{"id":383,"date":"2011-02-07T18:31:44","date_gmt":"2011-02-07T16:31:44","guid":{"rendered":"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/?p=383"},"modified":"2011-02-07T18:31:44","modified_gmt":"2011-02-07T16:31:44","slug":"conclusions-da-asemblea-da-aelg","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=383","title":{"rendered":"conclusi\u00f3ns da asemblea da aelg"},"content":{"rendered":"<p>o s\u00e1bado tivemos asemblea da asociaci\u00f3n de escritores en lingua galega e tivemos ocasi\u00f3n de analizar, entre outras cousas, como se complica a actividade deste ano pola falta de axudas p\u00fablicas.<br \/>\nl\u00e9ase ben o asunto: a reduci\u00f3n do orzamento da aelg non \u00e9 a enfermidade. \u00e9 s\u00f3 un s\u00edntoma.<\/p>\n<p>velaqu\u00ed as conclusi\u00f3ns aprobadas pola asemblea:<\/p>\n<p>CONCLUSI\u00d3NS DA ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS\/AS DA AELG<\/p>\n<p>\u201cDenunciamos a regresi\u00f3n na pol\u00edtica de investimentos en todos os sectores da cultura, por parte do Goberno da Xunta de Galicia, o que est\u00e1 a destru\u00edr o constru\u00eddo nos \u00faltimos trinta anos por varias xeraci\u00f3ns de creadores e creadoras e por toda a sociedade galega no seu conxunto. Estase a desfacer programaticamente o a\u00ednda m\u00ednimo tecido industrial na cultura e a necesaria profesionalizaci\u00f3n na mesma e faise desaparecer de facto a promoci\u00f3n da cultura de base, que \u00e9 a seiva nutricia do tecido cultural galego, sendo de feito os que crean e demandan o consumo cultural.<br \/>\nDenunciamos a retirada de apoios \u00e1 cultura e, nomeadamente, aos creadores e creadoras m\u00e1is novos, por parte da Direcci\u00f3n Xeral de Xuventude, como nova forma de censura econ\u00f3mica, impedindo deste xeito a posibilidade de dar continuidade aos encontros e o debate entre os que son o futuro da cultura galega, como se vi\u00f1a facendo en anos anteriores.<br \/>\nDenunciamos a retirada pola Conseller\u00eda de Econom\u00eda e Industria do apoio \u00e1 creaci\u00f3n de car\u00e1cter cultural e de investigaci\u00f3n da mesma, o que imposibilita a dotaci\u00f3n permanente de contidos para a rede e o avance nas novas tecnolox\u00edas aplicadas \u00e1 cultura, coutando o desenvolvemento do propio proceso creativo nas diferentes manifestaci\u00f3ns da nosa literatura.<br \/>\nDenunciamos que se levou a cabo unha escandalosa e radical diminuci\u00f3n dos orzamentos da Conseller\u00eda de Cultura e en consecuencia dos investimentos econ\u00f3micos desta Conseller\u00eda nos escritores\/as e o seu labor de creaci\u00f3n, que nos devolve aos mesmos apoios que se achegaban desde a Administraci\u00f3n galega \u00e1 AELG hai vinte anos. Ao mesmo tempo o Xacobeo converteuse nunha mediocre promotora de festexos sen incidencia no tecido cultural ou no patrimonio cultural do pa\u00eds.<br \/>\nConstatamos que todas estas actuaci\u00f3ns estruturais xeraron un crecente paro nos diversos sectores da cultura e, en concreto, no dos escritores como creadores\/as de contidos para as diversas manifestaci\u00f3ns da actividade cultural, sexa o libro, o teatro ou o sector audiovisual.<br \/>\nReafirm\u00e1monos no expresado publicamente nos dous \u00faltimos anos polo Consello Directivo da AELG, contra o novo estatus do galego no ensino, minorizado a\u00ednda m\u00e1is e limitado ao negar a posibilidade de impartir en galego materias vinculadas a \u00e1reas e espazos de prestixio na sociedade actual, como \u00e9 a ciencia e a tecnolox\u00eda. Apoiamos todo aquel profesorado que ten manifestado o seu compromiso para co mantemento da docencia nesta lingua, desde o convencemento da s\u00faa validez como ferramenta pedag\u00f3xica e necesidade como procedemento de apoio \u00e1 arredada normalizaci\u00f3n ling\u00fc\u00edstica.