\u00e1stica.<\/p>\n<figure id=\"attachment_32\" aria-describedby=\"caption-attachment-32\" style=\"width: 167px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/xos\u00e9-ferreiro-retabulo-de-santa-escolastica.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/xos\u00e9-ferreiro-retabulo-de-santa-escolastica.jpg\" alt=\"\" width=\"167\" height=\"250\" class=\"size-full wp-image-32\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-32\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; retablo de Santa Escol\u00e1stica &#8211; Xos\u00e9 Ferreiro<\/figcaption><\/figure>\n<p>A capela de Santa Catarina \u00e9 obra de Jos\u00e9 Gambino, mestre (e sogro) de Xos\u00e9 Ferreiro.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, a capela de Nosa Se\u00f1ora do Socorro \u00e9 de Fernando de Casas e Novoa a quen se lle deben, tam\u00e9n, os retablos dos cruceiros e do altar maior.<\/p>\n<p>Imos deternos nestes tres retablos. Todos os tres foron trazados por Casas. Este artista \u00e9 o maior arquitecto do barroco galego, autor dunha das obras m\u00e1is representativas do barroco universal: a fachada do Obradoiro da Catedral compostel\u00e1. Nesta igrexa de San Marti\u00f1o Pinario dese\u00f1ou, como xa dixemos, os seus tres grandes retablos (entre outras cousas). <\/p>\n<p>O do cruceiro esquerdo est\u00e1 adicado \u00e1 chamada Virxe Inglesa. Consta de dous corpos. No inferior, de tres r\u00faas separadas por columnas salom\u00f3nicas, as esculturas pertencen ao obradoiro de Romay, ag\u00e1s a da virxe que chegou probabelmente de Inglaterra cos cat\u00f3licos que fux\u00edan exiliados na \u00e9poca de Enrique VIII no s\u00e9culo XVI. A presenza desta talla no mosteiro de San Marti\u00f1o Pinario docum\u00e9ntase por primeira vez en 1607. O resto de figuras do retablo representan os diferentes membros da familia de Xes\u00fas: San Xos\u00e9 co neno, San Xo\u00e1n Bautista, San Xoaqu\u00edn e Santa Ana. Rematan as r\u00faas laterais as figuras de San Domingos de Guzm\u00e1n e Santo Ignacio de Loyola, santos fundadores de Dominicos e Xesu\u00edtas.<\/p>\n<figure id=\"attachment_21\" aria-describedby=\"caption-attachment-21\" style=\"width: 215px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-retablo-da-virxe-inglesa.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-retablo-da-virxe-inglesa-215x300.jpg\" alt=\"\" width=\"215\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-21\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-21\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; retablo da Virxe Inglesa de Fernando de Casas e Novoa<\/figcaption><\/figure>\n<p>O retablo do cruceiro dereito foi proxectado a un tempo co do cruceiro esquerdo e ten a mesma estrutura. Est\u00e1 adicado a San Bieito. Foi trazado por Fernando de Casas en 1742 e consta de tres corpos: o inferior, de tres r\u00faas separadas por columnas salom\u00f3nicas e o superior, dunha soa r\u00faa con fornela. Traballou nel Francisco de Casas como entallador e o labor escult\u00f3rico d\u00e9beselle tam\u00e9n ao obradoiro de Miguel de Romay. A figura central \u00e9 a de San Bieito cos seus atributos de autoridade e dignidade (o b\u00e1culo e a mitra), o do seu labor lexislativo (a Regra) e o do seu poder de realizar milagres (un corvo cun pan no peteiro). Na parte superior, un interesante altorrelevo amosa a \u00e9xtase do santo. As outras catro figuras dos laterais son San Pl\u00e1cido, San Mauro, San Anselmo e San Tom\u00e9 de Aquino. Santo Agosti\u00f1o e San Francisco rematan as r\u00faas laterais, este \u00faltimo leva o bast\u00f3n de peregrino e a cesta de peixe que ten na man representa o tributo que os franciscanos pagaban aos bieitos pola cesi\u00f3n dos terreos nos que se ergueu a veci\u00f1a igrexa e mosteiro de San Francisco.<\/p>\n<figure id=\"attachment_20\" aria-describedby=\"caption-attachment-20\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-retablo-de-san-bieito.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-retablo-de-san-bieito-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" class=\"size-medium wp-image-20\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-20\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; Retablo de San Bieito de Fernando de Casas e Novoa<\/figcaption><\/figure>\n<p>Pero a maior obra de Casas nesta igrexa \u00e9, sen d\u00fabida, o retablo do altar maior. Tr\u00e1tase dun dos cumios do barroco galego. Foi realizado entre 1730 e 1733 polo obradoiro de Miguel de Romay. As esculturas son do obradoiro de Benito Silveira. Era en orixe un retablo exento, ao estilo do da bas\u00edlica de San Pedro, no Vaticano, pero foi unido posteriormente  (aredor de 1760) \u00e1s paredes laterais cunha estrutura de portas, arcos e imaxes obra de Jos\u00e9 Gambino.