{"id":390,"date":"2011-11-24T10:10:43","date_gmt":"2011-11-24T08:10:43","guid":{"rendered":"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/?p=390"},"modified":"2011-11-24T10:10:43","modified_gmt":"2011-11-24T08:10:43","slug":"antisistema","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=390","title":{"rendered":"antisistema"},"content":{"rendered":"<p>2008. as elecci\u00f3ns en espa\u00f1a g\u00e1\u00f1aas o psoe prometendo defender a toda costa os dereitos sociais.<\/p>\n<p>pero poucos meses despois a prima de risco de espa\u00f1a entrou en carreira ascendente e, cando ese mesmo goberno empezou a atopar problemas serios para financiarse, conxelou as pensi\u00f3ns, rebaixou o salario dos funcionarios, abaratou o despedimento, reformou a constituci\u00f3n para fixar un teito ao d\u00e9ficit fiscal e impuxo uns criterios de d\u00e9ficit \u00e1s administraci\u00f3ns que \u00e9 a nai de todos os recortes que estamos a ver.<\/p>\n<p>trat\u00e1base de cumprir as esixencias das axencias de cualificaci\u00f3n e do poder financeiro (os mesmos que empurraban a prima de risco para arriba e dificultaban a financiaci\u00f3n) para evitar entrar nunha espiral que impedise o financiamento do estado.<\/p>\n<p>pero as axencias e o poder financeiro son insaci\u00e1beis e, a pesar das medidas, a espiral continuou o seu ascenso impar\u00e1bel.<\/p>\n<p>cal \u00e9 o interese do capital polos axustes? axustar (ch\u00e1manlle &#8220;reducir o d\u00e9ficit fiscal&#8221;) quer dicir deixar de prestar determinados servizos sociais. e, se o estado non presta un servizo, simplemente ensancha o campo para que o capital privado poida despregar o seu xogo: facerse cunha parte maior do pastel (ou con todo o pastel). que a xente deixe de pagarlle ao estado polos servizos sociais (detalle importante: os servizos sociais non son gratu\u00edtos, pag\u00e1molos todos todos os meses) e empece a pagarlle \u00e1s empresas por eses mesmos servizos.<\/p>\n<p>marzo de 2011. un movemento social ocupa as prazas p\u00fablicas reclamando contra un sistema que comeza a deixalos f\u00f3ra. propo\u00f1en unha actitude m\u00e1is cr\u00edtica cos partidos pol\u00edticos. promoven o voto a outras opci\u00f3ns.<\/p>\n<p>pero opci\u00f3ns s\u00f3 hai pola esquerda. a dereita \u00e9 vertical e disciplinada. o pp est\u00e1 cheo de grupos moi diversos pero \u00e1 hora de votar encol\u00famnanse en orde detr\u00e1s do l\u00edder. e o sistema electoral premia aos partidos m\u00e1is votados.<\/p>\n<p>a + b provocan que, en maio de 2011, o pp, sen subir notabelmente en votos (s\u00f3 un 2%), incremente radicalmente o seu n\u00famero de escanos nos concellos e parlamentos. o psoe perde moitos dos seus pola dispersi\u00f3n do voto da esquerda e os partidos alternativos da esquerda quedan f\u00f3ra dos concellos e parlamentos por non acadar en cada circunscrici\u00f3n os m\u00ednimos requeridos para entrar no reparto de escanos.<\/p>\n<p>conclusi\u00f3n: ga\u00f1a o pp na inmensa maior\u00eda dos concellos e en case todas as comunidades aut\u00f3nomas. en catalunya, ciu (a dereita cat\u00f3lica e burguesa catalana) fai o propio. e, coa excusa de cumprir cos requisitos de d\u00e9ficit impostos, comezan (ambos) a aplicar unha serie de recortes en xeral.