Á vista

Por este curso xa rematamos os dous obradoiros das Pontes e estamos facendo por relanzalos en setembro.

E estamos na recta final do obradoiro de Compostela, na Chan da Pólvora, que retomaremos tamén no mes de setembro.

Estamos convocando tamén un obradoiro na libraría Bahía de Foz, tamén para comezar en setembro. As sesións serán de periodicidade quincenal. Está aberta a preinscrición. O obradoiro terá lugar en venres en horario a determinar.

Se che interesa información sobre o obradoiro de Compostela, podes escribirme a correo [arroba] luagris [punto] net e douche toda a información que precises.
Se che interesa o das Pontes, ponte en contacto coa biblioteca nos teléfonos: 981 102 562 / 981 452 417 ou por correo electrónico en biblioteca [arroba] aspontes [punto] org.
Para o obradoiro de Foz, podes poñerte en contacto coa libraría Bahía no correo bahia [arroba] libreriabahia [punto] com, no teléfono 982 140 434, a través do perfil da libraría en Facebook ou pasando por alí: Avda da Mariña, 40 – Foz.

Se che interesa que fagamos un obradoiro na túa zona ou se programas actividades culturais nalgún lugar de Galicia e queres máis información, escríbeme a correo [arroba] luagris [punto] net e pregunta o que queiras.