{"id":543,"date":"2009-04-08T12:58:22","date_gmt":"2009-04-08T10:58:22","guid":{"rendered":"http:\/\/luagris.net\/blog\/?page_id=543"},"modified":"2022-10-06T17:47:34","modified_gmt":"2022-10-06T17:47:34","slug":"sobre","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?page_id=543","title":{"rendered":""},"content":{"rendered":"<p class=\"poemas\">nac\u00edn en <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Bos_Aires_-_Buenos_Aires\">bos aires<\/a>, nunha zona do barrio de palermo na que,\u00a0segundo di de pasada borges no seu <a href=\"http:\/\/books.google.es\/books\/about\/Evaristo_Carriego.html?hl=es&amp;id=WLZGAAAAMAAJ\"><em>evaristo carriego<\/em><\/a>, comezaban a se instalar, al\u00e1 polos finais do XVIII, os inmigrantes calabreses. a literatura traizooume e nun poema do meu libro <span style=\"font-style: italic;\">l\u00faa gris<\/span> falo de casas xenovesas. pero de calabreses \u00e9 que fala borges, e calabreses eran a maior\u00eda dos veci\u00f1os, a\u00ednda que a familia da mi\u00f1a avoa vi\u00f1a dunha rexi\u00f3n diferente de italia, no centro, e meu av\u00f3 era friulano.<\/p>\n<p class=\"poemas\">a\u00a0realidade \u00e9 que nac\u00edn noutra parte de palermo, pero iso non fai parte da construcci\u00f3n da memoria.<\/p>\n<p class=\"poemas\">pouco despois mud\u00e1monos a outro barrio, &#8220;m\u00e1is fermoso e distante&#8221;. en <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Coghlan_(Buenos_Aires)\">coghlan<\/a> crec\u00edn, mais a patria \u00e9 <a href=\"http:\/\/es.wikipedia.org\/wiki\/Palermo_Viejo\">palermo<\/a>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">entre coghlan e o centro, onde fun ao <a href=\"http:\/\/www.cnba.uba.ar\/\">instituto<\/a>, e onde despois tam\u00e9n <a href=\"http:\/\/www.filo.uba.ar\/contenidos\/investigacion\/institutos\/filoylihisp\/intro.htm\">traballaba<\/a>, transcorreu o resto da mi\u00f1a vida porte\u00f1a. e na zona norte. os \u00faltimos anos en bos aires estiveron moi marcados por &#8220;la manzana podrida&#8221; e despois &#8220;la zona&#8221;, unha emisora clandestina de radio con dous nomes e, sobre todo, por toda a xente que circulaba arredor.<\/p>\n<p class=\"poemas\">uns poucos anos antes comecei a escribir os meus primeiros relatos. foi no obradoiro literario de <a href=\"http:\/\/blogs.clarin.com\/daniel-arias-ciencia-y-fierros\/\">daniel arias<\/a>. el puxo os ingredientes para convertir o lector\u00a0apaixoado que era nun proxecto de escritor con m\u00e1is persistencia que talento (que \u00e9 un concepto co que non acabo de estar a gusto).<\/p>\n<p class=\"poemas\">naquel\u00a0obradoiro pasei catro ou cinco anos e del xurdiu o meu primeiro libro. naceu un pouco por iniciativa dos meus compa\u00f1eiros e foron eles, nomeadamente <a href=\"http:\/\/orbita.starmedia.com\/lamoscamuerta\/Mosca14\/muzzio.htm\">diego muzzio<\/a> e <a href=\"http:\/\/profile.myspace.com\/index.cfm?fuseaction=user.viewProfile&amp;friendID=419805895\">fernando tomasen\u00eda<\/a> os que me axudaron a xuntar, organizar e corrixir o material que ti\u00f1a para tentar darlle alg\u00fan sentido unitario. as\u00ed naceu <em>Catedrales de perfil<\/em>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">outra cousa memor\u00e1bel daqueles tempos foi a tempada que pasei aprendendo m\u00fasica e composici\u00f3n con <a href=\"http:\/\/www.gustavomozzi.com.ar\/contenerdor.htm\">gustavo mozzi<\/a>. a pr\u00e1ctica da m\u00fasica abandoneina hai tempo (non se pode estar a todo), pero hai cores nos meus poemas que te\u00f1en algo que ver co que aprend\u00edn daquela.<\/p>\n<p class=\"poemas\">creo que non pasaron catro meses dende que sa\u00edu <em>Catedrales&#8230;<\/em> e eu marchei de arxentina.