{"id":186,"date":"2010-02-12T16:11:14","date_gmt":"2010-02-12T14:11:14","guid":{"rendered":"http:\/\/eduardoestevez.blogaliza.org\/?page_id=186"},"modified":"2016-04-09T12:49:03","modified_gmt":"2016-04-09T12:49:03","slug":"ruadacancela","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/luagris.net\/blog\/?page_id=186","title":{"rendered":""},"content":{"rendered":"<p><img loading=\"lazy\" src=\"http:\/\/farm2.static.flickr.com\/1209\/5161507004_00cf4a7fc7_m.jpg\" alt=\"r\u00faa da cancela\" width=\"119\" height=\"150\" \/><\/p>\n<p class=\"infolibros\"><em>r\u00faa da cancela<\/em><br \/>\n(texto en colaboraci\u00f3n con eli r\u00edos)<br \/>\nmalpica (galiza), caldeir\u00f3n, 2010<br \/>\nIV premio de poes\u00eda er\u00f3tica illas sisargas<br \/>\nisbn: 978-84-614-4616-2<\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p class=\"poemas\">limiar de <a href=\"http:\/\/bvg.udc.es\/ficha_autor.jsp?id=marrabad\">mar\u00eda do cebreiro<\/a>:<\/p>\n<p class=\"poemas\">1.<\/p>\n<p>No ano 1996 a documentalista holandesa Heddy Honigmann dirixiu o filme O amor natural, t\u00edtulo hom\u00f3nimo dun libro de Carlos Drummond de Andrade. Partindo dos seus versos, a directora emprend\u00eda unha ambiciosa enquisa sobre o pracer sexual. O experimento consist\u00eda en pedirlles a unha serie de an\u00f3nimos viandantes brasileiros que lesen en voz alta os poemas do Carlos Drummond. A medida que o filme avanzaba, os versos \u00edan abrindo neles \u2014e sobre todo nelas\u2014as m\u00e1is libres confidencias sobre esa dimensi\u00f3n f\u00edsica do amor que hoxe en d\u00eda denominamos sexo. Mentres viviu, Drummond de Andrade quixo que O amor natural permanecese in\u00e9dito, \u201cpor pudor\u201d. Pensar\u00eda hoxe o mesmo? Que nome lle dariamos hoxe a ese pudor?<\/p>\n<p>2.<\/p>\n<p>N\u00f3s, que non fixemos o maio do 68, que herdamos dese mes? Non est\u00e1 probado que sexamos m\u00e1is libres na cama, pero se cadra aprendemos a falar do que acontece na cama dun xeito algo m\u00e1is libre. Fainos iso mellores? Se \u00e9 certo que a\u00ednda somos unha mestura de Marx e mais de Freud -un postmoderno dir\u00eda: de Althusser e Lacan-, en que sentido resulta liberadora a poes\u00eda?\u00a0 A poes\u00eda de Eduardo Est\u00e9vez e Eli R\u00edos comprende que non todo pasa polo verso. Na Educaci\u00f3n sentimental Flaubert comezou a debuxar a historia do desexo moderno. Kafka dixo que o moito ou pouco que aprendera sobre o amor estaba nese libro. A mi\u00fado o desexo \u00e9 unha cousa kafkiana.<\/p>\n<p>3.<\/p>\n<p>Nun escrito recente, a cr\u00edtica arxentina Josefina Ludmer ensaia algunhas definici\u00f3ns do que ela denomina \u201cliteratura postaut\u00f3noma\u201d. Salvando o feito de que o prefixo \u201cpost-\u201d xa non engade nada a aquilo que precede, o termo pode axudarnos a comprender mellor o estado da literatura no presente. Moito do que sucede en r\u00faa da cancela \u00e9 \u201cpostaut\u00f3nomo\u201d. L\u00e9ase: fluctuante, descentrado, e sobre todo non dependente dunha sanci\u00f3n externa \u2014acad\u00e9mica ou medi\u00e1tica\u2014 que o cualifique como alta ou baixa poes\u00eda. Libro de baixas paix\u00f3ns, ou altas intensidades, chega dende o presente da escritura e viaxa, sen apenas mediaci\u00f3n, cara o presente da lectura, porque estas escritas da di\u00e1spora non s\u00f3 atravesan a