{"id":499,"date":"2013-10-08T17:58:11","date_gmt":"2013-10-08T15:58:11","guid":{"rendered":"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/?p=499"},"modified":"2013-10-08T17:58:11","modified_gmt":"2013-10-08T15:58:11","slug":"arsenio-iglesias-pazos-na-escena","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=499","title":{"rendered":"arsenio iglesias pazos na escena"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"http:\/\/luagris.net\/blog\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/atico.jpg\"><img loading=\"lazy\" class=\"aligncenter size-medium wp-image-500\" src=\"http:\/\/luagris.net\/blog\/wp-content\/uploads\/2013\/10\/atico-161x300.jpg\" alt=\"\" width=\"161\" height=\"300\" \/><\/a><\/p>\n<p>despois de moito agardar, finalmente hai unhas semanas fixo aparici\u00f3n na escena literaria galega o <em>\u00e1tico<\/em> de arsenio iglesias pazos. quero tanto a este mozo fen\u00e9s que tendes dereito a sospeitar de toda cousa boa que poida dicir do seu libro. pero non me resisto a facelo. por varias raz\u00f3ns.<\/p>\n<p>a primeira \u00e9 que me fascina a maneira en que arsenio tece os seus poemas. sempre dixen deles que o \u00fanico malo que lles vexo \u00e9 que non se me ocorreron a min antes: ten esa capacidade envex\u00e1bel de mirar o detalle preciso, o xesto oportuno, ese que describe un mundo, que traza unha idea e, sobre todo, que sempre sempre abre unha fiestra.<\/p>\n<p>\u00e9 un dos poucos poetas optimistas que son capaz de lembrar.<\/p>\n<p>a segunda raz\u00f3n \u00e9 que vin nacer o libro de arsenio desde o primeiro verso. compartimos xuntos moitos anos de obradoiro literario na biblioteca municipal de fene. al\u00ed vimos a arsenio descubrir que a poes\u00eda pod\u00eda ser outra cousa (nunca a poes\u00eda galega agradecer\u00e1 suficientemente a celso fern\u00e1ndez sanmart\u00edn o pulo de aire que lle inxectou e lle inxecta aquel seu poema da lati\u00f1a de mexil\u00f3s ou o das claudias, ambos do seu libro sen t\u00edtulo) e arsenio -non o digo eu- aprendeu outra maneira de mirar para o poema. e f\u00edxose un lector moi agudo. moitas veces pensei, escoit\u00e1ndoo comentar os textos dos compa\u00f1eiros, que pod\u00eda coordinar ese obradoiro literario moito mellor ca min.<\/p>\n<p>a terceira raz\u00f3n v\u00e9n xustificarma concretamente o m\u00e1is &#8220;negativo&#8221; dunha <a href=\"http:\/\/www.galiciaconfidencial.com\/nova\/16029.html\">recenci\u00f3n<\/a> que xos\u00e9 m. eyr\u00e9 publica hoxe en <a href=\"http:\/\/www.galiciaconfidencial.com\/\">galicia confidencial<\/a>\u00a0(e conste que o propio eyr\u00e9 deixa claro que para el non \u00e9 un problema do libro): o asunto de que, como o libro est\u00e1 estruturado sobre textos que contan unha historia na que hai personaxes, aquilo ent\u00f3n xa non \u00e9 poes\u00eda sen\u00f3n que \u00e9 narrativa. a cita concreta \u00e9 &#8220;Cando un se pon a ler e atopa personaxes e se d\u00e1 conta de acci\u00f3ns que levan a cabo esas personaxes, o m\u00e1is seguro \u00e9 que te\u00f1a diante exemplos de narrativa e non \u00a0de poes\u00eda. Como aqu\u00ed sucede&#8221;. te\u00f1o (pola conta que me ten) que estar en desacordo con esta afirmaci\u00f3n. e o meu desacordo bas\u00e9ase, curiosamente, noutra afirmaci\u00f3n que fai o propio eyr\u00e9 no seu texto: ve aparecer eyr\u00e9 a poes\u00eda de arsenio no momento da lectura. di, concretamente &#8220;De xeito que o feito po\u00e9tico reside m\u00e1is no lector que no texto, o texto s\u00f3 \u00e9 un axente provocador dese pouso, dese feito po\u00e9tico&#8221;.