<\/p>\n<p class=\"poemas\">a\u00a0seguinte escala da viaxe foi caracas, onde viv\u00edn algo m\u00e1is de catro anos. marchei de buenos aires o 17 de outubro de 1990, e viv\u00edn en caracas ata o 9 de xaneiro de 1995.<\/p>\n<p class=\"poemas\">a etapa venezolana ten un papel importante na mi\u00f1a aventura literaria. al\u00ed, coa colaboraci\u00f3n fundamental de <a href=\"http:\/\/laliebrelibre.com.ve\/w\/guarimba\/\">harry almela<\/a>, aprend\u00edn moito e dei os primeiros pasos para constru\u00edr unha voz.<\/p>\n<p class=\"poemas\">a\u00a0finais de 1993 fixen unha viaxe inici\u00e1tica. descubr\u00edn galiza, a s\u00faa lingua e a s\u00faa poes\u00eda. levei de regreso a caracas un par de antolox\u00edas e dous libros de poemas que me regalaran a maiores.<\/p>\n<p class=\"poemas\">un ano despois publiquei o meu segundo libro, <span style=\"font-style: italic;\">ya tan deshabitado<\/span>, e preparei unha traduci\u00f3n de catro poetas galegos: <a href=\"http:\/\/www.aelg.org\/Centrodoc\/GetAuthorById.do?id=autor242\">xavier rodr\u00edguez baixeras<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.aelg.org\/Centrodoc\/GetAuthorById.do?id=autor247\">xos\u00e9 m. \u00e1lvarez c\u00e1ccamo<\/a>, <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Manuel_Forcadela\">manuel forcadela<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.aelg.org\/Centrodoc\/GetAuthorById.do?id=autor243\">xela arias<\/a>. os dous volumes publicounos harry almela na s\u00faa editorial <a href=\"http:\/\/laliebrelibre.com.ve\/w\/la-liebre-libre\/\">la liebre libre<\/a>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">\u00e1 fin, en xaneiro de 1995 volv\u00edn cruzar o oc\u00e9ano e instaleime definitivamente en galiza. primeiro na comarca compostel\u00e1, despois, na coru\u00f1a e betanzos para regresar a compostela en 2011.<\/p>\n<p class=\"poemas\">logo de aterrar tomei contacto con d\u00faas persoas que me amosaron a porta da lingua e mais da poes\u00eda galegas: <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rafa_Villar\">rafa villar<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.blogoteca.com\/acuatica07\/\">marta dacosta<\/a> e, algo despois, <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Miro_Villar\">miro villar<\/a>. <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Ant%C3%B3n_Lopo\">ant\u00f3n lopo<\/a> f\u00edxome sitio na &#8220;revista das letras&#8221; e empecei a escribir en galego antes de falalo.<\/p>\n<p class=\"poemas\">traduc\u00edn a modo de exercicion un libro que tra\u00eda escrito dende caracas. o resultado deu en <em><a href=\"?page_id=101\">s\u00f3 paxaros sa\u00edron desta boca<\/a><\/em>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">miro e rafa villar teimaron para que mandase o libro ao concurso no que foi finalista. foi o meu primeiro premio literario, un acc\u00e9sit na convocatoria de 1997 do <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Premio_Miguel_Gonz%C3%A1lez_Garc%C3%A9s\">premio miguel gonz\u00e1lez garc\u00e9s<\/a>. non estivo mal para empezar.<\/p>\n<p class=\"poemas\">mentres remataba a reescrita de <em>s\u00f3 paxaros&#8230;<\/em> escrib\u00edn o meu primeiro libro orixinal en galego: <span style=\"font-style: italic;\"><a href=\"?page_id=93\">os veos da paisaxe<\/a><\/span>. o libro publicouse en <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Retagarda_Edici%C3%B3ns\">retagarda edici\u00f3ns<\/a> e, posteriormente, na <a href=\"http:\/\/bvg.udc.es\/indice_paxinas.jsp?id_obra=osvedapa1&amp;id_edicion=osvedapa1001&amp;cabecera=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3Dosvedapa1%26alias%3DEduardo%2BEst%25E9vez%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EOs+veos+da+paisaxe%3C%2Fa%3E&amp;alias=Eduardo+Est%E9vez&amp;formato=texto\">biblioteca