{"id":494,"date":"2013-09-23T15:39:30","date_gmt":"2013-09-23T13:39:30","guid":{"rendered":"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/?p=494"},"modified":"2013-09-23T15:39:30","modified_gmt":"2013-09-23T13:39:30","slug":"apuntamentos-despois-dun-encontro-de-poetas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=494","title":{"rendered":"apuntamentos despois dun encontro de poetas"},"content":{"rendered":"<p><span style=\"text-decoration: underline\">recital<\/span><br \/>\npoder escoitar tanta xente nova que escribe poes\u00eda \u00e9, nestes tempos que nos tocan, un feito gratificante. xa tivera ocasi\u00f3n dun encontro con xente nova nunha jam do ciclo picaversos e sorprend\u00e9rame daquela a calidade xeral do que o\u00edn.<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline\">cero euros<\/span><br \/>\no encontro estaba organizado con cero euros por unha das novas editoras galegas. como se dixo no mesmo encontro, este tipo de cousas organiz\u00e1banas antes as instituci\u00f3ns. unha vez que elas prescindiron da s\u00faa responsabilidade coa difusi\u00f3n cultural, c\u00f3mpre que ese espazo o dinamicen outros.<\/p>\n<p>sermos capaces de facer cousas sen carto \u00e9 algo do que gabarse. pero non est\u00e1 ben que sexa o normal. estamos diante dun cambio no sistema. no de antes, os poetas eran os \u00fanicos que non v\u00edan carto no ciclo da edici\u00f3n: editores, impresores, distribuidores e libreiros sempre cobraron o seu tanto por cento e os poetas, por regla xeral, non v\u00edan un peso. eran, con frecuencia, os convidados pobres aos eventos p\u00fablicos: tantas veces chamaban (e chaman) a un poeta para recitar a cambio do bocadillo persoas e organizaci\u00f3ns \u00e1s que nin se lles pasar\u00eda pola cabeza chamar un m\u00fasico ou un contacontos sen comprobar antes o saldo da conta corrente. sup\u00f3nselle ao escritor en xeral (e ao poeta en particular) un compromiso desinteresado co desenvolvemento da cultura do pa\u00eds que non se lle sup\u00f3n ao resto de axentes culturais. pensar que o traballo do poeta ten que ser recompensado ser\u00eda un bo obxectivo agora que temos que redese\u00f1ar o sistema. fai parte do mesmo esquema de pensamento o feito de que os actos p\u00fablicos centrados en intervenci\u00f3ns po\u00e9ticas adoitan ser de balde: se a xente non se habit\u00faa a pagar por unha actividade, mal pode entender que o que a leva a cabo mereza cobrar. os dous ou tres euros que se cobran ao p\u00fablico no ciclo picaversos constit\u00faen un exemplo de honrosa excepci\u00f3n que deber\u00eda ser norma.<\/p>\n<p>cando as instituci\u00f3ns po\u00f1\u00edan (alg\u00fan) esforzo na difusi\u00f3n da poes\u00eda, as editoras tradicionais e os libreiros estaban al\u00ed. cal \u00e9 agora o seu papel?<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline\">colectivos<\/span><br \/>\ndurante a quenda de debate do encontro preguntouse polos colectivos nos procesos de produci\u00f3n e penso que houbo acordo en que a escrita \u00e9 un acto case sempre individual e que o papel do colectivo \u00e9 a difusi\u00f3n: crear espazos, xuntar forzas, impulsar, abrir portas. as novas editoriais, moitas delas proxectos colectivos, son un bo exemplo diso.<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline\">lectores e lectoras<\/span><br \/>\nfalouse de pensar a poes\u00eda sen esquecerse do lector, da xente. a realidade \u00e9 que estamos nun sistema sen p\u00fablico. durante canto tempo e cantos esforzos pode sosterse un sistema po\u00e9tico sen lectores? a difusi\u00f3n (a edici\u00f3n, os recitais, internet) \u00e9 un esforzo necesario pero ga\u00f1ar lectores \u00e9 imprescind\u00edbel.<\/p>\n<p>con esta finalidade, falouse da importancia da poes\u00eda feita con emoci\u00f3n e que provoque emoci\u00f3n. r\u00e9nxenme estes conceptos. non digo que a poes\u00eda non deba ser feita con emoci\u00f3n nin procurar emocionar o lector. pero falar de \u201ccoraz\u00f3n\u201d sen falar de \u201ccabeza\u201d \u00e9 un reducionismo que fai m\u00e1is dano \u00e1 poes\u00eda do que se pensa. cal \u00e9 o espazo para o intelecto? onde quedan as ideas? onde a reflexi\u00f3n? eu pensaba que, sobre todo entre a xente m\u00e1is nova, esta concepci\u00f3n cl\u00e1sica da poes\u00eda xa non exist\u00eda. non serve unha poes\u00eda que s\u00f3 apela \u00e1 emoci\u00f3n: m\u00e1is a\u00ednda en tempos como estes nos que se necesita dunha poes\u00eda que faga reflexionar, cuestionarse o mundo, que brinde perspectivas novas, a\u00ednda que non amose necesariamente outros puntos de vista sen\u00f3n s\u00f3 a s\u00faa posibilidade.