<\/p>\n<p>portavoces dos partidos pol\u00edticos gobernantes e dos gobernos auton\u00f3micos non cansan de repetir (e os medios de comunicaci\u00f3n non cansan de reproducir) que non se recorta nin se recortar\u00e1 en sa\u00fade nin en educaci\u00f3n. pero a realidade silenciosa (ou non tanto) refuta esas afirmaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>docentes e persoal sanitario saen \u00e1 r\u00faa para protestar, plantas enteiras dos hospitais p\u00fablicos claus\u00faranse por falta de persoal, centros de sa\u00fade de catalunya pechan durante os meses de ver\u00e1n por non contratarse persoal interino para cubrir as vacaci\u00f3ns dos funcionarios, increm\u00e9ntase a ratio alumnos\/docentes\u00a0ao reducirse a contrataci\u00f3n de persoal interino e eliminarse prazas e mesmo centros enteiros e suma e segue. no noso pa\u00eds, o pp, que accedeu ao goberno algo antes, non se queda atr\u00e1s.<\/p>\n<p>p\u00f3dese percorrer as hemerotecas na procura de anuncios electorais dos candidatos \u00e1s municipais e auton\u00f3micas de maio no sentido de reducir os servizos sanitarios ou educativos e o \u00fanico que se encontra \u00e9 que non se fan nin se far\u00e1n recortes na sanidade nin na educaci\u00f3n. esas son as verdades das que a prensa se fai eco moitas veces dun modo acr\u00edtico ou c\u00f3mplice.<\/p>\n<p>a herdanza dos gobernos anteriores \u00e9 a excusa pero detr\u00e1s ag\u00f3chanse convicci\u00f3ns claras.<\/p>\n<p>novembro de 2011. o pp ga\u00f1a as elecci\u00f3ns xerais incrementando o voto das anteriores en s\u00f3 algo m\u00e1is dun 4%. pero a ca\u00edda estrepitosa do psoe, a dispersi\u00f3n do voto da esquerda, etc (vid supra a+b) fai que esa exigua subida deve\u00f1a nunha maior\u00eda absoluta aplastante.<\/p>\n<p>[nota: rajoy en 2011 obt\u00e9n maior\u00eda absoluta con menos votos dos que precisou zapatero en 2008 para conseguir unha victoria polos pelos. ]<\/p>\n<p>cal era o discurso do pp na campa\u00f1a? &#8220;el cambio&#8221;. como hab\u00eda facerse ese cambio? iso non se dixo. pero non fac\u00eda falta: a xente sabe que o medio de cumprir as esixencias dos &#8220;mercados&#8221; \u00e9 recurtar gasto p\u00fablico e estimular a contrataci\u00f3n a base de amputar dereitos laborais.<\/p>\n<p>a xente sab\u00edao e por iso non foi en masa votar o pp.<\/p>\n<p>pero en espa\u00f1a o bipartidismo funciona de xeito diferente ao resto dos pa\u00edses cun modelo an\u00e1logo. o normal \u00e9 que os dous partidos maioritarios te\u00f1an unha porcentaxe de votantes fieis e, despois, un grupo m\u00e1is ou menos grande de electores, vai cambiando dun ao outro, facendo flutuar a maior\u00eda. en espa\u00f1a non: a porcentaxe de votante fiel do pp \u00e9 alt\u00edsima. a porcentaxe flutuante \u00e9 m\u00ednima (s\u00f3 un 13% dos que votaron psoe en 2008 e non en 2011 votaron pp). o psoe ten unha base de voto fiel moito m\u00e1is pequena pero o votante do psoe, cando est\u00e1 descontento, non vota ou, agora, vota outras opci\u00f3ns. isto \u00e9: o psoe ga\u00f1a cando a xente o vota, o pp ga\u00f1a cando a xente non vota o psoe.<\/p>\n<p>nas mesmas elecci\u00f3ns, ciu, que v\u00e9n de aplicar importantes recortes en catalunya, incrementa case nun 50% o seu voto (e nun 60% a s\u00faa representaci\u00f3n nas cortes de madrid). e, s\u00f3 dous d\u00edas despois das elecci\u00f3ns, anuncia un novo feixe de medidas restritivas das que non se falara durante a campa\u00f1a electoral. &#8220;se plantexabamos isto en plena campa\u00f1a \u00eda ser unha bomba de reloxer\u00eda para o debate parlamentario&#8221;, <a href=\"http:\/\/m.publico.es\/408648\">declarou<\/a> o portavoz da generalitat.