{"id":519,"date":"2013-11-25T22:54:48","date_gmt":"2013-11-25T20:54:48","guid":{"rendered":"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/?p=519"},"modified":"2013-11-25T22:54:48","modified_gmt":"2013-11-25T20:54:48","slug":"cadea-dos-libros","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=519","title":{"rendered":"cadea dos libros"},"content":{"rendered":"<p>non son nada nada fan das cadeas ou memes ou inventos an\u00e1logos. pero penso que todos os que empezamos a responder a esta cadea dicimos algo semellante. como se fose preciso xustificar as cousas que un colga no seu blog. conv\u00eddame <a href=\"http:\/\/espello.blogaliza.org\/\">a ra\u00ed\u00f1a vermella<\/a> a este e non a vou deixar sen resposta.<\/p>\n<p><strong>1. o \u00faltimo libro que liches<\/strong><br \/>\ndigo a verdade ou saio correndo a ler un libro de poemas calquera para quedar ben? a verdade: rematei hai un par de d\u00edas <em>los pilares de la tierra<\/em> (as\u00ed estaba o t\u00edtulo da versi\u00f3n que lin). literatura lixeira, entretida, desa que engancha. a continuaci\u00f3n empecei <em>a memoria da chuvia<\/em>, de pedro feijoo pero t\u00e9\u00f1oo interrumpido porque ti\u00f1a agardando para ler o n\u00ba 15 de <em><a href=\"http:\/\/editorialorsai.com\">orsai<\/a><\/em> que est\u00e1 moi ben. estouno acabando.<br \/>\n<strong>2. o libro que cambiou o teu xeito de pensar<\/strong><br \/>\nnon sei se hai un libro que cambiase o meu xeito de pensar. \u00e9 que cambio de xeito de pensar tan seguido que non \u00e9 doado saber a causa de cada cambio. poder\u00eda dicir, si, alg\u00fans libros que cambiaron o meu modo de ver a literatura ou, con m\u00e1is precisi\u00f3n, a poes\u00eda: <em>los trabajos y las noches<\/em>, de pizarnik, a poes\u00eda de kavafis, o libro sen t\u00edtulo de celso fern\u00e1ndez sanmart\u00edn ou <em>un sendero nuevo a la cascada<\/em> (vid. anterior aclaraci\u00f3n entre par\u00e9nteses), de raymond carver son alg\u00fans deles.<br \/>\n<strong>3. o \u00faltimo libro que che fixo chorar<\/strong><br \/>\nas\u00ed como podo chorar -e f\u00e1goo- con calquera pel\u00edcula ou serie ou chorrada televisiva, non lembro ning\u00fan libro que me fixese chorar. si algunhas entradas do <a href=\"http:\/\/editorialorsai.com\/blog\/\">blog<\/a> de hern\u00e1n casciari. as vellas. as\u00ed, sen pensar moito, escollo tres: <a href=\"http:\/\/editorialorsai.com\/blog\/post\/canelones\">esta<\/a> e <a href=\"http:\/\/editorialorsai.com\/blog\/post\/abrir_y_cerrar_un_circulo\">estas<\/a> <a href=\"http:\/\/editorialorsai.com\/blog\/post\/dice_el_chiri_dice_el_gordo\">d\u00faas<\/a> que van fiadas.<br \/>\n<strong>4. o \u00faltimo libro que che fixo rir<\/strong><br \/>\nde risa si que choro: o m\u00e1is lonxe que lembro foi <em>la vida exagerada de mart\u00edn roma\u00f1a<\/em> (bryce etchenique) e, m\u00e1is recentemente, <em>el pibe que arruinaba las fotos<\/em> (hern\u00e1n casciari).<br \/>\n<strong>5. o \u00faltimo libro que prestaches e non che devolveron<\/strong><br \/>\nnon lembro&#8230; porque non presto libros nin me gusta que mos presten. non me gusta que mos presten porque os libros que leo quero que queden na casa. non os presto porque me esquezo e a maior\u00eda da xente non os devolve.<br \/>\n<strong>6. un libro que che emprestaran e que non devolveras<\/strong><br \/>\nxa est\u00e1 respondido. con todo, lembro que unha vez, hai bastantes anos, prestei o <em>Abecedario da desolaci\u00f3n<\/em> de <a href=\"http:\/\/crebas.blogaliza.org\/\">miro villar<\/a> e non mo devolveron. a cambio, a mesma persoa prestoume <em>Las canciones de Bilitis<\/em>, de pierre lou\u00ffs e non llo devolv\u00edn. el sa\u00edu ga\u00f1ando porque o libro de miro \u00e9 magn\u00edfico e estaba autografado para min.<br \/>\n<strong>7. un libro que reler\u00edas<\/strong><br \/>\neses libros que dixen que cambiaron o meu modo de mirar a poes\u00eda linos moitas moitas veces. tam\u00e9n a poes\u00eda de borges.<br \/>\n<strong>8. un libro para agasallar a cegas<\/strong><br \/>\no <em>\u00e1tico<\/em> de arsenio iglesias, claro. o <em>outono aqu\u00ed<\/em> de mario regueira, que dixo a ra\u00ed\u00f1a vermella, tam\u00e9n.<br \/>\n<strong>9. un libro que te sorprendeu para ben<\/strong><br \/>\nte\u00f1o unha memoria p\u00e9sima para o que leo. e son moi selectivo e despiadado: se non me convences na p\u00e1xina dez d\u00e9ixote sen dubidalo. pero, curiosamente, lembro m\u00e1is os libros que deixei que os que rematei. un que me encantou no seu d\u00eda e pilloume por sorpresa foi <em>morrer na herba<\/em>, de an\u00edbal malvar. por dicir algo.