virtual galega<\/a>. en 2009 viu luz unha <a href=\"?page_id=14\">edici\u00f3n artesanal<\/a> da man da <a href=\"http:\/\/fragmentosgutenberg.blogspot.com\/2006\/04\/antonio-pieiro-coleccin-bourel-e-o.html\">colecci\u00f3n bourel<\/a>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">despois veu <span style=\"font-style: italic;\"><a href=\"?page_id=88\">l\u00faa gris<\/a><\/span> na colecci\u00f3n ablativo absoluto de <a href=\"http:\/\/www.xerais.es\/\">edici\u00f3ns xerais<\/a>. o libro foi finalista do premio t\u00edvoli europa, un premio que daban en italia ao mellor libro de poes\u00eda publicado por autor europeo menor de 35 anos.<\/p>\n<p class=\"poemas\">a partir de al\u00ed houbo unha pequena par\u00e9ntese at\u00e9 que un novo libro atopou o seu cami\u00f1o: <span style=\"font-style: italic;\"><a href=\"?page_id=35\">derrotas<\/a><\/span> obtivo en 2002 o VI <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Premio_de_poes%C3%ADa_Concello_de_Carral\">premio de poes\u00eda concello de carral<\/a>. o libro publicar\u00edao <a href=\"http:\/\/www.culturagalega.org\/lg3\/lg3_editorial_detalle.php?Cod_cmpna=8&amp;titulo=espiral+maior\">espiral maior<\/a> en 2004.<\/p>\n<p class=\"poemas\">quedaban dous libros no medio. un deles, <span style=\"font-style: italic;\"><a href=\"?page_id=49\">caderno ap\u00f3crifo da pequena defunta<\/a><\/span>, levou no mesmo 2002 o XV <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Premio_Eusebio_Lorenzo_Baleir%C3%B3n\">premio de poes\u00eda eusebio lorenzo baleir\u00f3n<\/a>. publicouno <a href=\"https:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Edici%C3%B3s_do_Castro\">edici\u00f3s do castro<\/a> en 2003.<\/p>\n<p class=\"poemas\">o outro, <span style=\"font-style: italic;\"><a href=\"?page_id=53\">postais<\/a><\/span>, escrito en colaboraci\u00f3n con <a href=\"http:\/\/www.alternativateatral.com\/ficha_persona.asp?codigo_persona=4364\">carolina erlich<\/a>, publiqueino finalmente na mi\u00f1a p\u00e1xina persoal en 2005. do mesmo xeito (e ao mesmo tempo) viu luz <span style=\"font-style: italic;\"><a href=\"?page_id=43\">mapas para describir a ausencia<\/a><\/span>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">a finais de\u00a02005 un grupo de amigos e mais eu preparamos unha especie de antolox\u00eda coral dos meus textos. titulouse <em>itinerarios<\/em> e public\u00e1rona conxuntamente o <a href=\"http:\/\/www.compostelacultura.org\/\">concello de santiago<\/a>, a <a href=\"http:\/\/www.aelg.org\/\">asociaci\u00f3n de escritores en lingua galega<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.elcorreogallego.es\/\">editorial compostela<\/a>. acompa\u00f1\u00e1ronme na aventura <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Estevo_Creus\">estevo creus<\/a>, <a href=\"http:\/\/bvg.udc.es\/ficha_autor.jsp?id=mardacos&amp;alias=Marta+Dacosta\">marta dacosta<\/a>, <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Celso_Fern%C3%A1ndez_Sanmart%C3%ADn\">celso fern\u00e1ndez sanmart\u00edn<\/a>, <a href=\"http:\/\/casatlantica.blogspot.com\/\">mar\u00eda lado<\/a>, <a href=\"http:\/\/bvg.udc.es\/ficha_autor.jsp?id=marrabad\">mar\u00eda do cebreiro<\/a>, <a href=\"http:\/\/agardandoagodot.blogspot.com\/\">ant\u00eda otero<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.aelg.org\/Centrodoc\/GetAuthorById.do?id=autor142\">baldo ramos<\/a> e <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Rafa_Villar\">rafa villar<\/a>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">en 2006 iniciei a aventura <a