<\/p>\n<p>o poema (o relato, a novela, toda obra literaria) <em>\u00e9<\/em> no momento da lectura porque \u00e9 un acto de comunicaci\u00f3n. e o acto de comunicaci\u00f3n non existe se non hai un receptor. ademais, unha vez que (xa hai moitos anos, arredor dun s\u00e9culo) os l\u00edmites dos x\u00e9neros empezan a dilu\u00edrse, \u00e9 o acto de recepci\u00f3n o que determina, en calquera caso, o x\u00e9nero (por certo, quen di &#8220;acto de recepci\u00f3n&#8221; di, por extensi\u00f3n, &#8220;sistema&#8221; e a\u00ed a afirmaci\u00f3n pasa a ter validez tam\u00e9n para os x\u00e9neros cl\u00e1sicos).<\/p>\n<p>se o texto, como di eyr\u00e9, \u00e9 o axente provocador do feito po\u00e9tico, logo \u00e9 un poema. v\u00e9xome tentado a dicir que a definici\u00f3n de poema \u00e9 aquilo que provoca un feito po\u00e9tico, pero ser\u00eda -ou parecer\u00eda- unha definici\u00f3n tautol\u00f3xica. logo non vou ceder, preferir\u00eda definir o poema como o texto que ten como centro unha construci\u00f3n de beleza (ou de fealdade, que \u00e9 unha forma de beleza). xa que logo, esas historias con personaxes que fan que o cr\u00edtico se decante pola definici\u00f3n narrativa, non \u00e9 en <em>\u00e1tico<\/em> m\u00e1is que unha an\u00e9cdota, unha excusa, utilizada polo autor para fabricar beleza e (segundo obxectivo) producir idea e facer que po\u00f1amos en cuesti\u00f3n a nosa maneira de mirar o mundo: esa outra funci\u00f3n da poes\u00eda, tan necesaria nestes tempos de pensamento \u00fanico e seguidismo ideol\u00f3xico.<\/p>\n<p>levo varios d\u00edas pendente de colgar un post para compartir a mi\u00f1a ledicia pola aparici\u00f3n deste libro de arsenio e esta nota de eyr\u00e9 deume tempo a unha reflexi\u00f3n maior que lle agradezo. o d\u00eda que lin (penso que en facebook) que o editor xa achegara alg\u00fans exemplares \u00e1s librar\u00edas, fun \u00e1 carreira e merquei o meu. non me deu nin para chegar \u00e1 casa. sentei nunha cafetar\u00eda (era s\u00e1bado e hab\u00eda sol) e volv\u00edn ler o libro e emocionarme como a primeira vez. como cada venres que arsenio chegaba ao obradoiro de fene co agasallo dun novo poema diso que nin el mesmo sab\u00eda que acabar\u00eda dando un libro, un premio, alg\u00fan desgusto e, \u00e1 fin, esta ledicia.<\/p>\n<p>este s\u00e1bado vou recitar con arsenio (e con outros poetas aos que admiro) nunha librar\u00eda de vila nova de cerveira nun acto organizado por edici\u00f3ns positivas (alias paco mac\u00edas). vai ser un recital precioso. e para min vai ser unha ledicia enorme ver a arsenio ler os poemas dun exemplar desa edici\u00f3n tan sinxela e preciosa que fai paco en di-versos. (temos moita sorte, arsenio e mais eu, de ter recalado nesa colecci\u00f3n.) oxal\u00e1 poidades acompa\u00f1arnos&#8230;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>despois de moito agardar, finalmente hai unhas semanas fixo aparici\u00f3n na escena literaria galega o \u00e1tico de arsenio iglesias pazos. quero tanto a este mozo fen\u00e9s que tendes dereito a sospeitar de toda cousa boa&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=499\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\">arsenio iglesias pazos na escena<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[2,4,6,12,17],"tags":[31,33,35,49,59,92,94,98,99,117],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p9ej9C-83","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/499"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=499"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/499\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=499"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=499"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=499"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}