fuxir ao lombo da balea

 
a estratexia consiste
en imaxinar a inquietude
a cada dobra do itinerario

cada prega da paisaxe

 

primeira fuxida

se cómpre escapar
dun cárcere sórdido
a balea ten a cor das estradas
nas películas americanas

ocre e sol
area e o brillo no reflexo dun coche
que pasa a toda velocidade

como se existise o tempo
algunha dimensión do horizonte

 

segunda fuxida

se dun hospital psiquiátrico
tanto ten se é balea
ou tigre

navegar a pulso ao seu carón

atravesar a sabana
coa urxencia da fame

 

 

>> (pen)última oportunidade
>> revisar ou retirar?
>> do papel (fuxida 1)
>> un músico, unha viaxe
>> axustes aquí e alá
>> fuxir dentro dunha balea
>> versión inicial