para crer nun espírito navegante que non temos
para delimitar o medo
para valernos dela na fuxida
para que sexa a proa na reconquista da paisaxe
para botar de menos unha viaxe
unha en concreto
para debuxar un bazar e disfrazala de elefante
porque teñen a forma das distancias
porque dentro dunha balea o ceo está limpo e non hai dor
para pintala sorrindo e poñerlle flores ou peixiños pequenos
para facer unha metáfora de todas as traxectorias
para representar o tamaño da tristeza
para pensar nas palabras coas que explicar o debuxo

(enumerar motivos para debuxar unha balea)

 

>> sigo debuxando
>> versión inicial