<\/p>\n<figure id=\"attachment_22\" aria-describedby=\"caption-attachment-22\" style=\"width: 208px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-altar-maior.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-altar-maior-208x300.jpg\" alt=\"\" width=\"208\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-22\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-altar-maior-208x300.jpg 208w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/fernando-de-casas-altar-maior.jpg 277w\" sizes=\"auto, (max-width: 208px) 85vw, 208px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-22\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; Altar maior de Fernando de Casas e Novoa<\/figcaption><\/figure>\n<p>A situaci\u00f3n deste retablo, na embocadura da capela maior, obrigou a Casas a dese\u00f1alo con d\u00faas caras: a que d\u00e1 \u00e1 nave central da igrexa e ao p\u00fablico e unha segunda que \u00e9 a que d\u00e1 ao cadeirado do coro. A iconograf\u00eda de ambas as caras do retablo son diferentes e complementarias. Do lado da igrexa, un escudo de Espa\u00f1a e, no centro, a Asunci\u00f3n e Coroaci\u00f3n da Virxe pola Sant\u00edsima Trindade. Acomp\u00e1\u00f1ana as imaxes de San Pedro e San Paulo. Nos laterais, Santiago e San Mill\u00e1n, aparec\u00e9ndose na batalla de Simancas. No templete da parte superior, a apoteose de San Marti\u00f1o e unha versi\u00f3n da escena do mendigo e a capa da que falarei m\u00e1is adiante ao referirme \u00e1 fachada.<\/p>\n<p>Na outra cara, o escudo da orde, San Bernardo, San Gregorio Magno, San Xos\u00e9 e o neno Xes\u00fas. Cito a gu\u00eda da igrexa: &#8220;Con esta obra compostel\u00e1 Casas Novoa leva a evoluci\u00f3n do retablo barroco galego ata l\u00edmites impensables. Por unha parte transcende a tradici\u00f3n de Domingo de Andrade, profundando na idea da mobilidade da planta, do xogo de volumes e ocos e desmaterializando a impresionante masa piramidal do remate, levantada sobre unha complexa estrutura arquitect\u00f3nica composta por din\u00e1micas columnas salom\u00f3nicas, quebrados entablamentos e ornamentadas pilastras, gracias \u00e1s valoraci\u00f3ns dos xogos lum\u00ednicos que se producen na cabeceira e no cruceiro da igrexa.&#8221;<\/p>\n<p>Dete\u00f1\u00e1monos agora no cadeirado do coro. \u00c9 unha obra moi relevante de ebanister\u00eda barroca, realizada por Mateo de Prado entre 1639 e 1647. Est\u00e1 inspirado no da Catedral e composto de d\u00faas ordes de asentos. Os relevos da parte inferior narran escenas da vida da Virxe e os da parte superior son imaxes de santos. O gardap\u00f3 \u00e9 unha serie adicada \u00e1 vida e milagres de San Bieito.<\/p>\n<p>Pasemos agora a describir algunhas das dependencias anexas \u00e1 igrexa. As que podemos visitar son catro: a statio, a theca, a sancrist\u00eda e a imprenta. <\/p>\n<figure id=\"attachment_34\" aria-describedby=\"caption-attachment-34\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/plano-estancias-anexas.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/plano-estancias-anexas-300x169.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"169\" class=\"size-medium wp-image-34\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/plano-estancias-anexas-300x169.jpg 300w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/plano-estancias-anexas.jpg 400w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-34\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; plano de estancias anexas<\/figcaption><\/figure>\n<p>A statio, constru\u00edda no s\u00e9culo XVII, alberga algunhas pezas relevantes como unhas portas pintadas por Manuel Landeira Bola\u00f1o ou varios anxos, obra de Xos\u00e9 Ferreiro.<\/p>\n<p><figure id=\"attachment_35\" aria-describedby=\"caption-attachment-35\" style=\"width: 183px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/manuel-landeira-portas.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/manuel-landeira-portas-183x300.jpg\" alt=\"\" width=\"183\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-35\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-35\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; portas de Manuel Landeira no museo<\/figcaption><\/figure><br \/>\n<figure id=\"attachment_36\" aria-describedby=\"caption-attachment-36\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/xose-ferreiro-anxos.