<\/p>\n<p>\u00e9 a morte do programa electoral. o psoe traizoa o seu propio. rajoy ga\u00f1a sen falar unha soa palabra del. ciu agocha na campa\u00f1a o que xa sabe que vai facer ao d\u00eda seguinte da xornada electoral.<\/p>\n<p>en realidade tanto ten. porque ningu\u00e9n goberna ao ditado dun programa ou dunhas ideas sen\u00f3n segundo o que marcan os mercados. tanto ten quen goberne porque tanto ten o que vote a xente.<\/p>\n<p>o poder \u00e9 do capital, non da xente. o capital sost\u00e9n os gobernos mentres responden aos seus intereses. o capital mant\u00e9n o sistema bipartidista porque sabe que, c\u00e9ntimo arriba c\u00e9ntimo abaixo, calquera dos dous que goberne vai atender as s\u00faas demandas. e chegamos sen ruborizarnos ao punto de que, cando un goberno xa non \u00e9 funcional aos intereses do capital, o capital qu\u00edtao (vid. italia e grecia) e coloca no sitio un t\u00e9cnico fiel.<\/p>\n<p>e a clase pol\u00edtica dominante (a que se beneficia dos c\u00e1lculos de d&#8217;hont e por iso mesmo nunca os vai cambiar) \u00e9, como o seu nome o indica, unha &#8220;clase&#8221;, un grupo con privilexios de seu, porque defende os intereses do verdadeiro poder. logo o poder d\u00e9ixaos facer. cando menos mentres non incomoden demasiado, penal\u00edzaos minimamente cando quitan os p\u00e9s do testo (vid. valencia) e finalmente qu\u00edtaos cando xa non serven correctamente os seus intereses (vid. grecia, italia, espa\u00f1a, &#8230;).<\/p>\n<p>evidentemente, a soluci\u00f3n non est\u00e1 no sistema. os do 15m c\u00f3idanse ben de chamarse antisistema porque esa palabra ten mala prensa. pero o sistema demostrou que non funciona. se, en espa\u00f1a,\u00a0a lei do solo do pp e a lei da selva dos bancos (am\u00e9n de lehman brothers e standard &amp; poors) son os que nos levaron at\u00e9 aqu\u00ed, non hai que ser moi avispado para darse conta de que a soluci\u00f3n non pode ser darlles m\u00e1is cartos aos bancos e devolverlle o poder ao pp.<\/p>\n<p>pero a maior\u00eda segue convencida (conv\u00e9ncena os adalides e os altavoces do poder), de que non hai outra soluci\u00f3n.<\/p>\n<p>haina. s\u00f3 fai falla ousad\u00eda, imaxinaci\u00f3n, vontade de cambiar de verdade as cousas. xusto o que non pode ofrecer o pp de rajoy nin a europa de merkel nin o fmi de lagarde. fai falla facer cambios sen complexos at\u00e1vicos, sen medo a contradicir o pensamento \u00fanico que o poder imp\u00f3n.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>2008. as elecci\u00f3ns en espa\u00f1a g\u00e1\u00f1aas o psoe prometendo defender a toda costa os dereitos sociais. pero poucos meses despois a prima de risco de espa\u00f1a entrou en carreira ascendente e, cando ese mesmo goberno&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=390\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\">antisistema<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[2],"tags":[],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p9ej9C-6i","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/390"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=390"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/390\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=390"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=390"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=390"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}