{"id":301,"date":"2017-01-18T09:47:02","date_gmt":"2017-01-18T09:47:02","guid":{"rendered":"http:\/\/luagris.net\/obradoiros\/?p=301"},"modified":"2017-01-18T09:51:10","modified_gmt":"2017-01-18T09:51:10","slug":"un-obradoiro-por-que-para-que","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/?p=301","title":{"rendered":"Un obradoiro? Por que? Para que?"},"content":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas estaba a preguntarme que \u00e9 o que pode mover a unha persoa a apuntarse a un obradoiro de escrita. E atopei dous escenarios: no primeiro hai unha persoa que leva un tempo (maior ou menor) escribindo poemas ou relatos e no segundo hai unha persoa \u00e1 que lle gustar\u00eda moito facelo.<br \/>\nPo\u00f1\u00e1monos no primeiro. Imaxina que escribes poes\u00eda. Non, xa sei que ti non escribes poes\u00eda. Pero fai un exercicio de imaxinaci\u00f3n. Escribes \u00e1s veces, ou case todos os d\u00edas, ou por impulsos e o que fas g\u00e1rdalo nun caix\u00f3n ou, se acaso, d\u00e1sllo a ler a algunha persoa amiga (unha moi moi amiga). Pero non te atreves a amosarllo a ningu\u00e9n m\u00e1is, son cousas moi persoais, dis, d\u00e1che pudor. Ou pensas que o que fas \u00e9 mal\u00edsimo, a quen pode interesarlle?<br \/>\nTodos pasamos por esa inseguridade. E est\u00e1 ben, porque reflicte un esp\u00edrito cr\u00edtico sen o que \u00e9 imposible acadar un resultado de calidade en ningunha disciplina. Pero est\u00e1 ben sempre que non paralice, sempre que non nos impida seguir avanzando.<br \/>\nO problema \u00e9 que non sempre temos \u00e1 man a persoa indicada \u00e1 que amosarlle o que facemos. Esa que pode axudarnos a saber se o texto est\u00e1 ben ou como mellorar? Os amigos te\u00f1en a virtude de que son amigos e o defecto de que son amigos. Sempre (case sempre) estar\u00e1n dispostos a ler o que lles pasamos pero tender\u00e1n a dicirnos que est\u00e1 moi ben, que lles gusta moito, que lles parece moi bonito.<br \/>\nOs amigos (ag\u00e1s excepci\u00f3ns) non son cr\u00edticos literarios. No mellor dos casos ser\u00e1n m\u00e1is ou menos bos lectores. Pero ti o que necesitas \u00e9 algu\u00e9n que esprema o texto, que lle saque todo o zume posible, que che diga o que pensa dun xeito construtivo pero, tam\u00e9n, sincero.<br \/>\nPo\u00f1\u00e1monos no segundo escenario. Sempre fuches unha persoa lectora e sempre che deron envexa as que son capaces de po\u00f1er nun papel dun xeito literario o que pensan, o que imaxinan. Gustar\u00edache escribir pero non sabes como empezar. Ou tentaches empezar moitas veces e quedaches nas primeiras frases, nos primeiros versos, e non sabes como seguir.<br \/>\nQue \u00e9 un obradoiro de escrita? Para empezar, \u00e9 unha reuni\u00f3n peri\u00f3dica de xentes como estas que ve\u00f1o de describir. Hainas que escriben relatos pero nin se lles pasar\u00eda pola cabeza escribir poes\u00eda porque a poes\u00eda non lles gusta. Hainas que escriben poemas e ag\u00f3chanos porque, de amosarllos a algu\u00e9n parar\u00edan o tr\u00e1fico de tan vermellas que se po\u00f1er\u00edan. Hai a que quere escribir pero non sabe por onde empezar. Hai a que mesmo conseguiu colar alg\u00fan poema nunha revista literaria ou levou un premio no instituto o d\u00eda das Letras ou, \u00e9xito total, pagou do seu peto a edici\u00f3n do seu primeiro libro, que agasallou \u00e1 familia e do que a\u00ednda lle quedan uns cantos exemplares no faiado.