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/xose-ferreiro-anxos-300x200.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"200\" class=\"size-medium wp-image-36\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-36\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; anxos de Xos\u00e9 Ferreiro no museo<\/figcaption><\/figure><\/p>\n<p>A sancrist\u00eda \u00e9 unha interesante obra de Frei Gabriel de Casas e Fernando de Casas e Novoa realizada entre finais do XVII e comezos do XVIII. De cruz grega con pilastras toscanas que soportan unha c\u00fapula ornada con caset\u00f3ns, cont\u00e9n unha relevante obra de Xos\u00e9 Ferreiro: o monumento ao Xoves Santo, composto por trinta e tres esculturas.<\/p>\n<figure id=\"attachment_37\" aria-describedby=\"caption-attachment-37\" style=\"width: 200px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/sancristia.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/sancristia-200x300.jpg\" alt=\"\" width=\"200\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-37\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-37\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; sancrist\u00eda<\/figcaption><\/figure>\n<p>Na theca exp\u00f3\u00f1ense diversos elementos de antigas f\u00e1bricas da igrexa: capiteis, columni\u00f1as, algunha escultura p\u00e9trea.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, hei determe na imprenta xa que alberga unha exposici\u00f3n que me fascinou: pezas de gravado e obras realizadas pola chamada Imprenta do Seminario Conciliar: unha imprenta establecida aqu\u00ed a mediados do XIX por iniciativa do Cardeal Miguel Pay\u00e1 e que realizou unha interesante obra da que aqu\u00ed podemos ver unha mostra.<\/p>\n<p><figure id=\"attachment_38\" aria-describedby=\"caption-attachment-38\" style=\"width: 171px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/imprenta_2.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/imprenta_2-171x300.jpg\" alt=\"\" width=\"171\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-38\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-38\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; imprenta<\/figcaption><\/figure> <figure id=\"attachment_39\" aria-describedby=\"caption-attachment-39\" style=\"width: 200px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/imprenta_1.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/imprenta_1-200x300.jpg\" alt=\"\" width=\"200\" height=\"300\" class=\"size-medium wp-image-39\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-39\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; imprenta<\/figcaption><\/figure><\/p>\n<p>Antes de sa\u00edr do templo e falar da fachada, c\u00f3mpre indicar que, nas estancias superiores, pode visitarse un museo que cont\u00e9n diversas obras de arte, sobre todo pintura, unha mostra de taxidermia e clasificaci\u00f3ns bot\u00e1nicas que son testemu\u00f1o da actividade cient\u00edfica que se desenvolveu neste e noutros mosteiros. Pero o que m\u00e1is interesa aqu\u00ed \u00e9 realizar unha visita \u00e1 reconstruci\u00f3n do coro l\u00edgneo da Catedral. <\/p>\n<p>Este coro, obra relevante do manierismo espa\u00f1ol de Juan Davila e Gregorio Espa\u00f1ol, foi encargado a comezos do XVII polo bispo San Clemente para substitu\u00edr o coro p\u00e9treo do Mestre Mateo (a reconstruci\u00f3n deste coro p\u00e9treo pode visitarse no Museo da Catedral). O coro l\u00edgneo foi retirado da Catedral a mediados do s\u00e9culo XX e San Marti\u00f1o Pinario foi o seu primeiro destino. Pero, por motivos que desco\u00f1ezo, en 1973 sofre un segundo traslado ao mosteiro de Sobrado dos Monxes. Al\u00ed, ademais de realizarse unha montaxe desordenada e gravosa para o estado xeral da obra, permaneceu en estado de case abandono durante alg\u00fans anos. Finalmente emprendeuse un interesante traballo de recuperaci\u00f3n que permitiu volver localizalo no seu emprazamento actual, restaurado e recuperando a s\u00faa organizaci\u00f3n primitiva. Est\u00e1 instalado no coro alto de San Marti\u00f1o e conta, ademais, cunha exposici\u00f3n na que se d\u00e1 abondosa informaci\u00f3n sobre a obra, a s\u00faa historia e o proceso de restauraci\u00f3n.