href=\"http:\/\/enconstrucion.blogspot.com\/\">&#8220;en construci\u00f3n&#8221;<\/a>. os primeiros pasos da construci\u00f3n dun libro de poemas postos nun escaparate para que a xente o vise e participase. estiven dez meses publicando o blog e retireime, despois, co material, para traballar en solitario. os froitos recollinos nun libro, <span style=\"font-style: italic;\"><a href=\"?page_id=22\">construci\u00f3ns<\/a><\/span>, co que <a href=\"http:\/\/www.vieiros.com\/nova\/66792\/a-discusion-sobre-o-futuro-do-libro-e-arcaica-o-futuro-e-internet\">me outorgaron<\/a> (e despois <a href=\"http:\/\/www.lavozdegalicia.com\/cultura\/2008\/11\/05\/0003_7285961.htm\">quit\u00e1ronme<\/a>) o premio de poes\u00eda miguel gonz\u00e1lez garc\u00e9s. o libro <a href=\"http:\/\/www.vieiros.com\/nova\/70347\/construcions-volve-a-rede\">publicouse<\/a>, finalmente, en <a href=\"http:\/\/www.edicionspositivas.com\/\">edici\u00f3ns positivas<\/a>. todo aconteceu en 2008.<\/p>\n<p class=\"poemas\">entre outubro de 2008 e maior de 2009 levei a cabo a experiencia <a href=\"http:\/\/culturagalega.org\/opinion\/escaepedra\/\">esca e pedra<\/a>, unha seire de trinta poemas escritos a partir de artigos da <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/\">wikipedia<\/a> escollidos de xeito aleatorio e que se publicou semanalmente en <a href=\"http:\/\/culturagalega.org\/\">culturagalega.org<\/a>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">en novembro de 2009, eli r\u00edos e mais eu ga\u00f1amos o 4\u00ba Certame de poes\u00eda er\u00f3tica &#8220;Illas Sisargas&#8221; con convocan a asociaci\u00f3n Caldeir\u00f3n e o Concello de Malpica polo libro <em><a href=\"?page_id=186\">r\u00faa da cancela<\/a><\/em>, que viu luz en 2010.<\/p>\n<p class=\"poemas\">en marzo de 2014 comecei a publicar &#8220;<a href=\"http:\/\/luagris.net\/debaleas\">de baleas<\/a>&#8220;, un novo proxecto de libro en construci\u00f3n que acabei de escribir e revisar en 2015. en setembro de 2017 o libro viu luz na editorial caldeir\u00f3n, da asociaci\u00f3n hom\u00f3nima. foi un proxecto que argallamos xuntos o meu querido paco souto e mais eu e que finalmente tiven que rematar eu s\u00f3, coa axuda de paco de tano. o libro sa\u00edu acompa\u00f1ado por un comic (ilustrado por tokio) e un cd con m\u00fasicas de baleas nos que participan macarena montesinos, o d\u00fao tiberevi, benxa otero, estevo creus, daniel quaranta, ariel ninas, pablo seoane e gabriela acosta, m\u00f3nica de nut, mig seoane, madamme cell e bel\u00e9n bermejo, acompa\u00f1ada por andr\u00e9s d\u00edaz<\/p>\n<p>. un luxo de colaboraci\u00f3ns que nacen todas da amizade e da xenerosidade de todos estes artistas.<\/p>\n<p class=\"poemas\">en 2015 tomou forma en papel un proxecto que o fot\u00f3grafo mari\u00f1\u00e1n ignacio castro &#8220;<a href=\"http:\/\/nachok.net\/\">nachok<\/a>&#8221; e mais eu foramos facendo aos poucos desde 2010: o libro ch\u00e1mase <a href=\"?page_id=556\"><em>entrar na casa<\/em><\/a> e publicouno estaleiro edici\u00f3ns.<\/p>\n<p class=\"poemas\">da mi\u00f1a obra hai pequenas mostras traducidas ao espa\u00f1ol, ao <a href=\"http:\/\/www.3ammagazine.com\/3am\/three-poems-eduardo-estevez\/\">ingl\u00e9s<\/a>, ao <a href=\"https:\/\/www.bibliomanie.it\/?p=7175\">italiano<\/a>\u00a0e mais\u00a0unha traduci\u00f3n ef\u00e9mera ao\u00a0<a href=\"?p=265\">polaco<\/a>.<\/p>\n<p class=\"poemas\">despois de que, por dicilo dalg\u00fan xeito, quedase claro que hab\u00eda quen quer\u00eda falar da xeraci\u00f3n dos 80 e da xeraci\u00f3n dos 90, inventamos letras de cal, para publicar libros de autores in\u00e9ditos ou case.