fronteira da \u201cliteratura\u201d, sen\u00f3n tam\u00e9n a da \u201cficci\u00f3n\u201d [e quedan no exterior-interior das d\u00faas fronteiras]. E isto acontece porque reformulan a categor\u00eda de realidade: non poden ser lidas como mero \u201crealismo\u201d, en relaci\u00f3ns de referencia ou verosemellanza. Toman a forma do testemu\u00f1o, da autobiograf\u00eda, da reportaxe xornal\u00edstica, da cr\u00f3nica, do diario \u00edntimo [&#8230;]. Saen da literatura e entran \u00e1 \u201crealidade\u201d e ao coti\u00e1n, \u00e1 realidade do coti\u00e1n [e o coti\u00e1n \u00e9 a TV e os medios, os blogs, o email, internet, etc]. Fabrican presente coa realidade coti\u00e1 e esa \u00e9 unha das s\u00faas pol\u00edticas.<\/p>\n<p>4.<\/p>\n<p>Debemos a Susan Sontag a intuici\u00f3n de que a literatura er\u00f3tica \u00e9 menos debedora do realismo que da literatura fant\u00e1stica. Como en todas as sentencias agudas, hai nela algo de mentireiro. Porque se, como acontece neste libro, conseguimos insertar o real na fantas\u00eda, non ser\u00eda a poes\u00eda er\u00f3tica o x\u00e9nero m\u00e1is realista de todos? Sen d\u00fabida, sempre hai que pagar un prezo pola conversi\u00f3n do corpo en texto. A pura presenza acaba por matar aquilo que, co seu talento para a met\u00e1fora, Walter Benjamin denominara \u201caura\u201d. Esa \u201cimpresi\u00f3n de afastamento\u201d, que os corpos deixan en n\u00f3s unicamente cando parten, non pertence, definitivamente, \u00e1 literatura er\u00f3tica. \u201cE que?\u201d, semellan contestar os autores de r\u00faa da cancela. \u201cA poes\u00eda durar\u00e1 mentres dure o desexo\u201d. Nestes tempos, pouco ou nada propicios \u00e1 exaltaci\u00f3n dos sentimentos, a literatura er\u00f3tica non \u00e9 m\u00e1is que un pretexto para falar do amor.<\/p>\n<p class=\"poemas\">&nbsp;<\/p>\n<p class=\"poemas\">&nbsp;<\/p>\n<p class=\"poemas\">(selecci\u00f3n de textos)<\/p>\n<p class=\"poemas\">&nbsp;<\/p>\n<p class=\"poemas\">&nbsp;<\/p>\n<p class=\"poemas\">leu o seu primeiro<br \/>\nmail<br \/>\no s\u00e1bado ao mediod\u00eda<br \/>\ncun resto pastoso<br \/>\nno sangue<\/p>\n<p class=\"poemas\">releuno<br \/>\nde vagar<br \/>\ndebullouno<br \/>\natendendo os<br \/>\nmovementos<br \/>\nda lingua en cada<br \/>\nletra<\/p>\n<p class=\"poemas\">cos dedos<br \/>\ndese\u00f1ou o seguinte<br \/>\nencontro<\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p><img src=\"http:\/\/farm4.static.flickr.com\/3635\/3450031852_c7b8c2a6c3.jpg?v=0\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p class=\"poemas\">contactos na rede. non vin o seu rostro e anceio perfidias con g. loucura ou desexo enganado. para min: vale. 3 d\u00edas sen resposta? aumentando ansiedade pero con m\u00e1is misterio. desaparezo dentro da esquerda.<\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p><img src=\"http:\/\/farm4.static.flickr.com\/3635\/3450031852_c7b8c2a6c3.jpg?v=0\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p class=\"poemas\">agardar<\/p>\n<p class=\"poemas\">tecer dous d\u00edas<br \/>\nantes da cita<\/p>\n<p class=\"poemas\">e agardar<\/p>\n<p class=\"poemas\">ter tempo<br \/>\npara deducir espazos<br \/>\nperfumes<\/p>\n<p class=\"poemas\">sentar diante<br \/>\nda tele apagada<\/p>\n<p class=\"poemas\">deixar que<br \/>\no corpo<br \/>\nse impregne deses<br \/>\nveos<\/p>\n<p