Obradoiro de poesía en Chan da Pólvora

O 8 de febreiro dará comezo un obradoiro de poesía en Compostela. Terá lugar os mércores ás 20h na libraría Chan da Pólvora e ten vocación de converterse nun obradoiro permanente aínda que integrado co resto de actividades da libraría.

Chan da Pólvora é un proxecto que veño acompañando dende o seu nacemento. Como din na súa páxina: é unha editorial, unha libraría especializada en poesía e un e espazo cultural. Están no número 74 da Rúa de San Pedro.

O obradoiro ten un número limitado de prazas para que poidamos adicarnos con tempo ao traballo de cada participante.

Neste mes de xaneiro a libraría estará pechada pero podedes solicitar información e inscribirvos enviándome unha mensaxe a
correo [arroba] luagris [punto] net