Rematando e comezando

Xa está rematando o curso 2016-2017. A semana pasada finalizaron os dous obradoiros que estabamos impartindo nas Pontes (un infantil de lectura e escrita e outro para adultos). Esperamos continuar con ambas as propostas a partir de setembro. E até final de xuño seguimos adiante co obradoiro de poesía na libraría Chan da Pólvora en Compostela.

Xa estamos preparando o traballo do curso que vén. Polo de agora, a principal novidade é un obradoiro de escrita que terá lugar na libraría Bahía de Foz. Será os venres, en horario por definir e terá carácter quincenal (un venres si, un non).

Se vos interesa algunha destas propostas ou queredes máis información, mirade na páxina “Á vista” onde atoparedes as vías de contacto para saber de cada unha destas propostas.