<\/p>\n<p>e falouse tam\u00e9n do ensino, da importancia do ensino para crear lectores de poes\u00eda. o papel dos poetas e das poetas neste empe\u00f1o \u00e9 fundamental pero insuficiente se non se conta cun sistema educativo que faga xermolar este traballo. o poeta vai a un centro de ensino un d\u00eda e conquista lectores. pero iso \u00e9 unha semente que c\u00f3mpre regar e coidar. e para iso prec\u00edsase, dun profesorado lector que saiba que a poes\u00eda non remata na xeraci\u00f3n espa\u00f1ola do 27 porque os rapaces, ademais de co\u00f1ecer os cl\u00e1sicos, precisan unha poes\u00eda que lles sexa pr\u00f3xima, que lles fale na s\u00faa lingua. mentres os docentes e as docentes do noso pa\u00eds sigan a afirmar que non len poes\u00eda, que non son capaces de dar media ducia de nomes de poetas novos, sen morrer coa vergo\u00f1a estamos perdidos.<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline\">o\/a poeta<\/span><br \/>\na poes\u00eda require honestidade pero tam\u00e9n require traballo, t\u00e9cnica, esforzo. o poeta non nace, non \u00e9 un ser tocado dunha maxia porque non hai maxia, porque non hai musas, porque non hai deus. o poeta faise con traballo, t\u00e9cnica e esforzo.<\/p>\n<p>e co\u00f1ecemento. \u00e9 importante ter algo que dicir e isto \u00e9 sempre froito da reflexi\u00f3n seria, da lectura, de ollada inquisitiva sobre as cousas. algu\u00e9n falou da poes\u00eda como forma de co\u00f1ecemento. isto \u00e9 fundamental.<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline\">o sistema<\/span><br \/>\ne celebrouse a desaparici\u00f3n do requisito de pasar por un editor para difundir a poes\u00eda, desa especie de democratizaci\u00f3n do sistema literario que \u00e9 internet e todas as s\u00faas ferramentas. non deu tempo para moito debate a este respecto pero a min hai algo que me preocupa nesa \u201cdemocratizaci\u00f3n\u201d: en calquera sistema literario, os editores e os libreiros e a cr\u00edtica xogan un papel necesario de peneira. porque os autores somos narcisistas e sempre vemos no espello algo fermoso. pero o sistema ten que axudar ao lector a separar o gran da palla. e, cando os axentes do sistema faltan, inst\u00e1lase un caos que pode ser interesante e enriquecedor pero que require dos autores un grao de autocr\u00edtica moito m\u00e1is elevado.<\/p>\n<p>nun sistema literario normal, internet pode ter esa funci\u00f3n de filtro porque, o que non ten apoio lector, esf\u00famase na rede. pero o noso \u00e9 un sistema anormal porque \u00e9 un sistema sen un corpo lector relevante onde o peso dos \u201cg\u00fastame\u201d dos amigos supera sempre o peso dos \u201cg\u00fastame\u201d ou \u201cnon me gusta\u201d do lector an\u00f3nimo que \u00e9 o que realmente conta porque opina sen ataduras afectivas.<\/p>\n<p>os colectivos poden cumprir ese papel porque poden converterse nun espazo -previo \u00e1 confrontaci\u00f3n da obra co p\u00fablico- que cumpra o papel construtivo de afinar, axustar, enriquecer o traballo do autor. pero para iso precisamos uns colectivos cr\u00edticos e uns autores e autoras receptivos \u00e1 cr\u00edtica porque axuda a crecer. se o colectivo converte o onanismo do espello en onanismo de grupo tampouco non serve.<\/p>\n<p><span style=\"text-decoration: underline\">conclusi\u00f3ns?<\/span><br \/>\nnon son moi amigo de tirar conclusi\u00f3ns porque o papel da poes\u00eda \u00e9 situar preguntas. as respostas son sempre ef\u00e9meras: o que perdura son as d\u00fabidas. pero oc\u00f3rreseme unha f\u00f3rmula r\u00e1pida: na poes\u00eda hai presente abondo como para pensar que pode haber futuro, pero haise que andar con tino e non dar paus de cego. ben ao contrario: hai que pisar firme e mirar ben, sobre todo dentro.<\/p>\n<p>nota tal vez innecesaria: onde di \u201ceditores\u201d non di \u201ctodos os editores\u201d, onde di \u201clibreiros\u201d non di \u201ctodos os libreiros\u201d, onde di \u201cdocentes\u201d non di \u201ctodos os docentes\u201d. cada quen que se sit\u00fae onde considere conveniente.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>recital poder escoitar tanta xente nova que escribe poes\u00eda \u00e9, nestes tempos que nos tocan, un feito gratificante. xa tivera ocasi\u00f3n dun encontro con xente nova nunha jam do ciclo picaversos e sorprend\u00e9rame daquela a&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=494\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\">apuntamentos despois dun encontro de poetas<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[2,12,17],"tags":[22,52,88],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p9ej9C-7Y","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/494"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=494"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/494\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=494"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=494"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=494"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}