<br \/>\nDefendemos, desde a AELG, que todo o di\u00f1eiro que se gasta na cultura \u00e9 un investimento produtivo, no convencemento inequ\u00edvoco de que Galiza existe como un pobo, como unha naci\u00f3n diferenciada, porque ten unha cultura propia, un idioma propio, unha literatura que sobrepasa mesmo a dimensi\u00f3n editorial actual do pa\u00eds. Cada euro que se gasta en cultura ou na industria cultural e, en concreto, na consolidaci\u00f3n e medre do tecido industrial editorial, non \u00e9 unha subvenci\u00f3n, \u00e9 un investimento en alza no futuro de Galiza como pobo. Negar di\u00f1eiro \u00e1 cultura \u00e9 crear paro. O pa\u00eds empobrece cultural, econ\u00f3mica e socialmente e neg\u00e1ndosenos como galegos e galegas.<\/p>\n<p>En Compostela, a 5 de febreiro de 2011.\u201d<\/p>\n<p>PRONUNCIAMENTO DA ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS\/AS DA AELG SOBRE A CIDADE DA CULTURA<\/p>\n<p>\u201cDemandamos, desde a AELG, unha moratoria na construci\u00f3n de novos edificios at\u00e9 que non haxa condici\u00f3ns econ\u00f3micas axeitadas e un proxecto de uso sost\u00edbel que responda \u00e1s necesidades de Galiza e da cultura galega.<br \/>\nDemandamos que os edificios constru\u00eddos, ademais de estaren ao uso da cultura galega, sexan desposu\u00eddos de pretensi\u00f3ns de iconograf\u00eda megal\u00f3mana falsamente art\u00edstica que infrautiliza estes edificios e non responde \u00e1s necesidades dun programa de uso racional para ser aproveitado pola cidadan\u00eda.<br \/>\nDemandamos asemade que os usos da biblioteca p\u00fablica deste espazo p\u00fablico galego sexan estrutural e maioritariamente en galego e sobre a cultura galega, sen desbotarmos a s\u00faa relaci\u00f3n con outras culturas do mundo, como xa \u00e9 parte da historia e da tradici\u00f3n da nosa cultura ao longo dos s\u00e9culos.<br \/>\nDemandamos do goberno galego actual, m\u00e1ximo axente respons\u00e1bel, que procure a autofinanciaci\u00f3n dos edificios constru\u00eddos e mais das s\u00faas actividades, non debendo detraer da Conseller\u00eda de Cultura nin un euro dos seus fondos, escandalosamente minguados polo goberno galego nos dous \u00faltimos anos.<br \/>\nRexeitamos o acollemento da obra de Cela na biblioteca da Cidade da Cultura e pedimos unha auditor\u00eda do uso dos fondos p\u00fablicos entregados \u00e1 mesma nos \u00faltimos vinte anos.<br \/>\nFinalmente, a Asemblea Xeral de Socias e Socios da AELG, reunida no Museo do Pobo Galego, en Compostela, o d\u00eda 5 de febreiro de 2011, quere deixar claro \u00e1 cidadan\u00eda que a utilizaci\u00f3n dos edificios do Gai\u00e1s, de uso p\u00fablico e constru\u00eddos con di\u00f1eiro p\u00fablico por parte desta asociaci\u00f3n, nunca lexitimar\u00e1 o proxecto de orixe nin aqueles que o queiran levar a usos contra a cultura galega ou \u00e1 confusi\u00f3n sobre o que \u00e9 cultura galega ou literatura en galego.\u201d<\/p>\n<p>fonte: <a href=\"http:\/\/www.aelg.org\/GetNewnessById.do?id=139\">www.aelg.org<\/a><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>o s\u00e1bado tivemos asemblea da asociaci\u00f3n de escritores en lingua galega e tivemos ocasi\u00f3n de analizar, entre outras cousas, como se complica a actividade deste ano pola falta de axudas p\u00fablicas. l\u00e9ase ben o asunto:&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?p=383\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\">conclusi\u00f3ns da asemblea da aelg<\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[2,3],"tags":[23,24],"jetpack_featured_media_url":"","jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/p9ej9C-6b","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/383"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=383"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/383\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=383"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=383"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=383"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}