<\/p>\n<p class=\"poemas\">foi un proxecto ilusionante, que levou \u00e1 r\u00faa 14 t\u00edtulos, e ga\u00f1ou un espacio relevante, coido eu, na edici\u00f3n de poes\u00eda galega. unha experiencia colectiva da que me sinto orgulloso.<\/p>\n<p class=\"poemas\">tam\u00e9n creamos retagarda edici\u00f3ns, pero o proxecto logo quedou durmido.<\/p>\n<p class=\"poemas\">tam\u00e9n fixen unha vez unha exposici\u00f3n de fotos, co material que utilizara para a edici\u00f3n de bourel de os veos da paisaxe. e participei despois no proxecto &#8220;<a href=\"?page_id=536\">f\u00f3ra de campo<\/a>&#8220;, con <a href=\"http:\/\/www.caxigueiro.com\/\">caxigueiro<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/ernesto.gonzaleztorterolo\">ernesto gonz\u00e1lez torterolo<\/a> e nachok.<\/p>\n<p class=\"poemas\">entre 1998 e 2016 traballei no sector das novas tecnolox\u00edas. actualmente estou reorganizando a mi\u00f1a vida laboral. un proceso necesario e sempre interesante.<\/p>\n<p class=\"poemas\">coordino obradoiros literarios. empecei con <a href=\"http:\/\/gl.wikipedia.org\/wiki\/Paco_Souto\">paco souto<\/a> al\u00e1 por 1996 e despois voei eu s\u00f3 (ou acompa\u00f1ado, segundo as circunstancias). dirix\u00edn obradoiros en varios centros de ensino de galiza, no centro sociocultural do ensanche en santiago, durante uns anos na biblioteca municipal das pontes e, entre 2001 e 2011 na <a href=\"http:\/\/asvocesdacasa.blogspot.com\/\">biblioteca municipal de fene<\/a> en colaboraci\u00f3n con rosa aneiros e ant\u00eda otero. en 2009, tam\u00e9n con ant\u00eda, levei adiante unha nova experiencia de obradoiro de blogs de creaci\u00f3n en colaboraci\u00f3n co servizo de <a href=\"http:\/\/www.coruna.es\/bibliotecas\">bibliotecas municipais da coru\u00f1a<\/a>. actualmente estou levando adiante tres obradoiros de escrita: un na biblioteca municipal das pontes, un na librar\u00eda bah\u00eda de foz e un espec\u00edfico de poes\u00eda na librar\u00eda chan da p\u00f3lvora de santiago.<\/p>\n<p><strong>t\u00edtulos publicados<\/strong><\/p>\n<p>&#8211; <em>Catedrales de perfil<\/em> (buenos Aires, rundinusk\u00edn editor, 1990)<br \/>\n&#8211; <em>Ya tan deshabitado<\/em> (maracay, venezuela, la liebre libre, 1994)<br \/>\n&#8211; <em>s\u00f3 paxaros sa\u00edron desta boca<\/em> acc\u00e9sit do premio de poes\u00eda miguel gonz\u00e1lez garc\u00e9s 1997 (a coru\u00f1a, deputaci\u00f3n provincial, 1998)<br \/>\n&#8211; <em>l\u00faa gris<\/em> finalista do premio tivoli europa 1999 (vigo, edici\u00f3ns xerais, 1999)<br \/>\n&#8211; <em>os veos da paisaxe<\/em> (compostela, retagarda edici\u00f3ns, 2000; ribeira, edici\u00f3ns bourel, 2009)<br \/>\n&#8211; <em>caderno ap\u00f3crifo da pequena defunta<\/em> xv premio de poes\u00eda eusebio lorenzo baleir\u00f3n (concello de dodro) (sada-a coru\u00f1a, edici\u00f3s do castro, 2003)<br \/>\n&#8211; <em>derrotas<\/em> vi premio de poes\u00eda concello de carral, 2002 (a coru\u00f1a, espiral maior, 2004)<br \/>\n&#8211; <em>Postais<\/em> texto escrito en colaboraci\u00f3n con caro erlich (<a href=\"?page_id=53\">edici\u00f3n web<\/a>, 2005)<br \/>\n&#8211; <em>mapas para describir a ausencia<\/em> (<a href=\"?page_id=43m\">edici\u00f3n web<\/a>, 2005)<br \/>\n&#8211; <em>itinerarios<\/em> antolox\u00eda coral de textos de eduardo est\u00e9vez realizada por estevo creus, marta dacosta, eduardo est\u00e9vez, celso fern\u00e1ndez sanmart\u00edn, mar\u00eda lado, mar\u00eda do cebreiro, ant\u00eda otero, baldo ramos e rafa villar (santiago de compostela, editorial compostela-concello de santiago-asociaci\u00f3n de escritores en lingua galega, 2005)<br \/>\n&#8211; <em>construci\u00f3ns<\/em> (santiago de compostela, edici\u00f3ns positivas, 2008)<br \/>\n&#8211; <em>r\u00faa da