{"id":65,"date":"2015-05-28T10:39:08","date_gmt":"2015-05-28T08:39:08","guid":{"rendered":"http:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/?p=65"},"modified":"2015-05-28T10:39:08","modified_gmt":"2015-05-28T08:39:08","slug":"facer-lugares-con-palabras","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/?p=65","title":{"rendered":"Facer lugares con palabras"},"content":{"rendered":"<p>Po\u00f1erlle nome a algo \u00e9 un acto creativo, xerador de realidade. A ling\u00fc\u00edstica fala do valor performativo como capacidade da linguaxe humana para instaurar realidades, para crear o que nomea. Dic\u00eda J. L. Austin \u2013a quen parafraseo no t\u00edtulo- que un enunciado performativo non se limita a describir un feito,\u00a0 que ao expresalo\u00a0\u201creal\u00edzao\u201d. Pero o poder da linguaxe pode ir a\u00ednda m\u00e1is al\u00e1 xa que a s\u00faa forza performativa \u00e9 quen\u00a0de imporse sobre a nosa percepci\u00f3n da realidade, ten a capacidade de actuar sobre ela para crear conceptos, e tam\u00e9n para definir, identificar, especificar e controlar\u2026. Explicado doutro xeito: hai una funci\u00f3n instrumental da linguaxe (comunicar, transmitir, realidades) pero que inevitablemente afecta (porque delimita, acouta, modela\u2026) esas realidades. O signo ling\u00fc\u00edstico iserido en contexto adquire significado social, e ese significado social constr\u00fae sociedade.<\/p>\n<p>Po\u00f1er nome \u00e9 tam\u00e9n un acto m\u00e1xico. Un acto no que confl\u00faen o acerto na elecci\u00f3n e o rito da imposici\u00f3n, ambos garantir\u00e1n o \u00e9xito do nomeamento, a perduraci\u00f3n da identificaci\u00f3n entre o nome e o nomeado.<\/p>\n<p>Po\u00f1er nome \u00e9, finalmente, unha forma humilde de sermos \u201cDeus\u201d, unha modesta aportaci\u00f3n \u00e1 Creaci\u00f3n. Bautizar un fillo (escollerlle o nome) probablemente sexa o acto m\u00e1is duradeiro e transcendente que faremos nunca. Cunqueiro dic\u00eda que o poema \u00e9 a parte que eu te\u00f1o na Creaci\u00f3n, m\u00e1is modestamente nomear algo \u00e9 a parte que se ten na totalidade de ese algo, pero v\u00e9n sendo o mesmo que un poema: capturar unha esencia e retratar mediante a palabra.<\/p>\n<p>Po\u00f1er nome a un lugar \u00e9 polo tanto un acto po\u00e9tico, necesariamente po\u00e9tico, e neste caso moi semellante \u00e1 l\u00edrica popular (ou aos contos tradicionais): algu\u00e9n o crea (algu\u00e9n lle chama dunha maneira a un lugar por primeira vez), pero ese nome perdurar\u00e1 ou non segundo a aceptaci\u00f3n que te\u00f1a nos \u201cusuarios\u201d, que repetir\u00e1n, variar\u00e1n, derivar\u00e1n, cambiar\u00e1n, adaptar\u00e1n foneticamente aos usos de cada tempo\u2026 e teremos ao cabo un top\u00f3nimo \u201cfundado\u201d por algu\u00e9n pero constru\u00eddo pola colectividade humana que ao longo do tempo o usou. Como unha cantiga ou un conto popular. Para que un top\u00f3nimo perdure o seu creador tivo que ter bo ollo, tivo que ser capaz de acertar con el, tivo que ter, ao cabo, cerne de poeta para que ese top\u00f3nimo traspasase os tempos e recalase en n\u00f3s.<\/p>\n<p>Un top\u00f3nimo \u00e9 retrato dun lugar, pero \u00e9 tam\u00e9n (e quizais sobre todo) retrato de quen o creou. Na maneira en que bautizamos os nosos lugares retr\u00e1tase o que somos como pobo. Na diversidade e pluralidade da realidade f\u00edsica que nos rodea nomeamos o que vemos, o que identificamos ou singularizamos, o resto non. Ao que non ten entidade ou significado para n\u00f3s nunca lle poderemos po\u00f1er nome. O que existe para n\u00f3s ten que telo, \u00e9 parte da s\u00faa existencia o feito de termos capacidade de nomealo. Desde a perspectiva das ciencias e do co\u00f1ecemento cient\u00edfico os top\u00f3nimos son fonte para a xeograf\u00eda, a xeolox\u00eda, a ling\u00fc\u00edstica, a historia\u2026 pero tam\u00e9n a etnograf\u00eda e a antropolox\u00eda. Desde a perspectiva das artes, cadrando o c\u00edrculo creativo (instrumental-m\u00e1xico-performativo), aqu\u00ed son fonte e materia po\u00e9tica.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Po\u00f1erlle nome a algo \u00e9 un acto creativo, xerador de realidade. A ling\u00fc\u00edstica fala do valor performativo como capacidade da linguaxe humana para instaurar realidades, para crear o que nomea. Dic\u00eda J. L. Austin \u2013a quen parafraseo no t\u00edtulo- que un enunciado performativo non se limita a describir un feito,\u00a0 que ao expresalo\u00a0\u201creal\u00edzao\u201d. Pero o [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_jetpack_newsletter_access":"","_jetpack_dont_email_post_to_subs":false,"_jetpack_newsletter_tier_id":0,"_jetpack_memberships_contains_paywalled_content":false,"_jetpack_memberships_contains_paid_content":false,"footnotes":"","jetpack_post_was_ever_published":false},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-65","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-uncategorized"],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p62ZcG-13","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/65","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=65"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/65\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":81,"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/65\/revisions\/81"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=65"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=65"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/nomesdelugar\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=65"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}