unha balea varada na praia
estarrece como a ruína dun imperio

 
é unha postal imposíbel
no centro da paisaxe

 

treme o aire que paira
inmóbil ao seu redor

e non ten
esa tensión do horizonte
senón acaso a conciencia de ser
ela mesma todo un final

 

a balea é un deus caído

unha espera deitada

 
se falas con ela
parecerá que escoita a túa dor
e devolve preamar

 

uns nenos achéganse
pés na area fría

observan con distancia

 
a balea non pode moverse
pero non é o seu cheiro
o que estarrece

acaso sexa
a inmensidade da metáfora

 

>> de limpeza
>> pequenos apuntamentos
>> do papel (varadura 1)
>> axustes aquí e alá
>> axustes iniciais
>> versión inicial

2 reflexións sobre “

  1. susarins

    o saim, o sei cheiro estarrecedor… há um continho de dieste, algures, sobre o saim da baleia varada e o seu cheiro.

  2. eduardo

    deille unha volta ao do cheiro estarrecedor. será que teño mal olfacto que se me fai unha figura distante. en todo caso, sería unha solución moi de dieste pero eu prefiro pensar que o terror está na indefensión que provoca o feito de que mesmo un ser tan inabranguíbel poida amosarse indefenso diante nosa.

Os comentarios están pechados.