cancela<\/em> premio de poes\u00eda er\u00f3tica illas sisargas (malpica, galiza, caldeir\u00f3n, 2010)<br \/>\n&#8211; <em>entrar na casa<\/em> en colaboraci\u00f3n con ignacio castro &#8220;nachok&#8221; (santiago de compostela, estaleiro editora, 2015)<br \/>\n&#8211; <em>de baleas<\/em> (malpica, caldeir\u00f3n, 2017)<\/p>\n<p><strong>obra traducida<\/strong><\/p>\n<p>&#8211; &#8220;<a title=\"3am magazine\" href=\"http:\/\/www.3ammagazine.com\/3am\/three-poems-eduardo-estevez\/\">three poems<\/a>&#8221; (tres poemas de <em>construci\u00f3ns<\/em>), &#8220;3:am magazine&#8221;. Trad.: Steve Porter<br \/>\n&#8211; &#8220;<a href=\"http:\/\/mundoadiante.blogspot.com.es\/2010\/03\/steve-porter.html\">subprime lending<\/a>&#8221; (un poema da serie &#8220;esca e pedra&#8221;), no blog de\u00a0<a href=\"http:\/\/mundoadiante.blogspot.com\/\">jonathan dunne<\/a>. Trad.: Steve Porter<br \/>\n&#8211; <a href=\"http:\/\/www.bibliomanie.it\/eduardo_estevez_righi.htm\">un poema<\/a> de <em>construci\u00f3ns<\/em> en &#8220;<a href=\"http:\/\/www.bibliomanie.it\/\">bibliomanie.it<\/a>&#8220;. Trad.: Roberto Righi<br \/>\n&#8211; tres poemas en espa\u00f1ol en <em>Gu\u00eda viva de ortodoxos y heterodoxos en la poes\u00eda gallega contempor\u00e1nea<\/em>. Madrid, Ediciones Endymion (ed. Antonino Nieto Rodr\u00edguez). Trad. Eduardo Est\u00e9vez<br \/>\n&#8211; catro poemas en euskera en <a href=\"http:\/\/uberan.eus\/?amuak\/item\/eduardo-estevezen-poesia\">uberan.eus<\/a><\/p>\n<p><strong>proxectos web<\/strong><\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/uberan.eus\/?amuak\/item\/eduardo-estevezen-poesia\">&#8211; &#8220;<\/a><a href=\"http:\/\/enconstrucion.blogspot.com\/\">en construci\u00f3n<\/a>&#8221;<br \/>\n&#8211; &#8220;<a href=\"http:\/\/culturagalega.org\/opinion\/escaepedra\/\">esca e pedra<\/a>&#8221; (actualmente esta p\u00e1xina non est\u00e1 en li\u00f1a)<br \/>\n&#8211; &#8220;<a href=\"http:\/\/luagris.net\/debaleas\">de baleas<\/a>&#8221;<\/p>\n<p><strong>traduci\u00f3ns realizadas<\/strong><\/p>\n<p>&#8211; cecilia meireles, <em>El estudiante emp\u00edrico<\/em> (maracay, venezuela, la liebre libre, 1992)<br \/>\n&#8211; chico buarque, <em>Construcciones<\/em> (maracay, venezuela, la liebre libre, 1993)<br \/>\n&#8211; affonso romano de sant&#8217;anna, <em>Epitafio para el siglo XX<\/em> (caracas, fundarte, 1994)<br \/>\n&#8211; xos\u00e9 mar\u00eda \u00e1lvarez c\u00e1ccamo, xavier rodr\u00edguez baixeras, manuel forcadela, xela arias, <em>Finis Terrae<\/em> (maracay, venezuela, la liebre libre, 1994)<br \/>\n&#8211; nuno j\u00fadice, <em>Antolog\u00eda po\u00e9tica<\/em> (caracas, angria ediciones, 1996)<br \/>\n&#8211; georges perec, <em>Ellis Island<\/em> (ourense, franouren, 2011)<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>nac\u00edn en bos aires, nunha zona do barrio de palermo na que,\u00a0segundo di de pasada borges no seu evaristo carriego, comezaban a se instalar, al\u00e1 polos finais do XVIII, os inmigrantes calabreses. a literatura traizooume&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?page_id=543\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\"><\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":1,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/P9ej9C-8L","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/543"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=543"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/543\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":924,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/543\/revisions\/924"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=543"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}