<\/p>\n<p>Vou sa\u00edr, finalmente, ao exterior do templo e contar as \u00faltimas historias que fun sabendo del.<\/p>\n<p>Como xa comentei, o arquitecto Mateus Lopes entregou \u00e1 congregaci\u00f3n bieita uns planos de grande detalle e \u00e9 s\u00faa a responsabilidade da construci\u00f3n do templo durante os primeiros anos. Pero en 1601 (cando xa levaba traballando aqu\u00ed uns once anos) marchou a Portugal, posibelmente por raz\u00f3ns de sa\u00fade e xa nunca regresou, falecendo no seu pa\u00eds de orixe en 1609. Pero deixou a obra nun estado avanzado de construci\u00f3n.<\/p>\n<p>Xa na s\u00faa ausencia, en 1603, o abade encarga ao mestre maior da Catedral unha revisi\u00f3n dos planos. Ocupaba o cargo na catedral o arquitecto e construtor Gin\u00e9s Mart\u00ednez quen prop\u00f3n alg\u00fans axustes de proporci\u00f3ns que se executan s\u00f3 na parte da f\u00e1brica que estaba sen rematar: o cruceiro e a capela maior. Tr\u00e1tase fundamentalmente de axeitar as proporci\u00f3ns da obra ao canon cl\u00e1sico imperante. <\/p>\n<p>Como digo, non son un especialista en arte nin en arquitectura pero, segundo consegu\u00edn entender dun par de artigos que lin ao respecto (sobre o arquitecto e esta obra, do profesor Alfredo Vigo Trasancos), a pretensi\u00f3n dos monxes de contar cun mosteiro impo\u00f1ente traduciuna Lopes nunha sorte de esaxeraci\u00f3n das dimensi\u00f3ns que transgred\u00eda as proporci\u00f3ns que o barroco entender\u00eda como correctas. Estas desproporci\u00f3ns poden apreciarse na f\u00e1brica actual da nave principal e os especialistas desc\u00f3brenas corrixidas no cruceiro e na capela maior.<\/p>\n<p>Se Lopes deixou a fachada rematada ou non \u00e9 tam\u00e9n materia de discusi\u00f3n. Vigo Trasancos atrib\u00fae a Lopes a maior parte da fachada e aos seus continuadores s\u00f3 alg\u00fans elementos decorativos. Outras teor\u00edas, citadas polo mesmo autor, outorgan maior importancia \u00e1 pegada dos sucesores.<\/p>\n<p>O caso \u00e9 que a fachada da igrexa est\u00e1 organizada en tres r\u00faas e a central est\u00e1 ocupada por un retablo p\u00e9treo de estilo plateresco que recorda moito \u00e1 fachada de Santa Mar\u00eda Maior, en Pontevedra, obra que Lopes deb\u00eda co\u00f1ecer ben. O plateresco (tam\u00e9n chamado proto-renacemento) era xa algo arcaizante na \u00e9poca da construci\u00f3n desta igrexa pero, neste caso, at\u00f3panse xa alg\u00fans signos de incipiente manierismo italiano. <\/p>\n<p>No front\u00f3n podemos ver a ic\u00f3nica escena na que San Marti\u00f1o d\u00e1 a un pobre a metade da s\u00faa capa. Tal como comentei anteriormente, esta escena reprod\u00facese no altar maior de Casas e Novoa. Conta a lenda que, sendo San Marti\u00f1o a\u00ednda un militar, nas portas da cidade de Amiens, un mendigo esfarrapado pediulle esmola e el, que non ti\u00f1a di\u00f1eiro que darlle, partiu a s\u00faa capa en dous e deulle unha metade (a outra conservouna porque non era s\u00faa sen\u00f3n que era propiedade do ex\u00e9rcito romano). Remata a lenda contando que, na noite seguinte, Cristo apareceuse ao santo vestido s\u00f3 con media capa.<\/p>\n<p>As tres r\u00faas da fachada est\u00e1n separadas por pilastras decoradas con &#8220;almofadado&#8221;: eses relevos con forma de almofada, dispostos como se se tratase de ladrillos ao longo das pilastras.<\/p>\n<p>Un dos elementos m\u00e1is rechamantes, cando nos achegamos \u00e1 igrexa de San Marti\u00f1o Pinario, son as escaleiras de c\u00edrculos conc\u00e9ntricos que permiten salvar o desnivel entre a r\u00faa e a porta do templo. <\/p>\n<figure id=\"attachment_16\" aria-describedby=\"caption-attachment-16\" style=\"width: 300px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-escaleiras-exteriores.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-escaleiras-exteriores-300x230.