class=\"poemas\">facer fotograf\u00edas<br \/>\nimaxinarias<\/p>\n<p class=\"poemas\">ordenalas nunha<br \/>\nsecuencia morna<\/p>\n<p class=\"poemas\">observar<br \/>\nas part\u00edculas de<br \/>\nsuor<br \/>\nque nacen da pel<br \/>\ncando comece a<br \/>\npel\u00edcula<\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p><img src=\"http:\/\/farm4.static.flickr.com\/3635\/3450031852_c7b8c2a6c3.jpg?v=0\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p class=\"poemas\">contactos na r\u00faa. non penso o cami\u00f1o e a tentaci\u00f3n cond\u00faceme cara a ti ou o salitre na mi\u00f1a faciana. tempo: o dos pasos. estar\u00e1s al\u00ed? as veas borbullan pero con mar\u00e9s internas. abro a porta.<\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p><img src=\"http:\/\/farm4.static.flickr.com\/3635\/3450031852_c7b8c2a6c3.jpg?v=0\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p class=\"poemas\">observou<br \/>\no seu rostro<br \/>\na trav\u00e9s do cristal<br \/>\nembazado<br \/>\ndo vaso<\/p>\n<p class=\"poemas\">o xeo<\/p>\n<p class=\"poemas\">a porta do bar<br \/>\n\u00e1brese e<br \/>\nint\u00fae o xesto<br \/>\ninicial<\/p>\n<p class=\"poemas\">o primeiro fotograma<\/p>\n<p class=\"poemas\">levou<br \/>\no gin tonic aos<br \/>\nbeizos<\/p>\n<p class=\"poemas\">e canda o<br \/>\nrecendo da quinina<br \/>\npercibiu tenue<br \/>\no sal dunha<br \/>\npinga de suor<br \/>\nque fac\u00eda real<br \/>\no seu aceno<br \/>\naparentemente<br \/>\ncalmo<\/p>\n<p class=\"poemas\">as mans de l<br \/>\ndeixan marchar<br \/>\na porta<br \/>\ne fican detidas<br \/>\nun intre<br \/>\nno aire<\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p><img src=\"http:\/\/farm4.static.flickr.com\/3635\/3450031852_c7b8c2a6c3.jpg?v=0\" alt=\"null\" \/><\/p>\n<p class=\"poemas\">\n<p class=\"poemas\">contactos no pub. non te co\u00f1ezo e a forza da terra arr\u00e1strame \u00e1 t\u00faa cadeira ou ao gin tonic bordeando as t\u00faas comisuras. erecci\u00f3n: disimulada. a adrenalina dispara feromonas? reflect\u00edndome nos teus ollos pero con sorriso t\u00edmido. ola, son l.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>r\u00faa da cancela (texto en colaboraci\u00f3n con eli r\u00edos) malpica (galiza), caldeir\u00f3n, 2010 IV premio de poes\u00eda er\u00f3tica illas sisargas isbn: 978-84-614-4616-2 limiar de mar\u00eda do cebreiro: 1. No ano 1996 a documentalista holandesa Heddy&#8230;<\/p>\n<div class=\"more-link-wrapper\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/luagris.net\/blog\/?page_id=186\">[seguir lendo]<span class=\"screen-reader-text\"><\/span><\/a><\/div>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":0,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","template":"","meta":[],"jetpack_sharing_enabled":true,"jetpack_shortlink":"https:\/\/wp.me\/P9ej9C-30","_links":{"self":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/186"}],"collection":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=186"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/186\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":631,"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/pages\/186\/revisions\/631"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/luagris.net\/blog\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=186"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}