<br \/>\nUn grupo m\u00e1is ou menos heterox\u00e9neo de xentes as\u00ed x\u00fantase nunha sala, unha vez \u00e1 semana e quen fan? Len: len o que fan os outros, as outras, e tentan po\u00f1er en palabras o efecto que esa lectura lles produce. E xustificalo. De partida, un obradoiro \u00e9 un espazo onde podes atopar todas as semanas cousas que ler de persoas coma ti. E, ademais, podes opinar sobre o que les porque hai xente interesada en comentar esas lecturas. E (probabelmente o m\u00e1is importante, porque \u00e9 o m\u00e1is dif\u00edcil de atopar e, no fondo, \u00e9 todo un luxo) un obradoiro \u00e9 un espazo onde hai un grupo de xente que est\u00e1 interesada en ler o que ti escribes e darche a s\u00faa opini\u00f3n sincera e construtiva para axudarche a mellorar.<br \/>\nE cal \u00e9 o papel do coordinador do obradoiro (o meu papel), logo: eu po\u00f1o as regras do xogo. Porque este xogo ten unhas regras que fan que o funcionamento sexa m\u00e1is efectivo. E propicio a discusi\u00f3n, dando pistas sobre como empezar a falar dun texto. Chamo a atenci\u00f3n sobre un matiz dun comentario de algu\u00e9n porque atopo un elemento interesante e ori\u00e9ntoo para dar unha explicaci\u00f3n m\u00e1is t\u00e9cnica e que poida servir en xeral para os demais. Ou, chegado o caso, explico ese problema que atopo nun texto e que a todo o mundo lle molesta e non sabe por que.<br \/>\nSe pensas que o m\u00e1is dif\u00edcil, ao acudir a un obradoiro, \u00e9 levar os teus textos para que os demais os lean, est\u00e1s nun erro. O m\u00e1is dif\u00edcil \u00e9, cando les os textos dos demais, saber como facer un comentario construtivo. Saber como atopar o celme do texto, iso que fai que o texto che guste (ou non). O meu papel \u00e9 amosar os cami\u00f1os para entender un texto e comentalo. E esas ferramentas (xunto cos comentarios que o resto de participantes do obradoiro far\u00e1n sobre os teus traballos) son as que che van servir para entender como funciona, que \u00e9 o que fai que fracase ou te\u00f1a \u00e9xito.<br \/>\nAlgo as\u00ed.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/luagris.net\/obradoiros\/?page_id=66\">Aqu\u00ed<\/a> tes informaci\u00f3n sobre os obradoiros que comezar\u00e1n proximamente. E <a href=\"http:\/\/luagris.net\/obradoiros\/?page_id=63\">aqu\u00ed<\/a> podes ver os que est\u00e1n en curso que, en xeral, sempre admiten incorporaci\u00f3ns no cami\u00f1o.<br \/>\n<a href=\"http:\/\/luagris.net\/obradoiros\/?page_id=54\">Nestoutra p\u00e1xina<\/a> hai informaci\u00f3n sobre en xeral sobre os obradoiros que damos e <a href=\"http:\/\/luagris.net\/obradoiros\/?page_id=72\">aqu\u00ed<\/a> sobre a nosa experiencia previa no asunto e, se tes algunha cousa que preguntar, podes facelo por mail a correo [arroba] luagris [punto] net.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Estes d\u00edas estaba a preguntarme que \u00e9 o que pode mover a unha persoa a apuntarse a un obradoiro de&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":true,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_post_was_ever_published":false},"categories":[2],"tags":[],"class_list":["post-301","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-informacion"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p8hfay-4R","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/301","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=301"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/301\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":305,"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/301\/revisions\/305"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=301"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=301"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/obradoiros\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=301"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}