{"id":557,"date":"2015-06-03T08:58:07","date_gmt":"2015-06-03T06:58:07","guid":{"rendered":"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/?p=557"},"modified":"2015-06-03T08:58:07","modified_gmt":"2015-06-03T06:58:07","slug":"entrar-na-casa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=557","title":{"rendered":"entrar na casa"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/construcions\/\"><em>construci\u00f3ns<\/em><\/a>, o meu \u00faltimo libro individual publicado en papel, sa\u00edu do prelo hai xa case sete anos.<br \/>\ndesde aquela pasaron moitas cousas: publiquei en papel un <a href=\"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/ruadacancela\/\">libro<\/a> en colaboraci\u00f3n, fixen unha <a href=\"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/os-veos-da-paisaxe\/\">reedici\u00f3n moi laboriosa<\/a> e case artesana dun dos meus primeiros libros e, sobre todo, escrib\u00edn unha <a href=\"http:\/\/culturagalega.org\/opinion\/escaepedra\/\">serie de poemas semanais para culturagalega.org<\/a> (non tentedes seguir o link porque est\u00e1 ca\u00eddo desde hai un tempo, p\u00f3\u00f1oo na esperanza de que se restaure) e mais fixen <a href=\"http:\/\/debaleas.blogaliza.org\/\">o meu segundo libro-en-construci\u00f3n<\/a> que xa est\u00e1 rematado e ao que estou a procurarlle o xeito de facelo navegar como penso que merece.<br \/>\ne isto por falar s\u00f3 das cousas &#8220;p\u00fablicas&#8221; porque, en privado, segu\u00edn escribindo e non pouco. eran tres os libros rematados que permanec\u00edan in\u00e9ditos e esta semana vai ter remedio o primeiro deles.<br \/>\n<img loading=\"lazy\" src=\"https:\/\/c1.staticflickr.com\/9\/8898\/17787464134_ce54a9208e_z.jpg\" alt=\"entrar na casa\" width=\"253\" height=\"300\" \/><br \/>\n<em>entrar na casa<\/em> \u00e9 o froito dun moi feliz encontro co fot\u00f3grafo mari\u00f1\u00e1n <a href=\"http:\/\/www.nachok.net\">ignacio castro &#8220;nachok&#8221;<\/a>. el leu o meu <em>construci\u00f3ns<\/em>, buscoume na rede e mandoume un mail que tra\u00eda ao p\u00e9 esa mesma ligaz\u00f3n que ve\u00f1o de lle po\u00f1er ao seu nome neste par\u00e1grafo. eu fun mirar onde me levaba e atopei un universo visual que, dun xeito ou doutro, ti\u00f1a moito que ver coa maneira que eu quer\u00eda mirar o mundo a trav\u00e9s das palabras.<br \/>\nun tempo despois empezamos a escribir este libro, que \u00e9 unha indagaci\u00f3n sobre as pegadas que as persoas deixan nunha casa. os rastros.<br \/>\nnon \u00e9 un libro de poemas ilustrado nin \u00e9 un libro de fotograf\u00edas glosadas con textos. <em>entrar na casa<\/em> \u00e9 unha construci\u00f3n a catro mans desde o alicerce (varios correos electr\u00f3nicos nos que conversamos sobre os xeitos de andar o cami\u00f1o) at\u00e9 o tellado (un sinf\u00edn de intercambios -con diversas aportaci\u00f3ns externas moi enriquecedoras- sobre a mellor maneira de que todos os obxectos se distribu\u00edsen no espazo do papel).<br \/>\ntodo o proceso levou, penso, m\u00e1is de dous anos intensos. e, a continuaci\u00f3n, un tempo non pequeno na procura dun editor que se vise capaz de facer un libro con fotos a cor.<br \/>\ne estaleiro editora atreveuse ao que non se atreveron as editoras grandes deste pa\u00eds. e igual \u00e9 unha mostra de que o futuro (o presente) est\u00e1 neste tipo de iniciativas que son quen de moverse con axilidade neste mundo do libro que muda tan \u00e1s pr\u00e9sas.<br \/>\n<em>entrar na casa<\/em> \u00e9 hoxe unha realidade moi querible. un libro precioso -perm\u00edtanme que o diga sen falsa modestia- que o ignacio e mais eu deb\u00e9moslle a moitas persoas: en primeiro lugar, a paz e a mar\u00eda que nos tiveron moita paciencia durante o proceso (e mais t\u00e9\u00f1enola a diario). a continuaci\u00f3n a caxigueiro e a ernesto gonz\u00e1lez torterolo que colaboraron connosco no proceso de atoparlle sentido \u00e1 visualizaci\u00f3n de cada p\u00e1xina e aos fluxos entre elas. tam\u00e9n a flor que nos abriu sempre a porta da s\u00faa casa e alimentou as sesi\u00f3ns de traballo non s\u00f3 con comida sen\u00f3n tam\u00e9n -e sobre todo- con cari\u00f1o. tam\u00e9n a mig seoane, que fixo unhas musiqui\u00f1as para as presentaci\u00f3ns. por \u00faltimo, \u00e1 xente de estaleiro, en particular a alba vi\u00f1as, coordinadora da edici\u00f3n, e a nadina b.s. que nos tiveron infinita paciencia durante todo o proceso de pre-produci\u00f3n.<br \/>\nagora empeza un itinerario de presentaci\u00f3ns que vai estar partido en dous. neste mes de xu\u00f1o faremos as d\u00faas primeiras:<\/p>\n<p>venres 05\/xu\u00f1o, 20h, librar\u00eda couceiro (en compostela)<br \/>\nvenres 12\/xu\u00f1o, 20.30, librar\u00eda bah\u00eda (foz)<\/p>\n<p>en setembro comezaremos unha pequena xira (ou non tan pequena) por diversos puntos do pa\u00eds.<br \/>\na maior\u00eda das prazas a\u00ednda son s\u00f3 ideas e case todas precisan de conversar coas xentes dos locais que temos na cabeci\u00f1a.<br \/>\npolo de agora n\u00f3s pensamos (e, nalg\u00fans casos empezamos a conversar) en lal\u00edn, a coru\u00f1a, noia, vigo, malpica, lugo, ferrolterra e, outra vez, compostela.<br \/>\naceptamos ofertas!<\/p>\n<p>de todos modos, mellor ir aos poucos: este venres, compostela. agardo que poidades acompa\u00f1arnos. e que vos acheguedes ao libro e que vos abra portas e fiestras novas (que, \u00e1 fin e ao cabo, \u00e9 o que deber\u00eda facer sempre a literatura).<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>construci\u00f3ns, o meu \u00faltimo libro individual publicado en papel, sa\u00edu do prelo hai xa case sete anos. desde aquela pasaron moitas cousas: publiquei en papel un libro en colaboraci\u00f3n, fixen unha reedici\u00f3n moi laboriosa e&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=557\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\">entrar na casa<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[2,9,12,15,16],"tags":[27,39,44,53,57,60,70,74,75,81,86,87],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p9ej9C-8Z","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/557"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=557"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/557\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=557"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=557"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=557"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}