{"id":76,"date":"2014-03-24T08:40:24","date_gmt":"2014-03-24T08:40:24","guid":{"rendered":"http:\/\/debaleas.blogaliza.org\/?page_id=76"},"modified":"2015-12-30T15:04:17","modified_gmt":"2015-12-30T15:04:17","slug":"o-autor","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/?page_id=76","title":{"rendered":""},"content":{"rendered":"<p>ch\u00e1mome eduardo est\u00e9vez. nac\u00edn en buenos aires en 1969 e non, non son fillo de galegos. s\u00f3 neto dun -como di meu pai- se\u00f1orito coru\u00f1\u00e9s que tivo que deixar os estudos de medicina en compostela para emigrar a arxentina hai m\u00e1is ou menos un s\u00e9culo.<br \/>\narxentino, pois, de pais arxentinos. crieime en buenos aires e con case vinte\u00fan anos marchei.<br \/>\ntras un paso de catro anos por caracas, a comezos de 1995 instaleime en galiza e aqu\u00ed sigo.<br \/>\nen buenos aires comecei a escribir como parte da mi\u00f1a participaci\u00f3n nun obradoiro literario que coordinaba o escritor e xornalista <a href=\"http:\/\/blogsdelagente.com\/daniel-arias-ciencia-y-fierros\/\">daniel arias<\/a>. al\u00ed naceu a literatura.<br \/>\nen caracas, outro obradoiro literario, coordinado polo poeta <a href=\"http:\/\/laliebrelibre.com.ve\/guarimba\/\">harry almela<\/a>, aprendeume a valorar outros ingredientes. al\u00ed naceu o escritor.<br \/>\nxa en galiza, penso que deb\u00edn vivir en m\u00e1is concellos diferentes do que a maior\u00eda dos nativos. detesto as mudanzas. sempre digo que esta vai ser a derradeira pero nunca pasa de \u00faltima.<br \/>\nao chegar, estiven algo menos dun ano en compostela (no barrio de santasmari\u00f1as), despois viv\u00edn uns anos en framil, unha aldea do concello de ames. a continuaci\u00f3n, da aldea \u00e1 metr\u00f3pole amiense: un ano en bertamir\u00e1ns. de al\u00ed pasei a vivir unha tempada outra vez en compostela (no barrio das fonti\u00f1as) e de volta a bertamir\u00e1ns e xa estamos en 2005.<br \/>\npero en 2006 marchei \u00e1 rep\u00fablica da coru\u00f1a onde viv\u00edn, no castro de elvi\u00f1a, at\u00e9 2010. al\u00ed naceu, en 2007, o meu fillo -voltas da vida: outro coru\u00f1\u00e9s, non tan se\u00f1orito-. en 2010 trasladeime por unha tempada breve pero intensa a betanzos. e a comezos de 2011 volv\u00edn a bertamir\u00e1ns nun paso fugaz antes de instalarme outra vez en compostela, no ensanche. agora as voltas da vida lev\u00e1ronme a outes onde te\u00f1o unha fiestra con larga paisaxe.<br \/>\ngustar\u00edame situar a traxectoria literaria en todos estes sitios pero non sei se poderei darlle a precisi\u00f3n necesaria. si te\u00f1o algunhas imaxes claras:<br \/>\nos poemas d&#8217;<em>os veos da paisaxe<\/em>, cando menos os primeiros, escribinos en santasmari\u00f1as (a foto \u00e9 da mesa do escritorio, un ordenador que arrancaba con disquetes e a fiestra cara ao val do sar, coas torres da catedral ao fondo)<br \/>\ntam\u00e9n al\u00ed deille forma a <em>s\u00f3 paxaros sa\u00edron desta boca<\/em><br \/>\npenso que <em>l\u00faa gris<\/em> tam\u00e9n viu luz neses primeiros intens\u00edsimos meses en compostela (alg\u00fans poemas de <em>l\u00faa gris<\/em> escribinos nunha viaxe a portugal, hai unha foto dunha terraza dun caf\u00e9 en nazar\u00e9 e outra pola fiestra dunha pensi\u00f3n que daba aos tellados vermellos do porto)<br \/>\no <em>caderno ap\u00f3crifo da pequena defunta<\/em> (e <em>postais<\/em> e os <em>mapas para describir a ausencia<\/em>) son de framil (moitos dos do <em>caderno<\/em> escribinos no bus que me levaba a diario de framil a compostela, a vent\u00e1 que est\u00e1 detr\u00e1s dos <em>mapas<\/em> daba a unha horta con grelos, froiteiras e kiwis, o ordenador ti\u00f1a de disco duro o 0,1% do que o ten de ram o meu m\u00f3bil de hoxe)<br \/>\n<em>derrotas<\/em> ten o ceo dunha velux no barrio das fonti\u00f1as<br \/>\n<em>construci\u00f3ns<\/em> empecei a escribilo nunha viaxe a buenos aires (un dos poemas que m\u00e1is leo nos recitais ocorr\u00e9useme indo nun colectivo da li\u00f1a 41 e escribino ao chegar desde a fiestra do piso no que viv\u00edn toda a infancia e mais a adolescencia, onde o l\u00edmite do horizonte \u00e9 a nosa capacidade de visi\u00f3n). a maior parte do proceso de escrita f\u00edxose en bertamir\u00e1ns e os \u00faltimos poemas e mais a correcci\u00f3n foron xa na coru\u00f1a<br \/>\na forma final deilla nunha semana de traballo intenso -a \u00fanica vez na mi\u00f1a vida que puiden escaparme de todo unha semana para escribir- en corme (pola fiestra da casa, unha r\u00faa con gatos e unha imaxe da cristaleira dun bar que mira ao porto)<br \/>\n<em>r\u00faa da cancela<\/em> est\u00e1 escrito, claro, na coru\u00f1a. a imaxe \u00e9 unha sala sen fiestras no pol\u00edgono da grela e, mesmo as\u00ed, o libro brilla<br \/>\no primeiro poema deste &#8220;de baleas&#8221; escribino en betanzos (os fogos artificiais son os que acompa\u00f1aban os caneiros e o globo dese ano)<br \/>\no segundo en compostela: estaba \u00e1 volta da esquina o traslado a outes pero non o sabiamos<br \/>\noutes ser\u00e1 a paisaxe, penso, no que medrar\u00e1 o resto do libro<\/p>\n<p>se precisades informaci\u00f3n m\u00e1is precisa, podedes atopala <a href=\"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/sobre\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ch\u00e1mome eduardo est\u00e9vez. nac\u00edn en buenos aires en 1969 e non, non son fillo de galegos. s\u00f3 neto dun -como di meu pai- se\u00f1orito coru\u00f1\u00e9s que tivo que deixar os estudos de medicina en compostela para emigrar a arxentina hai m\u00e1is ou menos un s\u00e9culo. arxentino, pois, de pais arxentinos. crieime en buenos aires e [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":{"footnotes":""},"class_list":["post-76","page","type-page","status-publish","hentry"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/76","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=76"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/76\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":166,"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/76\/revisions\/166"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/debaleas\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=76"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}