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"230\" class=\"size-medium wp-image-16\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-escaleiras-exteriores-300x230.jpg 300w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/san-marti\u00f1o-pinario-escaleiras-exteriores.jpg 400w\" sizes=\"auto, (max-width: 300px) 85vw, 300px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-16\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; escaleiras exteriores<\/figcaption><\/figure>\n<p>Non estaban no dese\u00f1o inicial da igrexa, sen\u00f3n que os fixo Frei Pl\u00e1cido Cami\u00f1a entre 1770 e 1773. A obra requiriu que se rebaixase o nivel da praza situada diante da igrexa. A parte superior da antiga porta reconverteuse na claraboia semicircular que a\u00ednda se pode ver encima da porta actual. <\/p>\n<figure id=\"attachment_41\" aria-describedby=\"caption-attachment-41\" style=\"width: 200px\" class=\"wp-caption alignnone\"><a href=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/portas.jpg\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/portas.jpg\" alt=\"\" width=\"200\" height=\"199\" class=\"size-full wp-image-41\" srcset=\"https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/portas.jpg 200w, https:\/\/luagris.net\/turismo\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/portas-150x150.jpg 150w\" sizes=\"auto, (max-width: 200px) 85vw, 200px\" \/><\/a><figcaption id=\"caption-attachment-41\" class=\"wp-caption-text\">San Marti\u00f1o Pinario &#8211; Santiago de Compostela &#8211; portas<\/figcaption><\/figure>\n<p>Antes da reforma, o desnivel entre a praza e o interior do templo salv\u00e1base cunhas escaleiras interiores, probablemente de madeira, das que s\u00f3 quedan referencias literarias:<\/p>\n<p>&#8220;Partieron desde aqu\u00ed a la magn\u00edfica anchurosa Iglesia del convento (de San Marti\u00f1o Pinario), bajando por la admirable escalera, sobre la qual se registra aquella Tribuna de piedra, pendiente del ayre, y arrancada de la admiraci\u00f3n&#8230;&#8221;.<\/p>\n<p>O fragmento pertence \u00e1 obra <em>Theatro Moral y Pol\u00edtico de la Noble Academia Compostelana<\/em> (1731), citado por Alfredo Vigo Trasancos nun dos artigos aos que me refer\u00edn antes.<\/p>\n<p>Outras d\u00faas obras de certo impacto houberon de realizarse na fachada, ambas da autor\u00eda de Jos\u00e9 de la Pe\u00f1a de Toro: as vent\u00e1s que se abren nas r\u00faas laterais e as torres. Ambos os proxectos foron realizados a mediados do XVII, cando a igrexa xa estaba inaugurada. As torres comezaron a constru\u00edrse pero, como no proxecto orixinal quedaban a maior altura que as da Catedral, o Cabido imp\u00faxose e impediu o remate das obras. Quedaron, pois, constru\u00eddas, s\u00f3 at\u00e9 a altura do front\u00f3n da fachada, d\u00e1ndolle \u00e1 igrexa ese aspecto orixinal que actualmente ten.<\/p>\n<p>A igrexa pode visitarse durante case todo o ano. Non abre todos os d\u00edas pero si a maior parte deles (o calendario var\u00eda segundo a \u00e9poca). Pode visitarse libremente ou realizarse unha visita guiada que permitir\u00e1 co\u00f1ecer tam\u00e9n algunhas dependencias que de forma libre non se poden visitar (como, segundo comentei, o claustro procesional).<\/p>\n<p>Un edificio de grande relevancia en todo sentido, non tan co\u00f1ecido como deber\u00eda.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>(Actualizado 15\/03\/2018) Fun de visita por primeira vez \u00e1 igrexa de San Marti\u00f1o Pinario hai algo m\u00e1is dun ano. Ti\u00f1a que redactar un pequeno traballo a aproveitei. A mi\u00f1a intenci\u00f3n, nes primeira ocasi\u00f3n, fora facer [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"jetpack_post_was_ever_published":false,"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":""},"categories":[111,149,151],"tags":[153,155,157,159,161,163,165,167,169,171,173,175,177,179],"class_list":["post-27","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-arquitectura-gl","category-barroco-gl","category-santiago-de-compostela-gl","tag-bartolome-fernandez-lechuga-gl","tag-benito-silveira-gl","tag-coro-ligneo-da-catedral-de-santiago-gl","tag-fernando-de-casas-e-novoa-gl","tag-frei-placido-camina-gl","tag-gregorio-espanol-gl","tag-jose-de-la-pena-de-toro-gl","tag-jose-gambino-gl","tag-juan-davila-gl","tag-mateo-lopez-gl","tag-mateus-lopes-gl","tag-miguel-de-romay-gl","tag-san-martino-pinario-gl","tag-xose-ferreiro-gl"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8v7Zj-r","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/27","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=27"}],"version-history":[{"count":15,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/27\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":122,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/27\/revisions\/122"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=27"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=27"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/turismo\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=27"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}