<br \/>\n<strong>10. un dos primeiros libros que liches na escola<\/strong><br \/>\nlibros, libros, as\u00ed enteiros&#8230; unha cousa que se chama <em>juvenilia<\/em>, que me mandaron ler para o exame de ingreso ao instituto. non estaba mal pero non o reler\u00eda. xa despois <em>ficciones<\/em>, de borges. os primeiros libros enteiros linos na casa. os dous que lembro con m\u00e1is cari\u00f1o son de mar\u00eda elena walsh: <em>cuentopos de gulub\u00fa<\/em> e <em>dailan kifki<\/em> (este est\u00e1molo lendo meu fillo e mais eu polas noites).<br \/>\n<strong>11. un libro que roubaches<\/strong><br \/>\ns\u00f3 lembro roubar un libro na mi\u00f1a vida: <em>textos de sombra y \u00faltimos poemas<\/em>, de pizarnik, nunha librar\u00eda da avenida corrientes, en buenos aires. preguntei o prezo dun libro, penso que era un de juan gelman, e dix\u00e9ronme unha cifra tan obscenamente alta que me cabreei e roubei (outro, que non era cousa de roubar un libro demasiado caro). marchei da librar\u00eda cun agobio enorme que non se me pasara cando levaba bastante tempo cami\u00f1ando entre a moita xente que hai sempre por corrientes.<br \/>\n<strong>12. un libro que atoparas perdido<\/strong><br \/>\nnon lembro tal cousa. hai pouco, iso si, coll\u00edn un exemplar da <em>memoria solar<\/em>, de luz pozo, que estaba nun andel de &#8220;libros para coller&#8221; na porta da biblioteca do \u00e1gora, na coru\u00f1a.<br \/>\n<strong>13. o autor do que m\u00e1is libros tes<\/strong><br \/>\nter\u00eda que contar pero te\u00f1o moitas novelas de paul auster. case todas. mesmoa as malas. e \u00e9 o \u00fanico autor que agora mesmo me ve\u00f1a \u00e1 cabeza ao que lle lin at\u00e9 o final mesmo as novelas que non me gustaron.<br \/>\n<strong>14. un libro valioso<\/strong><br \/>\nte\u00f1o dous exemplares da primeira edici\u00f3n de <em>\u00e1rbol de diana<\/em>, de pizarnik. non sei se son moi valiosos porque se eu te\u00f1o dous&#8230; pero \u00e9 a cousa m\u00e1is rara que te\u00f1o. tam\u00e9n te\u00f1o fotocopiadas unhas edici\u00f3ns de pizarnik que estaban nunha biblioteca da universidade de buenos aires con adicatorias feitas pola autora.<br \/>\n<strong>15. o libro que est\u00e1s a ler agora mesmo<\/strong><br \/>\nisto xa o contestei m\u00e1is arriba.<br \/>\n<strong>16. un libro que prohibir\u00edas<\/strong><br \/>\nnon, non. non prohibir\u00eda ning\u00fan libro. xente si: hai algunha xente que deber\u00eda estar prohibida.<br \/>\n<strong>17. un libro que levas tempo querendo ler<\/strong><br \/>\nen xeral o que quero ler, l\u00e9oo sen m\u00e1is voltas&#8230; sempre hai dous ou tres agardando na cola pero agora mesmo non me dou conta de ning\u00fan que sexa unha vella d\u00e9beda.<br \/>\n<strong>18. o pr\u00f3ximo libro que vas ler<\/strong><br \/>\nsempre pode cambiar pero, cando termine con feijoo, seguramente lea <em>m\u00e1s respeto que soy tu madre<\/em> (de casciari). lino no blog pero agora te\u00f1o o libro e quero volver lelo. estou casciari-adicto ultimamente. en xeral son bastante venado para a lectura: cando pillo unha teima, afundo nela ata fartarme. o de casciari est\u00e1 ben porque, ademais de todo, r\u00edo moito. e iso \u00e9 bo por onde se mire.<br \/>\n<strong>19. o libro que non ler\u00edas endexamais<\/strong><br \/>\nnon sei as\u00ed, a bote pronto. pero eu non anatematizo libros porque, se son malos, como xa expliquei non me fan perder moito tempo: logo d\u00e9ixoos.<br \/>\n<strong>20. a t\u00faa trilox\u00eda ou saga preferida<\/strong><br \/>\n<em>o se\u00f1or dos aneis<\/em>, claro. lina completa, <em>o hobbit<\/em> inclu\u00eddo, varias veces (este pod\u00eda entrar nesoutra pregunta anterior dos libros que rel\u00edn, pero a resposta estaba tan po\u00e9tica que este quedou f\u00f3ra).<\/p>\n<p>feito. e penso que esta pola da cadea vaise cortar aqu\u00ed a\u00ednda que iso signifique que vou ter unha enfermidade grave ou problemas no traballo nos pr\u00f3ximos 7 d\u00edas.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>non son nada nada fan das cadeas ou memes ou inventos an\u00e1logos. pero penso que todos os que empezamos a responder a esta cadea dicimos algo semellante. como se fose preciso xustificar as cousas que&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=519\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\">cadea dos libros<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[19],"tags":[],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p9ej9C-8n","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/519"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=519"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/519\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=519"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=519"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=519"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}